Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU503B - Subvencións para a mellora da competitividade dos establementos hoteleiros e de restauración.
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e as empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.
En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros recollidos no artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro dos grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento anteriores á dita data.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por entidade solicitante .
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante durante o ano 2021 con respecto aos conceptos seguintes:
• Gastos derivados da transformación dixital.
Consideraranse os conceptos de:
a) Gastos pola adquisición de equipamento informático, software e comunicacións.
b) Gastos derivados de asistencias en programación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de información.
c) Gastos derivados de asistencias para actividades de dixitalización (gastos de márketing dixital, publicidade en redes sociais, publicidade display, posicionamento en buscadores de email márketing, márketing dixital, plataformas de comercialización ou landing pages).
• Gastos derivados de mellora da imaxe da empresa e vinculación coa imaxe de Galicia e do Xacobeo.
a) Gastos e investimentos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais.
b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción en liña (xestión de contidos, xestión de redes sociais, social media, blogs, márketing dixital).
• Actuacións de mellora da accesibilidade nos establecementos: actuacións que permitan mellorar a accesibilidade e configurar unha oferta inclusiva para calquera colectivo.
a) Obras de reforma, acondicionamento, mellora das instalacións e actuacións dirixidas especificamente a mellorar a accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación física, psíquica ou sensorial, así como as destinadas á supresión de barreiras arquitectónicas e sensoriais do establecemento turístico.
b) Gastos e investimentos relacionados coa creación de produtos para a promoción de ofertas inclusivas.
• Desenvolvemento de actuacións que permitan melloras na sustentabilidade das actividades turísticas: estudo e definición de proxectos de investimento que melloren a sustentabilidade da empresa, creación de produtos sustentables, oferta baseada en km 0 ou posta en valor de recursos naturais e vinculados co territorio.
a) Gastos e investimentos relacionados cos investimentos que contribúan a favorecer o ambiente.
b) Gastos e investimentos relacionados coa promoción e a implementación de enerxías renovables.
c) Impulso da mobilidade eléctrica (puntos de recarga e renovación da flota).
• Gastos derivados da creación de produto e/ou comercialización do destino Galicia.
a) Gastos relacionados co deseño e elaboración de soportes de comunicación, xa sexan gráficos ou audiovisuais, tales como folletos, cartelería, flyers, bancos fotográficos, vídeos, spots... así como de elementos de promoción ( merchandising).
b) Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización da oferta turística.
c) Gastos relacionados coa promoción en liña, tales como actualizacións de páxinas web, landing pages, accións para a mellora do posicionamento en buscadores SEO, email marketing, marketing dixital, plataformas de comercialización, social media, blogs e redes sociais.
2. Non son gastos subvencionables aqueles conceptos que non estean directamente relacionados coa actuación subvencionable e, en ningún caso, os seguintes:
a) Adquisición de terreos, edificacións, locais e elementos de transporte.
b) Gastos correntes da empresa e a adquisición de material non inventariable, así como menaxe de cociña e comedor (vaixela, xogos de cubertos, cristalaría e pequenos utensilios), enxoval dos cuartos e baños, e adquisición de bens de embelecemento e decoración de estancias.
c) Obras de mantemento do establecemento, entendendo por tales as que se realizan periodicamente para manter a edificación en perfecto uso (limpeza de canlóns, pintura, arranxos de carpintaría...).
d) Seguros, taxas por autorizacións administrativas, licenzas ou similares.
e) Activos adquiridos mediante leasing ou renting nin os que fosen fabricados, realizados ou desenvolvidos pola entidade solicitante.
En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se subvencionarán os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
3. O importe máximo de subvención será do 100 % do gasto subvencionable cos límites que a continuación se expresan:
– Para empresas de 25 a 50 traballadores: máximo de 40.000 €.
– Para empresas de 51 a 75 traballadores: máximo 55.000 €.
– Para empresas de 76 ou máis traballadores: máximo 75.000 €.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á prestación do servizo ou entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.
As persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros e de restauración.
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), o establecemento turístico para o que se solicita a axuda, consonte os artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124/36, do 20.5.2003), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
A Axencia Turismo de Galicia fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.
2. As entidades solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, consonte os artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación, teñen que coincidir cos datos achegados pola persoa solicitante da subvención. No caso de que o/a representante legal non sexa o mesmo que o que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
3. Para efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
En todo caso, a entidade solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.
4. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
5. Non poderán obter a condición de beneficiaria:
– Aquelas entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
– Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.
– As entidades que teñan o seu domicilio social e fiscal fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547404/ 981546364
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Axencia Turismo de Galicia
Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 141 do 26 de xullo de 2021).
Extracto da Resolución do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 141 do 26 de xullo de 2021).
Resolución do 11 de novembro de 2021 pola que se amplían os prazos de execución e xustificación previstos na Resolución do 15 de xullo de 2021, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 218 do 12 de novembro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
27/07/2021 00:00 - 26/08/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Forma e lugar de presentación das solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria e declaracións responsables .
1. As persoas interesadas achegarán a seguinte documentación para a tramitación do procedemento:
a) Solicitude de axuda, presentada pola persoa beneficiaria ou o/a seu/súa representante segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.
b) Acreditación da representatividade suficiente para actuar no nome da entidade solicitante.
c) Documentación acreditativa da propiedade do inmoble ou calquera outro título que autorice a realización do investimento solicitado, no caso de investimentos materiais.
d) Memoria explicativa en que se defina de xeito pormenorizado o investimento e as actuacións que se van desenvolver.
e) Orzamento do investimento desagregado por partidas no cal se especificará o importe da execución.
f) Documentación oficial que acredite os empregados da empresa solicitante no momento da solicitude.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Axencia Turismo de Galicia poderá requirir o solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días e indicaralle que, se non o fai, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. As entidades solicitantes deberán declarar responsablemente:
a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para o mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita a subvención.
b) Se, en relación con outras axudas de minimis concedidas ou solicitadas, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha outra axuda de minimis durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha das prohibicións establecidas no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiario dunha subvención, particularmente as referidas a estar ao día das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma e estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.
e) Estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
g) Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
h) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 18 das bases reguladoras.
i) Que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003 sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124/36, do 20.5.2003).
4. No caso de que a actuación estea financiada ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, as entidades solicitantes deberán, ademais, declarar responsablemente:
j) Que a entidade solicitante asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
k) Que a entidade solicitante cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.
l) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.
m) Que conta cun sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permitan seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
n) Que vai conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013). Comunicarase ao beneficiario a data de inicio do prazo.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar ao día no pagamento das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social, así como de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requiriráselle para que, no prazo de dez días, regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indícalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Iniciación
- Publicidade da financiación comunitaria (Anexo VI)
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase posterior
- Renuncia (Anexo III)
- Fase de xustificación
- Solicitude de cobro da subvención (Anexo IV)
- Declaracións (Anexo V)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración.
Subvencións ao sector turístico para a promoción da dixitalización.
Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas.
Subvencións para investimentos en equipamentos post Covid dos establecementos hosteleiros financiadas ao 100% no marco do Eixe REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19.