Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU951B - Recoñecemento de cualificacións profesionais.
O obxecto deste decreto é a regulación da profesión de guía de turismo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Instrución e resolución sobre recoñecemento de cualificacións profesionais.
1. A instrución do expediente de recoñecemento da cualificación profesional corresponde á Dirección de Competitividade da Axencia Turismo de Galicia, a cal procederá á cualificación xurídica da documentación presentada para determinar a súa validez e comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos para o recoñecemento.
2. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, daráselle trámite de audiencia á persoa interesada, de conformidade co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
a) Recoñecer as cualificaciones profesionais e habilitación como guía de turismo á persoa solicitante, se se estimar que a formación ou experiencia do peticionario cobre os contidos formativos exixidos, segundo se establece no Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro.
b) Exixir as medidas compensatorias, se se estimar que a formación ou experiencia da persoa peticionaria non cobre os contidos formativos exixidos. Na proposta determinaranse os contidos que se deberán acreditar mediante a superación dunha proba de aptitude ou a realización dun período de prácticas.
c) Desestimar a solicitude, se se considerar que non se cumpren os requisitos previstos nesta norma.
4. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia deberá ditar e notificar a correspondente resolución sobre recoñecemento da cualificación profesional no prazo máximo de catro meses computados desde que a solicitude tivo entrada no órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o devandito prazo sen que se tivese notificado a citada resolución, entenderase estimada a solicitude de recoñecemento para exercer a actividade de guía de turismo en Galicia.
5. Se a resolución establece a necesidade de medidas compensatorias, deberá motivarse a necesidade destas medidas e recoller a lista de materias sinaladas no artigo 11.2, sobre as cales versarán a proba ou as prácticas, e que non se consideren cubertas polo certificado de competencia, título de formación presentado pola persoa solicitante ou pola súa experiencia profesional.
Elección da medida compensatoria no procedemento de recoñecemento.
1. Cando a resolución determine a exixencia de medidas compensatorias, a persoa interesada poderá optar entre a realización dunha proba de aptitude ou a realización de prácticas tuteladas.
2. A persoa solicitante deberá comunicar, no prazo de 15 días, a súa decisión á Dirección da Axencia Turismo de Galicia, que adoptará as medidas encamiñadas á efectividade da opción.
Proba de aptitude.
1. A proba de aptitude estará formada por preguntas tipo test, preguntas breves e preguntas de desenvolvemento, que versarán sobre cuestións teóricas e prácticas.
2. Por resolución da Dirección da Axencia Turismo de Galicia establecerase o lugar e data de celebración da proba.
3. Para a realización das probas e a avaliación do seu resultado constituirase una comisión de valoración formada por un número impar de membros nomeados pola Dirección da Axencia Turismo de Galicia entre persoas con coñecementos nas materias obxecto das probas.
O funcionamento da comisión de valoración rexerase polo previsto para os órganos colexiados no título I, capítulo I, sección 3ª, da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no título II, capítulo II, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
4. A persoa aspirante será cualificada como apta ou non apta. A comisión de avaliación formulará proposta de recoñecemento das cualificacións profesionais dos/as aspirantes declarados/as aptos/as.
5. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditará e notificará a correspondente resolución no prazo de dez días contados desde que se formule a proposta de recoñecemento das cualificacións pola comisión de avaliación.
Guías de Turismo.
Considéranse guías de turismo os/as profesionais que, debidamente habilitados/as, prestan de xeito habitual e retribuído servizos de asistencia, acompañamento e información en materia cultural, artística, histórica e xeográfica aos/ás usuarios/as turísticos/as nas súas visitas a museos e demais bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.
Non teñen a consideración de actividades profesionais propias dos/as guías de turismo as seguintes:
a) Os servizos de mero acompañamento e asistencia proporcionada a grupos de usuarios/as turísticos/as fóra dos lugares comprendidos no artigo 2.
c) As realizadas polos/as empregados/as de museos ou monumentos histórico-artísticos que no seu interior faciliten información sobre estes aos/ás visitantes, sen percibir retribución por este concepto e sen que ofrezan os seus servizos mediante anuncio ou publicidade.
1. De conformidade coas previsións do artigo 21 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, poderán acceder á habilitación de guía de turismo da Comunidade Autónoma de Galicia mediante o recoñecemento das súas cualificacións profesionais e nas mesmas condicións que as persoas que obteñan as habilitacións previstas na sección anterior os/as nacionais dos Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo que:
a) Posúan o certificado de competencias ou o título de formación exixidos por outro Estado membro para acceder a esa mesma profesión no seu territorio ou exercela nel, ou
b) Exercesen a tempo completo a profesión durante dous anos, no transcurso dos dez anos anteriores, noutro Estado membro en que a dita profesión non se atope regulada, sempre que estean en posesión dun ou varios certificados de competencia ou dun ou varios títulos de formación. Os dous anos de experiencia non poderán exixirse cando o solicitante acredite unha cualificación profesional adquirida a través da superación dunha formación regulada das definidas no artigo 8 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, e que corresponda aos niveis de cualificación previstos nos números 2, 3, 4 e 5 do artigo 19 do mesmo real decreto.
2. Os certificados de competencia ou títulos de formación deberán:
a) Ter sido expedidos por unha autoridade competente dun Estado membro, designada conforme as disposicións legais, regulamentarias ou administrativas do devandito Estado.
b) Acreditar un nivel de cualificación profesional equivalente, como mínimo, ao nivel inmediatamente anterior ao establecido no artigo 19.3 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro.
c) Acreditar a preparación do/a titular para o exercicio da profesión de guía de turismo.
3. Segundo o establecido no artigo 71 do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, as persoas beneficiarias do recoñecemento das súas cualificacións profesionais deberán posuír os coñecementos lingüísticos dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega. Estes coñecementos deberán acreditarse mediante proba de aptitude ou, se for o caso, segundo se dispón nos números 2 e 3 do artigo 12.
4. A habilitación de guía de turismo expedirase nos idiomas estranxeiros que se acrediten de conformidade co disposto no artigo 12.1.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546360
Fax: 981546371
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia (DOG nº 92 do 19 de maio de 2015).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- A presentación das solicitudes, que se axustarán ao modelo que figura como anexo II (TU951B), deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es ), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. - Á solicitude debidamente cuberta xuntaráselle a seguinte documentación e información:
- a) Documentación acreditativa da nacionalidade da persoa interesada.
- b) Copia autenticada do certificado de competencias ou título de formación exixido para o acceso á profesión de guía de turismo no Estado membro de orixe da Unión Europea ou signatario do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como, se e o caso, certificado da experiencia profesional da persoa interesada.
Para a acreditación da experiencia profesional exixirase, en todo caso, a presentación de documento oficial emitido por unha autoridade competente do Estado de orixe que certifique o exercicio da profesión. - c) Se for o caso, documentación acreditativa do coñecemento do castelán e do galego, falado e escrito, e do idioma estranxeiro.
- d) Unha fotografía tamaño carne.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"