Guía de procedementos e servizos

TU985A

Adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 03/07/2020 00:00 - 31/05/2021 23:59

Presidencia da Xunta de Galicia

O obxecto desta resolución é establecer o procedemento e as condicións que deben reunir os establecementos turísticos e as axencias de viaxes para a participar no programa Bono Turístico.

O Bono Turístico é una tarxeta de prepagamento que se entregará ás persoas beneficiarias que voluntariamente o soliciten e se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, e que terá unha vixencia comprendida entre a data de entrega da tarxeta prepago pola entidade bancaria colaboradora aos beneficiarios do programa e o 13 de decembro de 2020. Poderá ser empregado nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes, así como nos seus servizos asociados, que se adhiran ao programa a través da presente convocatoria.

Duración da prestación

Os servizos, actividades ou produtos turísticos poden prestarse desde o día da entrega pola entidade colaboradora da tarxeta prepago aos beneficiarios e ata o 13 de decembro de 2020, no que este programa quedará extinguido.

Empresas turísticas

Obrigas dos solicitantes

Os solicitantes obríganse ao cumprimento das seguintes condicións na prestación dos servizos ou produtos:

• Cumprimento das medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais establecidas pola autoridade sanitaria, laboral ou turística para a prevención de contaxios derivados da COVID-19.

• Dispor dunha terminal de punto de venda (TPV) para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turística a través da tarxeta moedeiro Bono Turístico #QuedamosenGalicia. Para os efectos da validación da TPV, o establecemento adherido deberá facilitar o número/s de comercio de que dispoña á entidade bancaria.

• Dispor dun desconto mínimo do 15 % sobre o prezo ordinario do servicio. Non obstante, o establecemento adherido poderá optar por entregar ao beneficiario do servizo, actividade ou produto turístico un agasallo ou servizo complementario, polo valor equivalente ao dito 15 %.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa

Área de Apoio Xurídico e Lexislativo

Estrada Santiago-Noia km. 3, A Barcia

Teléfono: 981546420

Email: xuridico.turismo@xunta.gal

Axencia Turismo de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

03/07/2020 00:00 - 31/05/2021 23:59

O prazo de presentación das solicitudes de adhesión das empresas turísticas estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata a finalización do programa, o 13 de decembro de 2020.

- Amplíase o prazo de presentación das solicitudes de adhesión das empresas turísticas ata o 31 de maio de 2021, data da finalización do programa, según Resolución publicada no DOG do 23 de novembro de 2020.

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Todas estas empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria e dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

- As solicitudes axustaranse ao modelo do anexo I e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- Ademais da solicitude de participación, sinalada nos apartados anteriores, as empresas que presenten deberán rexistrarse na plataforma Turespazo, no caso que non o estean, https://turespazo.turismo.gal para presentar as súas ofertas específicas de:

– Aloxamentos/servizos ou produtos específicos que se oferten para a promoción do programa.

– Paquetes turísticos, no caso das axencias de viaxe.

Ditas ofertas e paquetes aparecerán na web de Turismo de Galicia nun lugar destacado so para coñecemento dos beneficiarios do programa.

O Clúster de Turismo colaborará coa Axencia Turismo de Galicia nas relacións coas empresas que soliciten á adhesión ao programa no seu asesoramento e resolución de dúbidas na operativa do programa.

Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de xuño de 2020 pola que se determinan as condicións de adhesión das empresas turísticas ao programa Bono Turístico #QuedamosenGalicia e se abre o prazo para a presentación das solicitudes de participación (DOG nº 130 do 2 de xullo de 2020).

    • Resolución do 20 de novembro de 2020 pola que se amplían os prazos de duración do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia e de presentación de solicitudes (códigos de procedemento TU985A e TU985B).(DOG núm. 236 do 23 de novembro de 2020).

    • Extracto da Resolución do 20 de novembro de 2020 pola que se amplían os prazos de duración do programa Bono turístico #QuedamosenGalicia e de presentación de solicitudes (códigos de procedemento TU985A e TU985B).(DOG núm. 236 do 23 de novembro de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504B

Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303B

Autorización modificación de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano