Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI406D
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, con carácter plurianual.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
1. Esta resolución ten por obxecto convocar o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406D).
De acordo co establecido no artigo 1.4 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, entenderase por municipios de reto demográfico os municipios de ata 5.000 habitantes e os municipios non urbanos de ata 20.000 habitantes en que todas as súas entidades singulares de poboación sexan de ata 5.000 habitantes. Para a determinación dos municipios de reto demográfico teranse en conta as cifras publicadas da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2020, así como as que figuren no Nomenclátor do INE e no Atlas Estatístico das Áreas Urbanas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, aos que poderán engadirse os novos municipios que resulten das revisións e actualizacións que poidan ser publicadas en ambas as fontes oficiais antes da finalización do prazo para a presentación de solicitudes fixado no ordinal sétimo.
2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 20.2 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Do citado esgotamento de crédito darase publicidade no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Ao abeiro do establecido no artigo 15 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, poderán ser beneficiarias destas axudas, sempre que teñan residencia fiscal en España:
a) As persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva de vivenda existentes.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Área Central s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541981
Prazo de presentación: PECHADO
03/01/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día 3 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
1. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias, ben a título individual, ben en canto pertencentes a unha comunidade ou agrupación de persoas propietarias das previstas nas letras b) ou c) do punto anterior, deberán posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán ter residencia legal en España.
2. Para que as persoas xurídicas de natureza privada sexan beneficiarias, deberán acreditar que se atopan debidamente constituídas, conforme a normativa que lles resulte de aplicación.
3. Poderán acceder á condición de beneficiarias, sempre que cumpran co establecido no artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención.
4. As persoas e entidades beneficiarias deberán encontrarse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como do resto de obrigas establecidas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
5. As axudas concedidas a aqueles beneficiarios que sexan empresas ou realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, e lles sexa de aplicación a normativa de axudas de estado, para a realización dos investimentos destinados a medidas de eficiencia enerxética e para a promoción da enerxía procedente de fontes renovables, estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.
6. Non poderá obter a condición de persoa ou entidade beneficiaria destas axudas:
a) Quen incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado mediante o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.
b) As empresas que se encontren en situación de crise, conforme a definición que para estes efectos se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
c) As empresas que se encontren suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
8. As persoas e as entidades beneficiarias deberán destinar o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións subvencionables.
Esta regra resultará igualmente de aplicación cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, actividades ou comportamentos ou se encontren na situación que motiva a concesión da subvención, con independencia de que tanto o importe dela como o custo das obras deba repercutirse entre os integrantes delas. Non obstante, cando algún dos seus integrantes incorra nunha ou varias prohibicións establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, non se atribuirá ao dito integrante a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se rateará entre os restantes, sempre que se manteña o cumprimento dos requisitos exixidos para acceder á condición de destinatario último por parte da entidade de que se trate.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora á presente resolución como anexo I.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. No modelo de solicitude constan como de obrigada consignación os seguintes campos: a opción da actuación, os datos do edificio ou vivenda que se vai rehabilitar, o consumo de enerxía primaria non renovable e a cualificación enerxética actuais e as previstas tras a rehabilitación, o investimento total, o gasto subvencionable, o importe total da axuda solicitada, así como as anualidades de execución, a porcentaxe do orzamento que se vaia executar e a axuda que se xustificará en cada unha delas. No caso de solicitar dúas ou máis tipoloxías de actuacións e optar, ademais, pola axuda adicional, deberán indicar a porcentaxe de mellora da demanda global de enerxía de calefacción e refrixeración resultante despois da rehabilitación.
Na solicitude consignarase o número de inscrición no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE) do certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, co contido que establece o artigo 6 do procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios do Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por un/unha técnico/a competente. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no número 2.b) do punto 1 do anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto.
3. No modelo de solicitude deberán realizar as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía, así como o organismo concedente.
b) Compromiso de comunicar calquera outra axuda que solicite ou lle sexa concedida para esa mesma finalidade, coa indicación da súa contía e do organismo concedente.
c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 21 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, co artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e co artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
e) Declaración responsable de que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
f) De ser o caso, declaración responsable de que a empresa, de acordo coa definición que se establece no punto 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, non está en crise, segundo o establecido polas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
g) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.
h) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
Documentación complementaria.
1. As persoas ou entidades interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos
b) Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do inmoble, no caso de que a solicitante sexa unha persoa física, unha persoa xurídica de natureza privada ou unha agrupación de persoas propietarias que non consten como titulares catastrais.
c) Informe xustificativo asinado pola persoa o entidade solicitante, que no caso dunha comunidade de persoas propietarias será o/a presidente/a, en que se indicarán as tipoloxías de actuación en que se encadra a axuda solicitada, a descrición das actuacións subvencionables, a xustificación do custo elixible e a contía máxima da axuda solicitada.
d) Certificado da eficiencia enerxética do edificio alcanzado tras a reforma proposta e coas actuacións específicas para as que se solicita a axuda, segundo o Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, asinado por un/unha técnico/a competente, que demostre que o proxecto permite dar un salto en, polo menos, unha letra medida na escala de emisións de dióxido de carbono (kg CO2/m2 ano) e se consegue un aforro mínimo de enerxía primaria non renovable do 30 % con respecto ao certificado da eficiencia enerxética do edificio actual inscrito no RGEEE. Para a elaboración deste certificado terase en conta o especificado no número 2.b) do punto 1 do anexo IV do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto. Con este certificado achegaranse os arquivos dixitais xerados polo programa utilizado para a súa elaboración.
e) Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións que se pretende realizar e a situación de partida, subscrita por un/unha técnico/a competente ou instalador, de ser o caso. No proxecto ou memoria técnica xustificarase o cumprimento das exixencias básicas do Documento básico do aforro de enerxía DB-HE do Código técnico da edificación que sexa de aplicación á tipoloxía para a cal se solicita a axuda.
O proxecto ou memoria técnica incluirá un estudo de xestión de residuos onde se xustifique o cumprimento do punto 11, letra c), do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto, asinado por un técnico competente ou, na súa falta, declaración responsable asinada polo representante do beneficiario en que se compromete a cumprir e achegar toda a documentación necesaria para xustificar o cumprimento do indicado no punto 11, letra c), do artigo 17 do Real decreto 691/2021, do 3 de agosto.
Xustificarase que as actuacións previstas non causarán un prexuízo significativo ao ambiente ou, de ser o caso, as medidas correctoras que se adoptarán para cumprir cos criterios da «Guía para o deseño e desenvolvemento de actuacións acordes co principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente», publicada polo Ministerio para a Transición e o Reto Demográfico.
f) Orzamento/s da empresa ou empresas que realizarán a execución das actuacións, suficientemente desagregado/s, de data posterior ao 5 de agosto de 2021.
No suposto de que o importe correspondente aos custos elixibles da actuación supere a contía de 40.000 euros para obras e/ou 15.000 euros en servizos ou subministracións, presentaranse tres orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
g) Documento ou oferta vinculante contractual formalizada coa empresa ou profesional correspondente para a xestión técnica, administrativa e documental da solicitude, de ser o caso.
h) Avaliación favorable de adecuación ou declaración responsable de cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.
i) Reportaxe fotográfica, preferentemente en cor, do estado actual da edificación en que se van levar a cabo as actuacións subvencionables.
j) Anexo II, para o caso da opción A de edificio de tipoloxía residencial colectiva de vivenda, de comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras e interesadas na subvención (deben presentarse tantos anexos II como vivendas e locais partícipes e interesados na subvención se sinalen nos anexos I, III e IV).
k) Anexo III, de certificado do/dos acordo/s da comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de nomeamento do presidente, do administrador e/ou secretario da comunidade de propietarios, de aprobación da realización das obras necesarias para a rehabilitación enerxética de edificio existente, de solicitar a axuda deste programa e de facultar o presidente como representante para realizar a tramitación da axuda, e da relación das persoas propietarias comuneiras, con indicación das súas correspondentes cotas de participación e o número total de vivendas que integran o edificio, así como cales delas participan nas obras.
l) Anexo IV, de certificado do acordo da agrupación de persoas físicas, de persoas xurídicas de natureza privada ou de persoas físicas e de persoas xurídicas de natureza privada, propietarias no seu conxunto do edificio obxecto da actuación, que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título de constitutivo de propiedade horizontal, onde se aprobou a creación da agrupación, se acordou a execución das obras, se nomeou un representante para a presentación, seguimento da solicitude das axudas e cumprimento das obrigas que como persoas copropietarias lles puidesen corresponder e que constará, para os efectos deste programa, ben como solicitante da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas ou de persoas xurídicas), ben como encargado de efectuar e xustificar o investimento obxecto da axuda (para o suposto de agrupación de persoas físicas e persoas xurídicas), e deberá especificar a relación das persoas copropietarias, con indicación das súas correspondentes cotas de participación na propiedade do edificio, así como cales delas participan nas obras.
2. As solicitudes que no momento da súa presentación non veñan acompañadas, de ser o caso, dos documentos sinalados nas letras c), d), e), j), k) e l) do punto 1 deste ordinal serán automaticamente inadmitidas.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.
4. De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
Forma de presentación da documentación complementaria.
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. As persoas e as entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa ou entidade interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante, así como das persoas propietarias partícipes nas obras e interesadas na subvención.
b) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa xurídica de natureza privada ou entidade solicitante ou partícipe nas obras e interesadas na subvención.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado acreditativo de non ter débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención.
f) Certificado catastral de titularidade correspondente á persoa solicitante ou, de ser o caso, ás persoas que sexan membros da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou da agrupación de persoas propietarias, que participen nas obras e estean interesadas na subvención.
g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais dos inmobles en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso e o ano de construción, para as actuacións promovidas por comunidades ou por agrupación de comunidades de persoas propietarias ou por agrupacións de persoas propietarias ou pola persoa física propietaria.
h) Consulta de bens inmobles.
i) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
j) Certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, co contido que establece o artigo 6 do procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios do Real decreto 390/2021, do 1 de xuño, inscrito no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (RGEEE).
k) Consulta de subvencións y axudas.
l) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
m) Consulta de que o edificio ou vivenda foi cualificado definitivamente baixo algún réxime de protección pública, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
n) Consulta da inclusión dunha edificación no ámbito dunha área de rexeneración e renovación urbana, no caso de que fagan constar na solicitude que lle é de aplicación esta circunstancia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas ou as entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Certificado da comunidade de persoas propietarias ou agrupación de comunidades de persoas propietarias (Anexo III)
- Comprobación de datos das persoas e entidades partícipes nas obras e interesadas na subvención (Anexo II)
- Certificado da agrupación de persoas físicas e / ou xurídicas de natureza privada propietarias (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
-
Extracto da Resolución do 26 de outubro de 2021 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes en municipios de reto demográfico, incluído no Programa de rexeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e rexeneración urbana do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (programa PREE 5000), para a anualidade 2022, con carácter plurianual (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 691/2021, de 3 de agosto, polo que se regulan as subvencións a outorgar a actuacións de rehabilitación energética en edificios existentes, en ejecución do Programa de rehabilitación energética para edificios existentes en municipios de reto demográfico (Programa PREE 5000), incluído no Programa de regeneración e reto demográfico do Plan de rehabilitación e regeneración urbana do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como a súa concesión directa ás comunidades autónomas (BOE nº 185 de 4 de agosto de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano