Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

VI408G - Cualificación definitiva para participar no programa de rexeneración e renovación urbanas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Dous meses, a contar desde a data da presentación da solicitude da cualificación definitiva

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • 1. Xunto coa solicitude de cualificación definitiva deberá achegarse a seguinte documentación:
    • a) DNI da persoa solicitante ou do representante, para o suposto de non ter autorizado
      a súa consulta.
    • b) Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas.
    • c) Memoria en que se describan as actuacións realizadas e en que se xustifique, de ser
      o caso, o aforro enerxetico derivado da actuación.
    • d) Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán
      reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII.
    • e) Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non
      se admitirán pagamentos en efectivo nin se admitirán como xustificantes os obtidos a traves
      da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de
      códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente,
      admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros.
    • f) Licenzas e/ ou autorizacións preceptivas.
    • g) Certificado do inicio das obras, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade
      á resolución desta orde, emitido polo/a tecnico/a responsable da obra ou, de ser o caso,
      pola empresa contratista.
    • h) Certificado do remate das obras e, de ser o caso, certificado de instalacións termicas,
      electricas ou da posta en marcha de ascensor tramitado ante a Consellería de Economía,
      Emprego e Industria.
    • i) Certificado emitido pola empresa que executou as obras, en que se recolla o seu
      nome, enderezo e NIF.
    • l) Copia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe
      do custo que se vai executar supere a contía de 30.000 €. A elección entre as ofertas
      presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberase xustificar
      expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis
      vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DA CORUÑA

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A
Teléfono: 981184824 Fax: 981184860

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DE OURENSE

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense
Teléfono: 988386271 Fax: 988386235

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DE PONTEVEDRA

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Rúa Alcalde Hevia 7
36071 Pontevedra
Teléfono: 986805610 Fax: 986805663

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Información web: www.igvs.es

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA DE LUGO

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro 28
27071 Lugo
Teléfono: 982294602 Fax: 982294624

Abrir o prazo para solicitar a participación para as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, de acordo co programa de rexeneración e renovacións urbanas do Plan estatal 2013-2016, así como aprobar as bases reguladoras que rexerán na Comunidade Autónoma de Galicia para a concesión das subvencións previstas no Acordo asinado o 27 de outubro de 2015, entre o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), para o financiamento da ARI dos Camiños de Santiago.

Beneficiarios:

1. Poderán solicitar a cualificación provisional as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.

2. Para solicitar a cualificación definitiva será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.

Requisitos:

1. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras presentado
coa solicitude ou, de ser o caso, á memoria subscrita polo/a técnico/a competente.
O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen
a rehabilitación do edificio ou vivenda, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra
que se vaia executar, sinalando o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha
mellora da eficiencia enerxética, deberá especificarse a porcentaxe da dita mellora respecto
da situación de partida.
O proxecto ou memoria técnica deberá conter, ademais, os seguintes datos do edificio:
situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie
sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se vaian
realizar.
As actuacións que se vaian executar deberán especificarse de conformidade coa desagregación
establecida no modelo de solicitude que se xunta como anexo II.
2. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será
requisito necesario contar co correspondente informe de avaliación, cuxo contido debe
axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, así
como co acordo validamente adoptado da comunidade de propietarios/as ou agrupación
de comunidades de propietarios/as.
3. Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse
ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de
todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
4. As actuacións de rehabilitación deberán terse iniciado con posterioridade á data de
entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 e en ningún caso deberán estar finalizadas na
data da publicación desta orde.
5. O prazo máximo de execución e xustificación do pagamento das obras será o 31 de
outubro de 2016.
6. As actuacións protexibles incluirán, para os efectos da determinación do custo total
das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados
necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto
derivado da actuación, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo
total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
7. O custo protexible subvencionable das obras, incluíndo os gastos sinalados no número
anterior, non poderán superar os custos medios do mercado que correspondan a tales
actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da
Base de prezos da construción de Galicia 2011 ou normativa que a substitúa.

AUTONÓMICA

Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa. (DOG nº 246 do 28 de decembro de 2015).

Anexos asociados

Aberto todo o ano

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional