Guía de procedementos e servizos

UR305A

Alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Comunicación de alegacións a instrumentos de planeamento urbanístico en tramitación promovidos pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Instrumentos como: Plans básicos municipais, Plans parciais ou plans especiais, Estudos de detalle, así como as modificacións puntuais destes instrumentos.

A estimación ou desestimación das alegacións presentadas non será notificada de xeito individualizado, senón que se responderán no documento do plan que se aprobe definitivamente, nun anexo á memoria específico.

Por protección de datos persoais, en dito anexo non se identificará á persoa alegante, senón que se indicarán os datos catastrais dos terreos obxecto de alegación, no seu caso, así como un resumo da alegación, se o seu resultado foi estimatorio, estimatorio de xeito parcial ou desestimatorio e a xustificación desta decisión.

Empresas, asociacións, organizacións ou entidades, cidadanía, Administracións e empregados públicos

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Dirección Xeral de Urbanismo

San Caetano, edificio núm. 5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544356

Fax: 981544343

Email: sxurb@xunta.gal

https://territorioeurbanismo.xunta.gal

Subdirección Xeral de Urbanismo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo XI, procedemento UR305A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuaria/o clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

  • Solicitude segundo o anexo XI

  • Escrito de alegacións

  • No seu caso, documentación gráfica que se estime oportuna

  • Outra documentación (especificar)

  • No caso dunha pluralidade de interesados de contido e fundamento idéntico ou substancialmente similar, formulario xenérico da Sede electrónica da Xunta de Galicia, denominado “Pluralidade de persoas interesadas”

Comprobación de datos

Consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

  • NIF da entidade representante

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude poderán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, e no caso das persoas non obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizar estes trámites de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)

    • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213, do 9 de novembro de 2016)

    • Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia (DOG nº 162, do 27 de agosto de 2018)

    • Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro de 2019)

    • Resolución do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproban os formularios normalizados de determinados procedementos administrativos que se tramitan para a aprobación de instrumentos de planeamento urbanísticos, así como para a súa avaliación ambiental estratéxica (DOG nº 100 do 1 de xuño de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (BOE nº 261, de 31 de outubro de 2015)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MT101A

Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT101D

Resolución de instrumentos de planeamento urbanístico. Aprobación definitiva

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT101E

Trámite posterior á aprobación inicial do planeamento xeral

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT105B

Autorización autonómica de usos en solo rústico, previa á obtención do título habilitante municipal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano