Guía de procedementos e servizos

UR300B

Tramitación de plan xeral de ordenación municipal e da súa avaliación ambiental estratéxica

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Sobre o procedemento

Solicitude de inicio da tramitación urbanística e da avaliación ambiental estratéxica do plan xeral de ordenación municipal do Concello.

O plan xeral de ordenación municipal é un instrumento de planeamento urbanístico previsto e regulado na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, para a ordenación integral dun ou varios termos municipais completos, e será formulado polos concellos respectivos.

No caso de querer ordenar máis dun termo municipal, previamente haberá que solicitar á consellería competente en materia de urbanismo a declaración de procedencia para a súa ordenación conxunta.

Entidades locais.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Dirección Xeral de Urbanismo

Subdirección Xeral de Urbanismo

San Caetano, edificio núm. 5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 544 355

Fax: 981 544 343

Email: sxurb@xunta.gal

https://territorioeurbanismo.xunta.gal

Subdirección Xeral de Urbanismo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Solicitudes

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo II, procedemento UR300B) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuaria/o clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación

  • Solicitude segundo o anexo II

  • Borrador do documento de planeamento en formato dixital non editable (PDF).

  • Borrador do documento de planeamento en formato dixital editable.

  • Pegadas dixitais do documento de planeamento nos seus dous formatos.

  • Declaración responsable segundo o modelo do anexo 9 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que se pode descargar no Portal Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia: https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/normativa/normas-tecnicas-de-planeamento-urbanistico

  • Documento ambiental estratéxico co contido mínimo que sinala o artigo 18.1 (AAE Ordinaria) da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, que irá incluído na estrutura de carpetas do documento de planeamento urbanístico segundo o regulado no anexo 4 das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

  • Información das empresas ou entidades titulares dos sistemas de infraestruturas de servizos, ao abeiro do artigo 144.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

  • Outra documentación (especificar)

Trámites posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades locais interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Despois de presentar

    Prazo de resolución:

    A tramitación do plan xeral de ordenación municipal consta de varias fases nas que intervén a administración autonómica, polo que non existe un prazo de resolución global para a totalidade da tramitación do instrumento.

    O procedemento atópase regulado no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

    Sentido do silencio:

    A tramitación do plan xeral de ordenación municipal consta de varias fases nas que intervén a administración autonómica, polo que non existe un sentido do silencio global para a totalidade da tramitación do instrumento.

    O procedemento atópase regulado no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 144 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    Normativa
    • Ámbito Autonómico
      • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2016)

      • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (DOG nº 213, do 9 de novembro de 2016)

      • Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (DOG nº 224, do 25 de novembro de 2019)

      • Resolución do 13 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se aproban os formularios normalizados de determinados procedementos administrativos que se tramitan para a aprobación de instrumentos de planeamento urbanísticos, así como para a súa avaliación ambiental estratéxica (DOG nº 100 do 1 de xuño de 2026).

    • Ámbito Estatal
      • Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296 de 11 de decembro de 2013).

      • Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana (BOE nº 261, de 31 de outubro de 2015)

    Descargar o contido desta ficha en formato PDF

    Outros procedementos relacionados

    MT101A

    Informe previo á aprobación definitiva de instrumentos de planeamento urbanístico

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MT500A

    Inscrición no rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MT500B

    Modificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    MT500C

    Certificación de datos do rexistro de ordenación do territorio e planeamento urbanístico de Galicia.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano