Guía de procedementos e servizos

TU981C

Bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación da Axencia Turismo de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria anos 2025 a 2027 - Prazo pechado: 15/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59

Presidencia da Xunta de Galicia

A convocatoria de dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:

a) Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.

b) Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.

O lugar de realización das prácticas tuteladas será na sede da área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia (estrada Santiago - Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela).

1. Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:

a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea.

b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dunha titulación superior (calquera). A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao rematar o prazo de presentación de solicitudes e ter rematados os estudos conducentes a el no ano 2020 ou posterior.

c) Idiomas: todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente. Só se concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.

d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para desempregados.

e) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.

f) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención das axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias delas en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que foran adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciaran a elas durante o seu desenvolvemento.

Xunta de Galicia

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

Dirección de Competitividade

Área de Estudos e Investigación

A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3

15897  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995429

Email: estudos.turismo@xunta.gal

http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios

Axencia Turismo de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

15/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para estes efectos, enténdese que queda acreditado que as persoas solicitantes gozan do acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios por razón da súa capacidade técnica e dedicación profesional en virtude do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o/a interesado/a para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistido/a da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que a persoa solicitante actuase por medio de representante, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito. Na sede electrónica está dispoñible un modelo xenérico de representación.

4. A persoa solicitante deberá declarar responsablemente, tal e como consta no anexo II:

a) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

b) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

c) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.

f) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 18 das bases reguladoras.

g) Que non ten ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria ou percepción de prestación por desemprego no momento da incorporación á bolsa.

h) Que non foi beneficiaria desta mesma bolsa de formación en edicións anteriores nin renunciou a ela con posterioridade á súa aceptación.

i) Se, en relación con outras axudas ou bolsas, se solicitou ou non, ou se recibiu ou non, outra/s axuda/s ou bolsa/s, para o mesmo período, procedentes das administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:

a) Xustificante de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios e certificación académica completa, de ser o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española e produza plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.

b) Xustificante de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos non universitarios e certificación académica completa, de ser o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española e produza plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.

c) Relación de méritos segundo o anexo V.

En ningún caso se achegará documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración. Non serán computables aqueles méritos que non estean convenientemente xustificados.

d) Documentos acreditativos de todos os méritos alegados.

e) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido polo centro educativo correspondente.

f) Copia dos contratos de traballo.

g) Informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia electrónica presentada, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da devandita copia.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

d) Título oficial universitario.

e) Título oficial non universitario.

f) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) para a solicitude de axudas e subvencións.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

i) Certificado de estar ao día no pagamento coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) para percibir axudas ou subvencións.

j) Certificado do importe da prestación por desemprego percibida na data actual.

k) Certificado de situación actual de desemprego.

l) Certificado da condición de bolseiro.

m) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.

n) Certificado de concesión de subvencións e axudas.

ñ) Certificado de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 a 2027 (DOG nº 91 do 14 de maio de 2025).

    • Extracto da Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 a 2027 (DOG nº 91 do 14 de maio de 2025).

Outros procedementos relacionados

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303B

Autorización modificación de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR303C

Cancelación da inscrición de sala de bingo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano