Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI436C
Concesión do réxime de concerto para o depósito de fianzas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Enténdese por concerto o réxime en virtude do cal se substitúen os depósitos de fianzas individuais por un depósito global anual, logo de autorización polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, de acordo co procedemento establecido nos artigos seguintes.
Modalidades de concerto:
1. Réxime de concerto obrigatorio:
O réxime de concerto será obrigatorio para empresas, entidades ou administracións públicas que presten subministracións ou servizos, sempre que na formalización dos contratos que afecten as vivendas e demais predios urbanos lles exixan fianzas aos seus abonados.
2. Réxime de concerto voluntario:
a) Poderán solicitar a inclusión neste réxime os arrendadores, asociacións de persoas propietarias de bens inmobles urbanos legalmente constituídas e profesionais dedicados á administración de predios urbanos cando concorran os requisitos establecidos nos seguintes artigos.
b) Os/as propietarios/as de centros comerciais e grandes superficies comerciais poderán acollerse a este sistema se así o solicitan, con independencia do número de locais que xestionen e do importe total das fianzas. Deberán presentar, non obstante, aval bancario que cubra o 20% do importe das fianzas xestionadas, que deberán actualizar cada ano, de acordo co que resulte da liquidación anual prevista no artigo 26º.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A Orde do 7 de abril de 2016 entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
1. Ademais de cumprir co resto das obrigas impostas por este decreto, os arrendadores/as, asociacións e profesionais acollidos a este réxime deberán levar un rexistro en que se especificarán os predios e o movemento de fianzas e de arrendadores/as incluídos no concerto correspondente.
2. Ademais, deberán autorizar expresamente o Instituto Galego da Vivenda e Solo para realizar por medio do persoal inspector designado para o efecto cantas comprobacións considere convenientes nos seus libros de contabilidade e rexistros auxiliares respecto da contía das fianzas constituídas.
3. No caso de profesionais dedicados á administración de predios será requisito indispensable que os administradores/as conten con autorización previa expresa e por escrito das persoas propietarias para acollerse a este réxime, en que conste tamén a súa autorización para a cesión de datos ao Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Solicitude según el Anexo I.
Copia do NIF, DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.
Relación detallada do número de fianzas depositadas, importes e devolucións efectuados, da cal se reflicta a cifra de negocio do exercicio anterior e a previsible para o exercicio en curso, así como o número de fianzas que se deberán depositar e o importe total destas.
Aval bancario que cubra o 20 % do importe das fianzas xestionadas, no caso de rexime de depósito voluntario de arrendadores e asociacións destes e centros comerciais e/ou grandes superficies.
No caso de xestionar fianzas de terceiros: autorización previa expresa e por escrito dos propietarios, en que conste tamen a súa autorización para a cesión de datos o Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Contrato de aluguer para su comprobación por parte de la administración.
Documentación acreditativa da capacidade de obrar profesionais dedicados á administración de predios: certificado expedido por colexio profesional e seguro de responsabilidade civil.
Documentación acreditativa da capacidade de obrar persoas xurídicas: escritura de constitución ou modificación inscrita no Rexistro Mercantil.
Acreditación da representación, se e o caso.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Non especificado
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2011).
-
Corrección de erros. Decreto 42/2011, do 3 de marzo, polo que se establece o procedemento para o depósito das fianzas dos arrendamentos relativos a predios urbanos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 98 do 23 de maio de 2011).
-
Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia (DOG nº 141 do 24 de xullo de 2012).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos (BOE nº 282, de 25 de novembro de 1994).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa "Avais para a adquisición de vivenda".
Prazo aberto: 01/04/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 08/07/2025 23:59