Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
UR301A
Modificación puntual de planeamento xeral que non ten por obxecto a delimitación de solos de núcleo rural, e da súa avaliación ambiental estratéxica
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Solicitude de inicio da tramitación urbanística e da avaliación ambiental estratéxica de modificación puntual substancial de planeamento xeral, salvo para as modificacións puntuais que teñan por obxecto a delimitación do solo de núcleo rural de acordo co establecido nos artigos 83.7 e 23 da Lei 2/2016 do solo de Galicia (formulario UR301B).
Calquera modificación do planeamento urbanístico deberá fundamentarse en razóns de interese público debidamente xustificadas.
A alteración das determinacións do planeamento xeral considérase unha modificación puntual sempre que non supoña unha revisión do planeamento xeral pola adopción de novos criterios respecto da estrutura xeral e orgánica do territorio ou da clasificación do solo, motivada pola elección dun modelo territorial distinto, pola aparición de causas sobrevidas, de carácter demográfico ou económico, que incidan substancialmente sobre a ordenación, ou polo esgotamento da súa capacidade.
Entidades locais.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Dirección Xeral de Urbanismo
Subdirección Xeral de Urbanismo
San Caetano, edificio núm. 5
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 544 355
Fax: 981 544 343
Email: sxurb@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Servizo de Urbanismo da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, núm. 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981 184 851
Fax: 981 182 255
Email: urbanismo.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Servizo de Urbanismo de Lugo
Avenida Ramón Ferreiro, núm. 28
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982 294 396
Fax: 982 294 422
Email: urbanismo.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Servizo de Urbanismo de Ourense
Praza Eduardo Barreiros, núm. 12 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988 687 326
Fax: 988 687 338
Email: urbanismo.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Servizo de Urbanismo de Pontevedra
Avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986 805 603
Fax: 986 805 661
Email: urbanismo.cmati.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Solicitudes
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo III, procedemento UR301A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuaria/o clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación para a presentación
Solicitude segundo o anexo III
Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).
Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.
Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.
Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia:
https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico
Documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE Ordinaria) ou 29.1 (AAE Simplificada) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
Información das empresas ou entidades titulares dos sistemas de infraestruturas de servizos, ao abeiro do artigo 144.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.
Outra documentación (especificar)
Trámites posteriores á presentación das solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades locais interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
A tramitación da modificación puntual do planeamento xeral consta de varias fases nas que intervén a administración autonómica, polo que non existe un prazo de resolución global para a totalidade da tramitación do instrumento.
O procedemento atópase regulado no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.
Sentido do silencio:
A tramitación da modificación puntual do planeamento xeral consta de varias fases nas que intervén a administración autonómica, polo que non existe un sentido do silencio para a totalidade da tramitación do instrumento.
O procedemento atópase regulado no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)
-
Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213, do 9 de novembro de 2016)
-
Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro de 2019)
-
Resolución do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproban os formularios normalizados de determinados procedementos administrativos que se tramitan para a aprobación de instrumentos de planeamento urbanísticos, así como para a súa avaliación ambiental estratéxica (DOG nº 100 do 1 de xuño de 2026).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296 de 11 de decembro de 2013).
-
Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (BOE nº 261, de 31 de outubro de 2015)
-
Outros procedementos relacionados
Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico
Aberto todo o ano
Inscrición no rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia
Aberto todo o ano
Modificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.
Aberto todo o ano
Certificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano