Guía de procedementos e servizos

VI408Q

Axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas ARI dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 31/10/2023 00:00 - 30/11/2023 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Concesión das axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas ARI dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra rexeranse polo establecido nas bases reguladoras.

No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, na ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas e na ARI da Ribeira Sacra poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias.

c) As persoas físicas propietarias e usufrutuarias de edificios ou vivendas.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

Avda. Vicente Ferrer, nº 2 - 9º andar

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881096/ 881181259

Email: rehabilitacion.igvs.coruna@xunta.gal

www.igvs.es

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Rúa Ramón Ferreiro, nº 28

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294602

Email: vpa.igvs.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Progreso, nº 117

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386282/ 988386275

Email: subvencions.igvs.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia, nº 7

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805611/ 986805260

Email: subvencions.igvs.po@xunta.gal

www.igvs.es

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Prazo de presentación: PECHADO

31/10/2023 00:00 - 30/11/2023 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar dende o primeiro día hábil seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará no momento do esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

2. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

1. Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos números anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.

2. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.

3. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de propietarios/as ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprirse por todos os seus membros.

5. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupación de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe dela, como o custo das obras, deba repercutirse nas persoas propietarias e, no seu caso, nos locais comerciais ou predios de outros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando algún dos membros da comunidade ou da agrupación de comunidades de persoas propietarias incorra nunha ou varias das prohibicións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, non se atribuirá á dita propietaria a parte proporcional que lle correspondería da axuda recibida, que se rateará entre as restantes persoas membros da comunidade ou agrupación.

6. As agrupacións de persoas propietarias non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de catro anos, contados desde que venceu o prazo para presentar a xustificación da subvención por parte da entidade beneficiaria.

Forma de presentación de solicitudes

1. As solicitudes (VI408Q) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as entidades sen personalidade xurídica e para as súas persoas representantes.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5. Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentos a achegar:

Solicitude

1. As solicitudes realizaranse, de conformidade co disposto no punto 2 do ordinal terceiro, mediante a presentación do formulario que se incorpora, respectivamente, como anexo VIII (código de procedemento VI408Q) desta resolución, debidamente cuberto. Deberán dirixirse á área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio.

2. No formulario de solicitude a persoa ou entidade solicitante deberá realizar as seguintes declaracións:

a) Declaración responsable de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida para a mesma finalidade.

c) Declaración responsable de non estar incursa nas causas de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Declaración responsable de que se está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

e) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.

Documentación complementaria

1.  As persoas ou entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.

b) Anexo IX, de ser o caso, de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaria da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa á agrupación de persoas propietarias, no que se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente á comunidade de persoas propietarias, á agrupación de comunidades de persoas propietarias ou á agrupación de persoas propietarias.

c) Anexo X, de ser o caso, debidamente cuberto, no que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursos en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Anexo XI, de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

f) No caso de edificios ou vivendas declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias, se non constaba na documentación anterior.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

Trámites posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas e entidades interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa ou entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa física representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

f) Certificación catastral de titularidade correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas na que se van a levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso pola persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

h) Consulta de bens inmobles correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións en interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, consultaranse, ademais, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas, de ser o caso:

a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira.

b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

d) Certificado das percepcións da Renda de Integración Social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

e) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas que concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.

g) Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal da persoa propietaria ou usufrutuaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75% do custo subvencionable da actuación, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos VIII, X e XI e achegar os documentos correspondentes.

4. Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (DOG nº 61 do 29 de marzo de 2022).

    • Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).

    • Extracto da Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas áreas de rehabilitación integral e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).

    • Resolución do 3 de maio de 2024 pola que se dá publicidade á relación das persoas beneficiarias do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra (DOG nº 95 do 16 de maio de 2024).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano