Guía de procedementos e servizos

IN654A

Autorización/modificación de instalación radioactiva de segunda ou terceira categoría e autorización de traslado fontes seladas entre estados membros

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

As instalacións radioactivas distintas das instalacións do ciclo de combustible nuclear requirirán autorización de funcionamento.

A concesión das autorizacións de funcionamento referidas ás instalacións radioactivas de segunda e terceira categoría corresponde á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial e terán validez para todo o territorio español. Sen prexuízo do anterior, o titular que vaia a realizar calquera das actividades para as que dispón de autorización, nunha parte concreta do territorio, deberá remitir unha comunicación á Administración territorial competente, podendo iniciar a súa actividade a partir da dita comunicación.

A autorización de funcionamento faculta ao titular para proceder á montaxe e preparación das operacións a desempeñar. Cando a instalación estea en disposición de iniciar as operacións, o titular comunicarallo ao Consello de Seguridade Nuclear para que este poida realizar unha visita de inspección. Unha vez o Consello de Seguridade Nuclear estime que a instalación pode funcionar en condicións de seguridade, emitirá unha notificación para a posta en marcha, que remitirá ao titular, dando conta da mesma á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Ningunha instalación radioactiva de 2ª ou 3ª categoría poderá iniciar o seu funcionamento antes da notificación para a posta en marcha, que facultará ao titular para o inicio das operacións.

Cando unha instalación radioactiva autorizada requira realizar un traslado de fontes seladas ou outras fontes pertinentes entre Estados Membros, en cantidades e concentracións superiores aos valores establecidos nas letras a) e b) do artigo 4 da Directiva 80/836/Euratom, deberá presentar unha solicitude para o traslado ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Complexo Administrativo de San Caetano s/n - Edificio 5, 4ª andar

15704  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 957 187/ 981 545 572

Email: cei.sxai@xunta.gal

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Para a concesión da autorización, a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial solicitará un informe ao Consello de Seguridade Nuclear. Dito informe é preceptivo e vinculante.

  • Autorización e inscrición ou autorizacións de modificacións nas instalaccións radiactivas de segunda e terceira categoría. ( 32.07.13)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Documentación para a presentación

A. AUTORIZACIÓN:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Memoria descritiva da instalación.

  • Estudio de seguridade.

  • Verificación da instalación.

  • Regulamento de funcionamento.

  • Plan de emerxencia interior.

  • Previsións para a clausura e cobertura económica prevista.

  • Orzamento da inversión a realizar.

  • Plan de protección física, no seu caso. Achegarase a documentación en dobre sobre cerrado e cumprindo os demais requisitos establecidos na Circular 1/2018 de aplicación da Instrución IS-41, do 26 de xullo de 2016, do Consello de Seguridade Nuclear.

B. MODIFICACIÓN:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

Dos documentos abaixo indicados, enviaranse os que estean afectados pola modificación:

  • Memoria descritiva da instalación.

  • Estudio de seguridade.

  • Verificación da instalación.

  • Regulamento de funcionamento.

  • Plan de emerxencia interior.

  • Previsións para a clausura e cobertura económica prevista.

  • Orzamento da inversión a realizar.

  • Plan de protección física, no seu caso. Achegarase a documentación en dobre sobre cerrado e cumprindo os demais requisitos establecidos na Circular 1/2018 de aplicación da Instrución IS-41, do 26 de xullo de 2016, do Consello de Seguridade Nuclear.

C. CLAUSURA:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Estudio técnico da clausura.

  • Informe económico da clausura.

D. REMISIÓN INFORME ANUAL OU INFORME SOBRE ANOMALÍAS / ACCIDENTES:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Informe anual ou informe sobre calquera anomalía que poida afectar á seguridade ou á protección radiolóxica, así como sobre a ocorrencia de accidentes, no que se detallarán as circunstancias dos mesmos.

E. AUTORIZACIÓN TRASLADO FONTES SELLADAS ENTRE ESTADOS MEMBROS

  • Anexo I do Regulamento (EURATOM) núm. 1493/93 do Consello, do 8 de xuño de 1993, relativo aos traslados de substancias radioactivas entre os Estados membros (en formato editable).

Forma e lugar de presentación

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

• DNI ou NIE da persoa declarante.

• DNI ou NIE da persoa representante.

• NIF da persoa declarante.

• NIF da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da declaración responsable

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da declaración responsable deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses. O prazo para resolver suspenderase polo tempo que medie entre a petición de informe ao Consello de Seguridade Nuclear e a recepción do mesmo.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1217/2024, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas, e outras actividades relacionadas coa exposición ás radiacións ionizantes (BOE núm. 292, do 4 de decembro de 2024).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (EURATOM) núm. 1493/93 do Consello, do 8 de xuño de 1993, relativo aos traslados de substancias radioactivas entre os Estados membros. (DOUE nº 148 do 19 de xuño de1993).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano