Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU951A - Habilitación directa como guía de turismo de Galicia e ampliación de idiomas.
O obxecto deste decreto é a regulación da profesión de guía de turismo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para o exercicio da profesión de guía de turismo é imprescindible contar coa correspondente habilitación expedida pola Axencia Turismo de Galicia, de acordo cos requisitos e procedemento regulados neste capítulo, sen prexuízo do establecido no artigo 9 e no capítulo III deste Decreto.
Convocatoria das probas de habilitación.
1. A Dirección da Axencia Turismo de Galicia convocará periodicamente as probas para obter a habilitación de guías de turismo.
2. Nesa convocatoria determinaranse os requisitos que deben reunir os/as interesados/as recollidos no artigo 5.2, modelo da solicitude de participación e taxas correspondentes, forma e prazo de presentación da solicitude, documentación que deben presentar para poderen participar nas probas e, se for o caso, a documentación que exima da realización das probas de idiomas consonte o disposto no artigo 12, a composición do tribunal cualificador, o procedemento selectivo que se vai seguir, o taboleiro de anuncios ou medios de comunicación en que se practicarán as sucesivas comunicacións aos solicitantes e calquera outra circunstancia que se considere necesaria.
Programa das probas.
1. O programa que rexerá as probas publicarase, xunto coa convocatoria dos correspondentes exames, mediante resolución da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.
2. As probas versarán, polo menos, sobre os seguintes temas:
a) Xestión, asesoramento e asistencia a grupos turísticos, preparación e desenvolvemento de itinerarios turísticos.
b) Coñecementos histórico-artísticos, xeográficos, culturais e ambientais do Estado español e, en especial, de Galicia.
c) Coñecementos normativos e socioeconómicos do Estado español e, en especial, da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Módulo de coñecemento de idiomas, acreditando o dominio das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e, como mínimo, dun idioma estranxeiro dos que se determinen na resolución de convocatoria.
3. En ningún caso se establecerá un número máximo de habilitacións que se poidan outorgar nin se condicionará o resultado dos exames ao número global de guías habilitados/as.
Prazos de Resolucións do procedemento.
- Resolución do Procedemento de habilitación por superación de probas específicas.
1. Celebradas as probas e despois da proposta do tribunal cualificador, a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditará resolución pola que se habiliten como guías de turismo as/os aspirantes que superasen as probas, que será publicada no Diario Oficial de Galicia.
2. O prazo de resolución do procedemento será de 6 meses desde a data de convocatoria das probas.
3. Transcorrido o dito prazo sen que se dite e publique resolución expresa, as/os interesadas/os poderán entender desestimada a súa solicitude de habilitación.
- Resolución do Procedemento de habilitación directa.
1. Verificada a documentación e acreditados os requisitos indicados, a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditará e notificará a resolución de habilitación, no prazo máximo de 3 meses contados desde a data de presentación da solicitude conforme o establecido no número 3 do artigo 15.
2. Transcorrido o dito prazo, o/a interesado/a poderá entender estimada a súa solicitude e reclamar a expedición do carné acreditativo da habilitación.
3. Se a resolución for denegatoria, deberá ser motivada e poderá ser impugnada nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Guías de Turismo.
Considéranse guías de turismo os/as profesionais que, debidamente habilitados/as, prestan de xeito habitual e retribuído servizos de asistencia, acompañamento e información en materia cultural, artística, histórica e xeográfica aos/ás usuarios/as turísticos/as nas súas visitas a museos e demais bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.
Non teñen a consideración de actividades profesionais propias dos/as guías de turismo as seguintes:
a) Os servizos de mero acompañamento e asistencia proporcionada a grupos de usuarios/as turísticos/as fóra dos lugares comprendidos no artigo 2.
c) As realizadas polos/as empregados/as de museos ou monumentos histórico-artísticos que no seu interior faciliten información sobre estes aos/ás visitantes, sen percibir retribución por este concepto e sen que ofrezan os seus servizos mediante anuncio ou publicidade.
- Requisitos para a obtención da habilitación por superación de probas específicas.
1. Poderá obter a habilitación como guía de turismo quen supere as probas de habilitación que convoque a Axencia Turismo de Galicia.
2. Poderán concorrer ás probas de habilitación de guías de turismo previstas no número anterior os/as que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos estados membros da Unión Europea, signatario do Acordo sobre Espazo Económico Europeo ou de calquera outro dos estados a que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores e traballadoras. Así mesmo, poderán participar nas probas os cidadáns estranxeiros con residencia legal en España.
c) Posuír algún dos seguintes títulos:
1º. Ciclo formativo de grao superior de formación profesional ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.
2º. Grado ou diplomatura universitaria ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.
3º. Máster oficial universitario, licenciatura ou equivalente ou homologado previamente pola autoridade competente na materia.
4º. Gran diploma de xestión e dirección de empresas hoteleiras.
5º. Diploma de xestión de empresas hoteleiras.
6º. Diploma superior en xestión hoteleira.
d) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física que poida ser incompatible coas funcións de guía de turismo.
e) Acreditar o dominio das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e dalgunha lingua estranxeira, salvo que se opte por realizar a correspondente proba de idiomas nos termos recollidos no artigo 11.
Non será precisa a acreditación da lingua oficial do país de orixe do/a solicitante.
- Requisitos para a obtención da habilitación directa.
Así mesmo, poderán acceder directamente á habilitación de guía de turismo nos idiomas oficiais do seu país de orixe e nos que acrediten os/as que, reunindo os requisitos previstos nas alíneas a), b), d) e e) do número 2 do artigo anterior, posúan algún dos seguintes títulos:
1º. Técnico superior en guía, información e asistencia turísticas ou equivalente ou homologado.
2º. Grao ou diplomatura en turismo ou equivalente ou homologado.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546360
Fax: 981546371
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
Decreto 73/2015, do 7 de maio, polo que se regula a profesión de guía de turismo de Galicia (DOG nº 92 do 19 de maio de 2015).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor aos vinte días naturais desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Expedición da habilitación de guía de turismo de galicia (Código taxa: 31.19.06)
- Renovación das habilitacións de guía de turismo de galicia (Código taxa: 31.19.08)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
- De conformidade co previsto no artigo 6, as persoas interesadas que reúnan os requisitos previstos nel, poderán solicitar en calquera momento a habilitación como guía de turismo, mediante solicitude axustada ao modelo que figura como anexo I (TU951A) dirixida á Axencia Turismo de Galicia, xunto co título academico, documentos acreditativos do coñecemento das linguas conforme o previsto no número 2, documento acreditativo de non padecer ningunha enfermidade nin limitación física que poida ser incompatible coas funcións de guía de turismo, consonte ao disposto na alínea e) do anexo VII do Real decreto 1837/2008, do 8 de novembro, e unha fotografía de tamaño carne.
- O coñecemento de idiomas estranxeiros acreditarase mediante certificación expedida polo organismo competente, dun nivel equivalente, como mínimo, ao nivel B2 (avanzado), segundo o previsto no Marco común europeo de referencia para as linguas.
O coñecemento de galego acreditarase mediante o certificado de coñecemento da lingua galega 4 (Celga 4), de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, a validación por este expedida pola autoridade competente ou a acreditación de estar en posesión dun dos certificados equivalentes a que fai referencia a disposición adicional segunda da citada orde.
O coñecemento do castelán acreditarase mediante o diploma de español de nivel, como mínimo B2, de conformidade co disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, que regula os diplomas de español como lingua estranxeira, ou equivalente, de conformidade co establecido nas disposicións adicionais segunda e cuarta do dito real decreto.
- A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es ), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase electronicamente nas condicións previstas no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada nas ditas condicións.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"