Guía de procedementos e servizos

VI100B

Axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán e o outono de 2025, con carácter plurianual

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 01/09/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Concesión das axudas destinadas a reparar os danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o verán e o outono de 2025. Para o caso de que os danos ocasionados determinasen a ruína da vivenda, a axuda poderá destinarse tanto á súa reconstrución como á adquisición dunha nova vivenda.

Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto á vivenda como o seu enxoval doméstico.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda

Área Central s/n Polígono de Fontiñas

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 957529/ 981 541982

Email: informacionxeral.igvs.santiago@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15701  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881 881096/ 981 184825

Email: rehabilitacion.igvs.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo

Avda. Ramón Ferreiro, 28

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294602/ 982 294941

Email: vpa.igvs.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense

Rúa Sáenz díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988 386268/ 988 386579

Email: subvencions.igvs.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra

Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886 206952/ 886 206931

Email: subvencions.igvs.po@xunta.gal

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: ABERTO

01/09/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.

O prazo rematará o día 28 de novembro de 2025. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sufrisen danos que afecten tanto a vivenda como o seu enxoval doméstico.

2. De conformidade co disposto no artigo 3.3 do Decreto 76/2025, do 29 de agosto, as persoas beneficiarias están exentas do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Solicitudes

1. As solicitudes realizaranse mediante o formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución, debidamente cuberto, que deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda obxecto dos danos. Unicamente poderá presentarse unha solicitude por vivenda (código de procedemento VI100B).

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados

b) Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto do inmoble, no caso de que a persoa solicitante non conste como titular catastral.

c) No suposto de que a vivenda danada sexa a residencia habitual e permanente, certificado municipal de residencia ou calquera outro documento que acredite esta condición, para o caso de non estar empadroado/a na vivenda ou non poder comprobar o certificado de empadroamento.

d) No suposto de que a vivenda danada non sexa a residencia habitual e permanente, acreditación por calquera medio do seu uso ocasional.

e) Anexo II, de declaración responsable e comprobación de datos das demais persoas copropietarias ou usufrutuarias, de ser o caso. Neste suposto deben figurar todas ata completar o 100 % da propiedade ou usufruto.

f) Memoria emitida por persoa técnica competente de conformidade co disposto na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, en que se valore a reposición dos danos acaecidos na vivenda danada, nas instalacións complementarias e no seu enxoval doméstico. Nos casos de rehabilitación ou reparación da vivenda danada, esta memoria conterá o correspondente cronograma da actuación, coa previsión das súas anualidades de execución.

g) Memoria emitida por persoa técnica competente de conformidade co disposto na Lei 38/1999, do 5 de novembro, ou informe municipal de que a vivenda está en situación de ruína como consecuencia do incendio, por concorrer algún dos supostos previstos no artigo 141.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

h) Copia da póliza de seguro da vivenda e/ou o enxoval doméstico danados, de ser o caso.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

3. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente da persoa interesada a súa achega.

Forma de presentación da documentación complementaria

1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de Identidade (en diante, DNI) ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, das demais persoas propietarias ou usufrutuarias.

b) DNI ou NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade representante, de ser o caso.

d) Certificado de empadroamento na vivenda danada da/das persoa/s solicitante/s, de ser o caso.

e) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda, onde conste que a/s persoa/s solicitante/s teñen en propiedade e/ou en usufruto a vivenda.

f) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e, de ser o caso, das demais persoas propietarias ou usufrutuarias da vivenda, para os efectos do pagamento da axuda.

g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberá indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).

    • Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).

    • Extracto da Resolución do 29 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual (DOG nº 166 do 30 de agosto de 2025).

    • Decreto 79/2025, do 29 de setembro, polo que se modifica o Decreto 76/2025, do 29 de agosto de 2025, de medidas urxentes de axuda para a reparación dos danos causados polos incendios forestais que afectan a Galicia durante o verán de 2025 (DOG nº 188 do 30 de setembro de 2025).

Información adicional

SUBVENCIÓN

Axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025, con carácter plurianual.

CÓDIGO PROCEDEMENTO 

VI100B

PUBLICACIÓN BASES REGULADORAS

Resolución pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas á reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de agosto de 2025, con carácter plurianual.

OBXECTO

A reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico como consecuencia dos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de agosto de 2025. Para o caso de que os danos ocasionados determinaran a ruína da vivenda, a axuda poderá destinarse tanto á súa reconstrución como á adquisición dunha nova vivenda.

NATUREZA DAS AXUDAS

  • A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, do que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.
  • Cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nesta resolución concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido ou, de ser o caso, da contía ou porcentaxe deste establecidas nesta resolución.

PROCEDEMENTO

As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de presentación; entenderase como data de presentación aquela na que o expediente teña toda a documentación correcta que debe acompañar á solicitude.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 01/09/2025 ata o 28/11/2025.

INICIO DAS OBRAS

As actuacións poderán estar iniciadas con carácter previo á presentación da solicitude ou da resolución de concesión, sempre que se conserven fotografías e calquera outro documento que acredite o estado en que quedara a vivenda, as instalacións complementarias ou o enxoval por causa dos incendios.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DAS AXUDAS

Serán obxecto de axuda os danos causados polos incendios:

A) Cando a vivenda constitúa a residencia permanente e habitual dos seus moradores e nas súas instalacións complementarias:

  • Se os danos determinan a ruína da vivenda, a axuda concederase polo importe do 100 % do valor de reposición, sen que en ningún caso o importe da axuda poida superar a contía de 132.000 euros.
  • Nos casos de rehabilitación ou reparación do inmoble danado, a axuda concederase polo importe correspondente ata cubrir como máximo o 100 % do valor de rehabilitación ou reparación, sen que en ningún caso o importe da axuda poida superar a contía de 132.000 euros.

B) No resto das vivendas residenciais que non sexan permanentes e habituais e nas súas instalacións complementarias:

  • Se os danos ocasionados determinan a ruína da vivenda, a axuda concederase polo importe correspondente ao seu valor catastral, sen que en ningún caso o importe da axuda poida superar a contía de 66.000 euros, excepto en aqueles casos nos que se pretenda a rehabilitación do inmoble en cuxo caso se estará ao previsto no parágrafo seguinte.
  • Nos casos de rehabilitación ou reparación do inmoble danado, a axuda concederase polo importe do 100 % do valor de rehabilitación ou reparación, sen que en ningún caso o importe da axuda poida superar a contía de 66.000 euros.

Quedan excluídas destas axudas as edificacións ruinosas e as que estiveran en abandono manifesto con carácter previo aos incendios.

C) Enxoval doméstico das vivendas danadas:

  • Enxoval de vivendas ruinosas que constitúan a residencia permanente e habitual dos seus moradores, o importe da axuda será o 100 % dos gastos de reposición, co límite de 16.200 €.
  • Enxoval de vivendas ruinosas que non sexan permanentes e habituais, o importe da axuda será o 50 % dos gastos de reposición, co límite de 5.400 €.
  • Nos demais supostos, o importe da axuda será de ata o 100 % dos gastos, co límite de 7.600 €, ou do 50 % dos gastos de reparación ou reposición do enxoval, co límite de 3.300 €, en función de que o enxoval sexa o da vivenda habitual e permanente ou o da vivenda ocasional, respectivamente.

PRAZO DE EXECUCIÓN

No suposto de actuacións de rehabilitación na vivenda danada e/ou nas súas instalacións complementarias, o prazo para a execución das obras non poderá ser superior a vinte e catro meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión da axuda.

PERSOAS SOLICITANTES

Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas que sufrisen danos que afecten tanto á vivenda como ao seu enxoval doméstico.

As persoas beneficiarias das axudas están exentas do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 10.2. da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

ANTICIPO 

100% sen necesidade de depósito de garantía.

