Guía de procedementos e servizos

VI422F

Subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 27/02/2020 00:00 - 07/07/2020 23:59

Estas subvencións están dirixidas a prestar apoio aos concellos de Galicia de menos de 20.000 habitantes para que poidan rehabilitar as antigas vivendas de mestres, as doutros oficios e as demais edificacións da súa titularidade e as adxudiquen, en réxime de alugamento, conforme o procedemento establecido no Programa de vivendas baleiras ou a norma que o substitúa, a unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 veces o IPREM.

A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas nas seguintes disposicións:

Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, código de procedemento VI422F (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).

Actuacións subvencionables

1. Consideraranse actuacións subvencionables a execución de obras de rehabilitación en edificacións e en vivendas de titularidade municipal que garantan o cumprimento dos requisitos básicos de funcionalidade, seguranza, habitabilidade e/ou a accesibilidade. Entre as condicións de habitabilidade poderanse incluír a execución de medidas que eviten a entrada no edificio do gas radón ou a adopción de medidas que garantan a súa eliminación do interior das vivendas.

2. As actuacións subvencionables incluirán, para os efectos de determinación do custo total das obras, as seguintes actuacións preparatorias: os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Tamén serán subvencionables os gastos xerais de estrutura que inciden sobre o contrato, de conformidade co artigo 131 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas: gastos xerais e beneficio industrial. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.

Non obstante o anterior, non se aboarán as facturas correspondentes as obras executadas con anterioridade ao ano natural en que se publique a resolución de convocatoria. Exceptúanse as facturas correspondentes a actuacións preparatorias, as referidas a aprovisionamentos de material previos e/ou a pagamentos anticipados en que a execución de obra se realice, igualmente, no ano natural en que se publique a resolución de convocatoria.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de Galicia.

Obrigas dos concellos beneficiarios

Os concellos beneficiarios terán as obrigas recollidas no artigo 19 da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as súas bases reguladoras.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541982

Fax: 981541902

Email: dx.igvs@xunta.es

http://www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184824

Fax: 981184860

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro nº 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294600

Fax: 982294624

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

R/ Antonio Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386273

Fax: 988386235

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

R/ Alcalde Hevia, 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805610

Fax: 986805663

Dirección Técnica de Axudas e Vivenda

Prazo de presentación: PECHADO

27/02/2020 00:00 - 07/07/2020 23:59

Continúa o prazo de presentación de solicitudes ata o 7 de xullo de 2020 nos termos previstos na Resolución do 14 de maio de 2020.

Resolución do director xeral do IGVS do 30 de abril de 2020 pola que o prazo de presentación de solicitudes continúa aberto ata 00:00 do día 24 de maio de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará no momento de esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS e, en todo caso, o día 30 de abril de 2020.

a) Contar con menos de 20.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes, publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data de publicación da presente convocatoria.

b) Contar cun número de demandantes de vivenda inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia no seu concello, cando menos, igual ao de vivendas para as cales se solicita a axuda.

c) Ter cumprido co deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das contas xerais do exercicio inmediatamente anterior ao ano desta convocatoria no que o seu prazo de presentación estivese vencido.

d) Estar adherido ou en proceso de adhesión ao Convenio de colaboración asinado entre o IGVS e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020 ou a norma que o substitúa.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas aqueles concellos que estéan nalgún dos supostos previstos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

1. A solicitude realizarase conforme o formulario que se incorpora como anexo III desta resolución (código de procedemento VI422F). Deberá dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a edificación ou a vivenda.

2. No caso de que os concellos pretendan financiar varias actuacións a través desta convocatoria, deberán presentar unha solicitude para cada unha delas.

3. A solicitude deberá formalizala, en representación do concello, a persoa titular da alcaldía ou a persoa en quen esta delegue.

4. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) Certificado do acordo municipal de solicitar a subvención ao IGVS, con aceptación dos termos da convocatoria, de conformidade coa memoria, o orzamento e o prazo de execución propostos na documentación que se xunta coa solicitude.

b) Certificado da secretaría municipal en que se acredite que a edificación ou a vivenda obxecto de rehabilitación é de titularidade municipal e de que se cumpren os requisitos recollidos no artigo cinco das bases reguladoras.

c) Proxecto técnico ou memoria relativa á actuación que se vai realizar na edificación ou na vivenda. Deberá vir acompañado da seguinte documentación:

– Informe asinado polo/a correspondente técnico/a municipal relativo á localización da edificación ou da vivenda, ao ámbito en que se inclúe, ás súas características e ao seu estado de deterioración. Este informe conterá unha reportaxe fotográfica en cor da edificación ou da vivenda e unha xustificación da necesidade e idoneidade das actuacións propostas.

– Memoria da actuación proposta, do orzamento de execución material e do calendario de execución. Este calendario é necesario para establecer a repartición das anualidades no momento da concesión da subvención.

– Informe do/da técnico/a municipal de que a actuación proposta cumpre coa lexislación vixente.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF do concello.

2. Cando os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán facelo constar no correspondente cadro habilitado para tal efecto no anexo IIII (código de procedemento VI422F) e, ao mesmo tempo, achegar os documentos oportunos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos concellos interesados que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas e ás entidades interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa ou entidade interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No suposto de suxeitos obrigados a relacionarse electronicamente coa Administración, todos os trámites administrativos que deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, código de procedemento VI422F (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2020).

    • Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (DOG nº 38 de 26 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo para o ano 2020 (código de procedemento VI422F, subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, para o exercicio 2020, con carácter plurianual) (DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2020).

    • Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dispón a continuación do prazo de presentación de solicitudes de varios procedementos de subvencións (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).

    • Resolución do 19 de maio de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións para rehabilitar as antigas vivendas de mestres, doutros oficios e demais edificios e vivendas de titularidade municipal, para o exercicio 2020, con carácter plurianual (DOG nº 100 do 26 de maio de 2020).

    • Resolución do 16 de novembro de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018–2021, para o ano 2020 (DOG nº 233 do 18 de novembro de 2020).

    • Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade á relación das persoas ou entidades beneficiarias de varios programas de axudas concedidas ao abeiro das convocatorias realizadas no ano 2020 (DOG nº 112 do 15 de xuño de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano