Guía de procedementos e servizos

TU984Z

Inicio de actividade de vivendas turísticas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Presidencia da Xunta de Galicia

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O/a empresario/a turístico/a que pretenda desenvolver a actividade de aloxamento turístico nas modalidades de vivendas turísticas, deberá presentar ante a Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia na que radique o establecemento, unha declaración responsable, na que manifeste o cumprimento dos requisitos previstos na normativa turística para a clasificación pretendida e o compromiso de mantelos durante o tempo de vixencia da actividade, mediante o modelo normalizado previsto no anexo IV.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184674/ 981184681

Fax: 981184678

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294220/ 982294227

Fax: 982889053

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Ourense

Avenida da Habana nº 81

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386043/ 988386035

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Área Provincial de Turismo de Pontevedra

María Victoria Moreno 43 – 6º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805553

Fax: 986805575

Axencia Turismo de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos 3 meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 10 de maio de 2017.

Cumprir os requisitos establecidos pola normativa vixente.

  • Clasificación e calquera tipo de cambio ou reforma substancial respecto das condicións nas que fose outorgada a clasificación de establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, vivendas de uso turístico, albergues turísticos e turismo rural. ( 31.19.01)
  • Venda de libros oficiais de Levanza Obrigatoria que non teñan tarifa específica. ( 33.01.00)
  • Dilixenciado de libros. ( 30.01.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Declaración responsable segundo o Anexo IV.

  • Memoria que describa e xustifique os requisitos recollidos no decreto referidos a superficies, infraestruturas e servizos mínimos, así como planos acoutados a escala mínima de 1:100 da distribución de plantas e de sección.

  • Solicitude de dispensa de conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, se é o caso, e documentación acreditativa para o efecto.

  • Acreditación do pagamento das taxas correspondentes.

  • As declaracións reponsables presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 29 do 10 de febreiro de 2017).

    • Instrución interpretativa 1/2017, do 9 de maio, para a aplicación do Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 89 do 10 de maio de 2017).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano