Guía de procedementos e servizos

VI490A

Premios de arquitectura e rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 07/05/2025 00:00 - 13/06/2025 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2025, que se rexerán polas bases que figuran no anexo I.

Persoas físicas ou xurídicas.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541912

Email: premios-arquitectura.igvs@xunta.gal

https://premiosarquitectura.xunta.gal/gl

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

07/05/2025 00:00 - 13/06/2025 23:59

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o 13 de xuño de 2025, en virtude da Resolución do 23 de maio de 2025.

A presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 poderá realizarse desde o sétimo día natural seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de maio de 2025.

1. Poderán optar aos premios, agás o especial á traxectoria profesional 2025, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia entre o día 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2024.

2. As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.

3. Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional 2025 as persoas arquitectas, aparelladoras e arquitectas técnicas que, pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego, sexan merecedoras dun especial recoñecemento.

1. As entidades que, segundo a base quinta, teñan representación no xurado, poderán presentar candidaturas para os premios de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025.

2. A presentación das candidaturas require que, previamente, a través da aplicación informática que, para estes efectos, figura na páxina web do IGVS, se achegue a seguinte documentación:

a) Autorización das persoas autoras dos proxectos á entidade propoñente para presentar a súa candidatura, así como o seu consentimento expreso ao IGVS para poder publicar, difundir e dar publicidade aos proxectos e ao material achegado coa proposta, segundo o modelo dispoñible na devandita aplicación. No suposto de que se presenten conxuntamente un elevado número de candidaturas, estes anexos poderán substituírse por unha declaración responsable da entidade propoñente de que conta coas ditas autorizacións de todas as persoas autoras dos proxectos propostos.

b) Imaxes: admitirase un máximo de 12 arquivos, que poderán conter fotografías, planos, diagramas etc., en formato jpg, relativos ao correspondente proxecto.

c) Memoria descritiva e xustificativa do proxecto.

d) Lámina-resumo, en formato horizontal DIN-A3, do proxecto proposto.

e) Opcionalmente, poderá achegarse un vídeo de duración máxima de 3 minutos sobre o proxecto proposto.

f) Os proxectos que se presenten para o premio especial á sustentabilidade deberán incluír, ademais, unha memoria xustificativa das estratexias de sustentabilidade aplicadas, así como dos resultados obtidos.

Co obxecto de permitir a identificación das distintas persoas que participaron nos proxectos, no proceso de presentación de candidaturas de cada proxecto deberá quedar constancia do nome, teléfono e correo electrónico de cada unha das persoas intervenientes neles.

3. Cumpridas as formalidades anteriores, a aplicación informática xerará un documento resumo da documentación presentada, en formato pdf.

4. As candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial de sustentabilidade 2025 presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal que figura como anexo II.

5. As entidades propoñentes deberán achegar coa proposta o documento resumo da documentación presentada na aplicación da páxina web do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

6. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades propoñentes presenta a documentación presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da documentación aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das propostas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

7. As entidades propoñentes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, o xurado poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola entidade propoñente, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

8. Unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas, a persoa secretaria do xurado levantará acta dos proxectos presentados.

9. Os proxectos propostos poderán ser visualizados na ligazón que, para estes efectos, se dispoña na páxina web do IGVS.

10. A documentación presentada quedará á disposición da organización dos premios, que poderá utilizala para a súa difusión en calquera tipo de formato ou soporte.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 23 de abril de 2025 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2025 (DOG nº 82 do 30 de abril de 2025).

    • Resolución do 23 de maio de 2025 pola que se amplía o prazo de presentación de candidaturas para concorrer aos premios galegos de arquitectura, rehabilitación e especial sustentabilidade 2025, previsto na Resolución do 23 de abril de 2025 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2025 (DOG nº 101 do 28 de maio de 2025).

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

VI409C

Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano