Guía de procedementos e servizos

UR304A

Declaración de procedencia para a ordenación urbanística que afecte a varios municipios

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Solicitude de declaración de procedencia para a ordenación urbanística que afecte a varios municipios, para lograr unha ordenación conxunta a través dun plan xeral de ordenación municipal ou dos seus instrumentos urbanísticos de desenvolvemento.

Entidades locais

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Dirección Xeral de Urbanismo

San Caetano, edificio núm. 5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544356

Fax: 981544343

Email: sxurb@xunta.gal

https://territorioeurbanismo.xunta.gal

Subdirección Xeral de Urbanismo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Solicitudes

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo X , procedemento UR304A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuaria/o clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

  • Solicitude segundo o anexo X

  • No caso dunha pluralidade de interesados, formulario xenérico da Sede electrónica da Xunta de Galicia, denominado “Pluralidade de persoas interesadas”

  • Outra documentación (especificar)

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as entidades locais interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)

    • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213, do 9 de novembro de 2016)

    • Resolución do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproban os formularios normalizados de determinados procedementos administrativos que se tramitan para a aprobación de instrumentos de planeamento urbanísticos, así como para a súa avaliación ambiental estratéxica (DOG nº 100 do 1 de xuño de 2026).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (BOE nº 261, de 31 de outubro de 2015)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MT101A

Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT500A

Inscrición no rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT500B

Modificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MT500C

Certificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano