Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU981A
Bolsas de formación práctica en oficinas de información turística da Axencia de Turismo de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Presidencia da Xunta de Galicia
A convocatoria de catorce (14) bolsas de formación práctica especializada, en réxime de concorrencia competitiva, nas oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia de Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma:
2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa do Vilar)
2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (rúa Carretas)
2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña
2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra
2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo
2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo
2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense
1. Poden solicitar a concesión das bolsas as persoas que reúnan os seguintes requisitos no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes.
a) Nacionalidade: ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea.
b) Titulación: estar en posesión, antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes, dalgún dos seguintes títulos:
Grao en Turismo
Técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas
Técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2021.
c) Idiomas:
c.1) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente. Só se lles concederá validez ás titulacións ou cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
c.2) Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco común europeo de referencia para as linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha proba oral para a comprobación do nivel de idioma.
2. En ningún caso poderán ser persoas beneficiarias desta bolsa aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias dela en edicións anteriores. Quedarán tamén excluídas da convocatoria aquelas persoas solicitantes que fosen adxudicatarias das bolsas en edicións anteriores e que renunciasen a elas durante o seu desenvolvemento.
3. As persoas beneficiarias non poderán desfrutar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para persoas desempregadas, no momento da incorporación.
4. As persoas beneficiarias non poderán ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego no momento da incorporación.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995263
Email: competitividade.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
12/05/2026 00:00 - 11/06/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para estes efectos, enténdese que queda acreditado que as persoas solicitantes dispoñen do acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios por razón da súa capacidade técnica e dedicación profesional en virtude do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de cinco días, e indicaralle que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3.No caso de que a persoa solicitante actúe por medio de representante, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito. Na sede electrónica está dispoñible un modelo xenérico de representación.
4. As persoas ou entidades solicitantes deberán declarar responsablemente, tal e como consta no anexo II:
a) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
b) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular a normativa en materia de subvencións.
e) Que se compromete a cumprir as obrigas e os requisitos que se sinalan no artigo 16 das bases reguladoras.
f) Que non ten ingresos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria, ou percepción de prestación por desemprego no momento da incorporación á bolsa.
g) Que non foi beneficiaria desta mesma bolsa de formación en edicións anteriores nin renunciou a ela con posterioridade á súa aceptación.
h) Que se compromete a comunicar inmediatamente cantas bolsas e axudas solicite e/ou obteña doutras administracións ou doutros entes públicos nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación, segundo o modelo do anexo II:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa ou entidade que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos universitarios e certificación académica completa, de ser o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro, será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.
c) Certificación de pagamento dos dereitos de expedición dos títulos non universitarios e certificación académica completa, se for o caso. No caso de presentar título académico estranxeiro, será preciso que estea debidamente validado pola Administración educativa española.
d) Declaración da orde de preferencia de destino das bolsas de oficinas de información turística segundo o anexo III.
e) Relación de méritos segundo o anexo V.
Non se achegará en ningún caso documentación relativa a méritos non susceptibles de valoración. Non serán computables aqueles méritos que non estean convenientemente xustificados.
f) Documentos acreditativos computables dos méritos alegados.
g) Títulos acreditativos do nivel de idiomas.
h) Certificado do Celga 4 ou equivalente, só no caso de que a persoa interesada conte con un que non fose expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada nos supostos en que o consentimento sexa un requisito legal.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Título oficial universitario.
e) Título oficial non universitario.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal da Administración Tributaria.
g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas á Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
i) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
j) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións.
k) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 86 do 11 de Maio de 2026).
-
Extracto da Resolución do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de catorce bolsas de formación práctica nas oficinas de información turística dependentes desta axencia, e se convocan para o ano 2026 (DOG nº 86 do 11 de Maio de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Certificación persoal na manipulación de gases fluorados
Aberto todo o ano