Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI408F - Cualificación provisional para participar no programa de rexeneración e renovación urbanas no ámbito da ARI dos camiños de Santiago.
Abrir o prazo para solicitar a participación para as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, de acordo co programa de rexeneración e renovacións urbanas do Plan estatal 2013-2016, así como aprobar as bases reguladoras que rexerán na Comunidade Autónoma de Galicia para a concesión das subvencións previstas no Acordo asinado o 27 de outubro de 2015, entre o Ministerio de Fomento e o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), para o financiamento da ARI dos Camiños de Santiago.
As comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.
Para solicitar a cualificación definitiva será requisito necesario estar en posesión da cualificación provisional.
1. As actuacións deberán axustarse ao proxecto de execución das obras presentado coa solicitude ou, de ser o caso, á memoria subscrita polo/a técnico/a competente.
O proxecto ou a memoria técnica deberá conter todas as especificacións que xustifiquen a rehabilitación do edificio ou vivenda, así como un resumo en capítulos dos tipos de obra que se vaia executar, sinalando o seu importe. No suposto de que as obras supoñan unha mellora da eficiencia enerxética, deberá especificarse a porcentaxe da dita mellora respecto da situación de partida.
O proxecto ou memoria técnica deberá conter, ademais, os seguintes datos do edificio: situación, número de vivendas e locais, superficie construída sobre rasante, superficie sobre rasante con uso residencial e unha reportaxe fotográfica das obras que se vaian realizar.
As actuacións que se vaian executar deberán especificarse de conformidade coa desagregación establecida no modelo de solicitude que se xunta como anexo II.
2. No caso de realizarse actuacións en edificios de tipoloxía residencial colectiva, será requisito necesario contar co correspondente informe de avaliación, cuxo contido debe axustarse ao modelo tipo previsto no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, así como co acordo validamente adoptado da comunidade de propietarios/as ou agrupación de comunidades de propietarios/as.
3. Todas as actuacións deberán dispor de licenza municipal ou, de ser o caso, someterse ao réxime de intervención municipal de comunicación previa, así como dispoñer de todas as autorizacións sectoriais preceptivas.
4. As actuacións de rehabilitación deberán terse iniciado con posterioridade á data de entrada en vigor do Plan estatal 2013-2016 e en ningún caso deberán estar finalizadas na data da publicación desta orde.
5. O prazo máximo de execución e xustificación do pagamento das obras será o 31 de outubro de 2016.
6. As actuacións protexibles incluirán, para os efectos da determinación do custo total das obras, os honorarios dos profesionais que interveñan, os informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e calquera outro gasto derivado da actuación, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. No custo total das obras non se incluirán os gastos derivados de impostos, taxas e tributos.
7. O custo protexible subvencionable das obras, incluíndo os gastos sinalados no número anterior, non poderán superar os custos medios do mercado que correspondan a tales actuacións, os cales se determinarán de conformidade coa última edición publicada da Base de prezos da construción de Galicia 2011 ou normativa que a substitúa.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541982
Email: dx.igvs@xunta.es
Instituto Galego Da Vivenda e Solo (IGVS)
Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa. (DOG nº 246 do 28 de decembro de 2015).
Orde do 23 de febreiro de 2018, pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2015, pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa (DOG nº 48 do 8 de marzo de 2018).
Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se acorda o peche do prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
29/12/2015 00:00 - 02/07/2019 23:59
Segundo a Resolución do 20 de xuño de 2019 (DOG nº 124 do 2 de xullo de 2019), péchase o prazo, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar as solicitudes de cualificación provisional para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan 2013-2016.
- Documentación complementaria para a solicitude de cualificación provisional:
- a) Copia do DNI ou NIE da persoa física, propietaria única do edificio ou vivenda, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta.
- De ser o caso, acreditación da representación da persoa que actúe no nome da persoa propietaria única do edificio
- Copia do DNI do representante, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta
- No caso de persoa física, propietaria única do edificio ou vivenda, documentación acreditativa da titularidade do inmoble.
- Acta de constitución da comunidade de propietarios/as ou do documento de constitución como agrupación de comunidades de propietarios/as.
- Certificado da persoa que exerza as funcións de secretario/a da comunidade de propietarios/as ou da agrupación de comunidades de propietarios/as, en que se recolla tanto o acordo de participar no programa de rexeneración e renovación urbanas do ARI dos Camiños de Santiago, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de propietarios/as ou da agrupación de comunidades de propietarios/as, conforme ao modelo que se xunta a esta orde como anexo IV.
- Anexo V debidamente cuberto, en que se relacionan as vivendas e locais do edificio.
- Relación das persoas propietarias das vivendas e locais do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación, conforme ao anexo VI.
- De ser o caso, informe de avaliación do edificio de tipoloxía residencial colectiva en formato dixitalizado, cos contidos que figuran no anexo II do Real decreto 233/2013, do 5 de abril, ou documento análogo que inclúa todos os aspectos que forman parte do citado anexo, cubertos e subscritos por tecnico/a competente e emitidos con anterioridade á presentación da solicitude da axuda
- Proxecto ou memoria das actuacións de rehabilitación que se pretenden realizar, redactada por tecnico/a competente.
- Plano de situación da vivenda.
- Certificado do inicio das obras, no caso de obras iniciadas con anterioridade á data da publicación desta orde, emitido polo/a tecnico/a responsable da obra ou, no seu caso, pola empresa contratista.
- Documentación complementaria para a solicitude de cualificación definitiva
- DNI da persoa solicitante ou do representante, para o suposto de non ter autorizado a súa consulta
- Reportaxe fotográfica que amose as obras realizadas
- Memoria en que se describan as actuacións realizadas e en que se xustifique, de ser o caso, o aforro enerxetico derivado da actuación
- Facturas das persoas provedoras que participaron na execucións das obras, que deberán reflectir de xeito desagregado o seu importe e a súa descrición conforme o anexo VII
- Documentos bancarios acreditativos do pagamento das facturas presentadas. Non se admitirán pagamentos en efectivo nin se admitirán como xustificantes os obtidos a traves da rede internet, se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos de verificación na sede electrónica da dita entidade bancaria. Excepcionalmente, admitirase o recibín do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 euros
- Licenzas e/ ou autorizacións preceptivas
- Certificado do inicio das obras, no caso de non ter iniciadas as obras con anterioridade á resolución desta orde, emitido polo/a tecnico/a responsable da obra ou, de ser o caso, pola empresa contratista
- Certificado do remate das obras e, de ser o caso, certificado de instalacións termicas, electricas ou da posta en marcha de ascensor tramitado ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria
- Certificado emitido pola empresa que executou as obras, en que se recolla o seu nome, enderezo e NIF.
- Copia de, polo menos, tres ofertas de diferentes provedores, no suposto de que o importe do custo que se vai executar supere a contía de 30.000 . A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberase xustificar expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa, nos termos establecidos no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Dous meses, a contar desde a data da presentación da solicitude da cualificación provisional
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"