XUSTIFICACIÓN

  • Vivendas en ruína: non requirirán outra xustificación que a acreditación por calquera medio admisible en dereito da titularidade ou usufruto do inmoble previamente á concesión, sen prexuízo dos controis que se establezan para verificar esta cuestión.
  • Actuacións de rehabilitación ou reparación: deberá achegar, dentro do prazo concedido na resolución de concesión, anexo III acompañado da documentación xustificativa do gasto realizado.
  • Prazo para xustificar: máximo ata o 15 de decembro de cada anualidade.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE

Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
  • Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto do inmoble, no caso de que a persoa solicitante non conste como titular catastral.
  • No suposto de que a vivenda danada sexa a residencia habitual e permanente, certificado municipal de residencia ou calquera outro documento que acredite esta condición, para o caso de non estar empadroado/a na vivenda ou non poder comprobar o certificado de empadroamento.
  • No suposto de que a vivenda danada non sexa a residencia habitual e permanente, acreditación por calquera medio do seu uso ocasional.
  • Anexo II, de declaración responsable e comprobación de datos das demais persoas copropietarias ou usufrutuarias, de ser o caso. Neste suposto deben figurar todas ata completar o 100% da propiedade ou usufruto.
  • Memoria emitida por persoa técnica competente de conformidade co disposto na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de ordenación da edificación, na que se valore a reposición dos danos acaecidos na vivenda danada, nas instalacións complementarias e no seu enxoval doméstico. Nos casos de rehabilitación ou reparación da vivenda danada, esta memoria conterá o correspondente cronograma da actuación, coa previsión das súas anualidades de execución.
  • Memoria emitida por persoa técnica competente de conformidade co disposto na Lei 38/1999, do 5 de novembro, ou informe municipal de que a vivenda está en situación de ruína como consecuencia do incendio, por concorrer algún dos supostos previstos no artigo 141.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.
  • Copia da póliza de seguro da vivenda e/ou o enxoval doméstico danados, de ser o caso.

FORMA DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES 

Presentación electrónica ou presencial

INFORMACIÓN

• 012
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda: 981 9575 29 – 981 541 982
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo: 982 294 602 – 982 294 941
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense: 988 386 268 – 988 386 579
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra: 886 206 952 – 886 206 931
Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña: 881 881 096 – 981 184 825

RESUMO AXUDAS INCENDIOS 2025

REHABILITACIÓN/RECONSTRUCIÓN DA VIVENDA

Vivenda permanente e habitual

  • Ruína
    • 100% valor reposición
    • Límite: 132.000 €
  • Rehabilitación
    • 100% valor rehabilitación
    • Límite: 132.000 €
  • Enxoval ruína
    • 100% gastos de reposición
    • Límite: 16.200 €
  • Enxoval rehabilitación
    • 100% gastos de reposición
    • Límite: 7.600 €
  • Axuda complementaria
    • Formalización de acordos/convenios con outras administracións ou organizacións

Segundas residencias

  • Ruína
    • Valor catastral/100% v. rehabilitación
    • Límite: 66.000 €
  • Rehabilitación
    • 100% v. rehabilitación
    • Límite: 66.000 €
  • Enxoval ruína
    • 50% g. reposición
    • Límite: 5.400 €
  • Enxoval rehabilitación
    • 50% g. reposición
    • Límite: 3.300 €
  • Axuda complementaria
    • Acceso ao Bono alugueiro social
    • Ata 100% renda alugueiro + complementaria 600 €

INFORMACIÓN SOBRE A TRIBUTACIÓN DAS AXUDAS DO PROGRAMA DE INCENDIOS

Para os efectos destas axudas, non se integrarán na base impoñible do IRPF, as rendas positivas que se poñan de manifesto como consecuencia da percepción de axudas públicas que teñan por obxecto reparar a destrución, por incendio, inundación, afundimento, erupción volcánica ou outras causas naturais, de elementos patrimoniais (1).


(1) Disposición adicional quinta da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e de modificación parcial das leis dos Impostos sobre Sociedades, sobre a Renda dos non Residentes e sobre o Patrimonio.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN413C

Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Aberto todo o ano

VI408P

Cualificación definitiva para participar no Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2023 00:00 - 28/11/2025 23:59

VI409B

Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano