Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI435D
Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible na Comunidade Autónoma de Galicia
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
A concesión das subvencións do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as dúas modalidades que se describen a continuación:
- Modalidade A: Promoción de vivendas e outras modalidades residenciais tipo cohousing, vivendas interxeneracionais ou similares, de nova construción ou procedentes da rehabilitación, que se vaian a destinar ao alugueiro ou ceder en uso por un prazo de, polo menos, vinte anos. Este prazo computarase desde a primeira ocupación do edificio ou, para o suposto de que se trate de vivendas protexidas, dende a data da súa cualificación definitiva.
- Modalidade B: Promoción de vivendas protexidas de nova construción ou procedentes da rehabilitación dirixidas á compravenda.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas que teñan no seu obxecto social a promoción de vivendas de nova construción ou procedentes da rehabilitación e as cooperativas de vivendas en réxime de autopromoción ou autoconstrución, que cumpran os requisitos previstos nas bases reguladoras.
2. As entidades beneficiarias deberán atoparse ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non ter pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
Rua Vicente Ferrer, nº 2
15701 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184800
Email: igvs.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Avda. Ramón Ferreiro, nº 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294645
Email: igvs.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
Rúa Sáenz díez, nº 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386269
Email: igvs.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
Rúa Alcalde Hevia, nº 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805259
Prazo de presentación: ABERTO
08/05/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2025.
Non obstante o anterior, se antes da finalización do devandito prazo se esgotase o crédito orzamentario previsto nesta convocatoria, terase por rematado o prazo de presentación de solicitudes nesa data. O dito esgotamento será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
2. O prazo de presentación de solicitudes poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Requisitos das vivendas e das promocións
1. As vivendas que se promovan con cargo a calquera das dúas modalidades previstas neste programa deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Na modalidade A, as vivendas deberán destinarse ao alugueiro accesible ou á cesión de uso por un prazo de, polo menos, vinte anos. Este prazo computarase desde a primeira ocupación do edificio ou, para o suposto de que se trate de vivendas protexidas, desde a data da súa cualificación definitiva. A dita vinculación de destino deberá constar, en todo caso, en nota marxinal no Rexistro da Propiedade.
No suposto de que se trate de vivendas protexidas, deberán destinarse ao alugueiro, conforme o establecido na súa cualificación.
b) Na modalidade B, deberá tratarse da promoción de vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado, que se destinarán á compravenda, sendo o prezo máximo de adquisición da vivenda o previsto na cualificación definitiva.
c) Deberán cumprir a normativa de habitabilidade de vivendas de Galicia.
d) Deberán situarse en localidades que teñan, cando menos, tantas unidades de convivencias inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia como vivendas para a que se solicita financiamento.
2. As promocións de nova construción ou procedentes da rehabilitación de edificios que se acollan ás axudas deste programa deberán cumprir coas normativa de accesibilidade e ter unha cualificación enerxética mínima A, tanto en emisións de CO2 como en consumo de enerxía primaria non renovable.
3. Estas axudas poderán solicitarse para a totalidade das vivendas dunha mesma promoción ou para unha parte delas, ben que, en todo caso, será requisito necesario para obter a axuda que a promoción teña un mínimo de cinco vivendas que cumpran as condicións deste programa.
Requisitos das persoas destinatarias das vivendas
1. As vivendas financiadas con cargo á modalidade A, salvo que se trate de vivendas protexidas, só poderán ser alugadas ou cedidas en uso a persoas cuxas rendas anuais, incluíndo as de todas as persoas que constitúan a súa unidade de convivencia, non superen cinco veces o IPREM no momento da formalización do contrato de alugueiro ou de cesión de que se trate. Para tal fin, o cómputo de ingresos e o IPREM de referencia será o correspondente ao último exercicio vencido na data de subscrición do contrato.
Para o suposto de que se trate de vivendas protexidas, só poderán ser alugadas a persoas que cumpran os requisitos de acceso e co procedemento previsto pola normativa de aplicación, en función do réxime previsto na súa cualificación.
2. No suposto da modalidade B, o adquirente deberá ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivendas.
Requisitos dos contratos de alugamento ou de cesión
1. Os contratos de alugamento ou de cesión deberán conter as cláusulas relativas ás obrigas que resulten da concesión destas axudas, segundo o disposto nesta resolución, na resolución de aprobatoria da subvención e, se é o caso, no Real decreto 42/2022, do 18 de xaneiro.
2. Os contratos de alugamento ou de cesión das vivendas financiadas con cargo á modalidade A, cando non se trate de vivendas protexidas, deberán someterse á lexislación de arrendamentos urbanos para uso de vivenda.
Cando se trate de vivendas protexidas, deberán cumprir a normativa reguladora das vivendas protexidas.
Solicitudes
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución e deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde se vai realizar a promoción. As entidades interesadas deberán presentar unha solicitude para cada unha das promocións que queiran financiar con cargo a este programa.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. No formulario de solicitude a entidade solicitante deberá realizar as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade.
c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de que se está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Compromiso de destinar todas as vivendas que se financien con cargo á modalidade A deste programa ao alugamento ou a cesión en uso durante un prazo mínimo de vinte anos, e de facer constar esta circunstancia en nota marxinal no Rexistro da Propiedade.
f) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón:
https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Documento acreditativo da dispoñibilidade do solo ou do inmoble que se rehabilitará, se é o caso.
c) Reportaxe fotográfica do estado actual da actuación, no suposto de actuacións de rehabilitación.
d) Infografía da actuación que se vai executar.
e) Memoria-programa da actuación, en galego e, no suposto da modalidade A, tamén en castelán, co seguinte contido mínimo:
– Certificación urbanística do solo ou edificio, se é o caso, que habilite a execución da promoción.
– Número de vivendas da promoción, cadro de superficies útiles de cada unha delas e dos seus anexos e prezo de alugueiro ou cesión en uso ou compravenda, segundo a modalidade para a que se solicite a axuda, con indicación do número de vivendas para as que se solicita a axuda.
– Descrición dos espazos comúns e de interrelación, se é o caso.
– Orzamento detallado da actuación para a que se solicita a subvención.
– Programación temporal e detallada da actuación, conforme os prazos establecidos nestas bases.
– Análise da viabilidade económica da actuación.
f) Certificado de eficiencia enerxética de proxecto que acredite a cualificación enerxética mínima A, tanto en emisións de CO2 como en consumo de enerxía primaria non renovable.
g) No caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación no DOG da correspondente resolución de convocatoria, certificado emitido polo/a técnico/a director/a das obras que acredite a data de inicio das obras, así como as obras pendentes de finalización.
h) Licenza municipal de obras ou solicitude de licenza, no caso de non dispoñer dela.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, os cales serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente da entidade interesada a súa achega.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
2. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade solicitante.
b) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou, se é o caso, número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) da persoa física destinataria da vivenda e, se é o caso, das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
c) DNI/NIE da persoa representante, se é o caso.
d) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante, se é o caso.
e) Certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT) acreditativa de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias, correspondente á entidade solicitante.
f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social, correspondente á entidade solicitante.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente á entidade solicitante.
h) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas da entidade solicitante.
i) Consulta de concesións de subvencións e axudas da entidade solicitante.
j) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa física arrendataria, cesionaria ou adquirente da vivenda e, se é o caso, das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, que se consultará cando se acheguen os correspondentes contratos.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos, cando as persoas destinatarias da vivenda e as persoas das súas unidades de convivencia fagan constar no anexo IV que lles é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade expedido pola Xunta de Galicia da persoa física destinataria da vivenda e, se é o caso, das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
b) Consulta das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social, da persoa física destinataria da vivenda e, se é o caso, das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
c) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia (Risga) da persoa física destinataria da vivenda ou, se é o caso, así como das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
d) Consulta das prestacións de desemprego percibidos pola persoa física destinataria da vivenda e, se é o caso, das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.
3. No caso de que as persoas ou entidades interesadas se opoñan á consulta, deberá indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Cadro Resumo
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2025 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2025).
-
Extracto da Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2025 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2025).
-
Corrección de erros. Resolución do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a promoción de vivenda accesible na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2025 (DOG nº 83 do 2 de maio de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 42/2022, de 18 de enero, por el que se regula el Bono Alquiler Joven y el Plan Estatal para el acceso a la vivienda 2022-2025.
-
Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Aluguer Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 257 do 26 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Aberto todo o ano
Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.
Aberto todo o ano