Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
UR302A
Tramitación de plan parcial ou plan especial e da súa avaliación ambiental estratéxica ordinaria
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Solicitude de inicio da tramitación urbanística e da avaliación ambiental estratéxica ordinaria de plans parciais ou de plans especiais.
Os plans parciais terán por obxecto regular a urbanización e a edificación do solo urbanizable, desenvolvendo o plan xeral mediante a ordenación detallada dun sector.
Os plans especiais poderán formularse coa finalidade de protexer ámbitos singulares, levar a cabo operacións de reforma interior, prever dotacións urbanísticas e protexer, rehabilitar e mellorar o medio rural. Na ausencia de planeamento xeral, ou cando este non conteña as previsións detalladas oportunas, poderán aprobarse plans especiais unicamente coa finalidade de protexer ámbitos singulares, rehabilitar e mellorar o medio rural ou establecer dotacións urbanísticas, sempre que estas determinacións non exixan a previa definición dun modelo territorial. Así mesmo, nos concellos sen planeamento xeral ou que conten cun plan básico municipal, poderán formularse plans especiais que teñan por obxecto crear solo urbano con destino a usos industriais ou terciarios, a equipamentos públicos ou á construción de vivendas de promoción pública.
Entidades locais
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Dirección Xeral de Urbanismo
Subdirección Xeral de Urbanismo
San Caetano, edificio núm. 5
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544355
Fax: 981544343
Email: sxurb@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Servizo de Urbanismo de Pontevedra
Avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805603
Fax: 986805661
Email: urbanismo.cmati.pontevedra@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Servizo de Urbanismo de Lugo
Avenida Ramón Ferreiro, núm. 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294396
Fax: 982294422
Email: urbanismo.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Servizo de Urbanismo da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, núm. 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184851
Fax: 981182255
Email: urbanismo.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Servizo de Urbanismo de Ourense
Praza Eduardo Barreiros, núm. 12 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687326
Fax: 988687338
Email: urbanismo.ourense@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitudes
As solicitudes presentarase por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo VI, procedemento UR302A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación para a presentación
Solicitude segundo o anexo VI
Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).
Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.
Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.
Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia:
https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico
Documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE Ordinaria) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
Información dos servizos técnicos municipais e das empresas subministradoras e/ou distribuidoras sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos, ao abeiro do artigo 185.2 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.
Outra documentación (especificar)
Trámites posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades locais interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
A tramitación dos plans parciais e plans especiais sometidos a avaliación ambiental estratéxica ordinaria, consta de varias fases nas que intervén a administración autonómica, polo que non existe un prazo de resolución global para a totalidade da tramitación do instrumento.
O procedemento atópase regulado nos artigos 74 e 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 186 e 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.
Sentido do silencio:
A tramitación dos plans parciais e plans especiais sometidos a avaliación ambiental estratéxica ordinaria, consta de varias fases nas que intervén a administración autonómica, polo que non existe un sentido do silencio para a totalidade da tramitación do instrumento.
O procedemento atópase regulado nos artigos 74 e 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 186 e 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)
-
Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213, do 9 de novembro de 2016)
-
Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro de 2019)
-
Resolución do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproban os formularios normalizados de determinados procedementos administrativos que se tramitan para a aprobación de instrumentos de planeamento urbanísticos, así como para a súa avaliación ambiental estratéxica (DOG nº 100 do 1 de xuño de 2026).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296 de 11 de decembro de 2013).
-
Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (BOE nº 261, de 31 de outubro de 2015)
-
Outros procedementos relacionados
Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia
Aberto todo o ano
Modificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.
Aberto todo o ano
Certificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano