Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU502A - Premios Camiño de Santiago.
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios do Camiño de Santiago como un recoñecemento institucional e social ás actuacións realizadas nos tres últimos anos (2016 ao 2018) co obxecto de conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago; así como aqueloutras que supoñan novos servizos ou a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, promoción e difusión, así como a posta en valor do Camiño de Santiago, da cultura xacobea e do seu patrimonio.
As actuacións que se presenten a esta convocatoria teñen que ser actuacións xa realizadas ou que se estén a realizar; non se admitirán propostas de actuación.
2. Os premios do Camiño de Santiago constarán das seguintes categorías:
1ª categoría: destinada a distinguir as actuacións levadas a cabo polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais, as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.
2ª categoría: destinada a distinguir as actuacións realizadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago, con dúas modalidades:
a) Asociacións de ámbito nacional, con domicilio social en territorio do Estado español.
b) Asociacións de ámbito internacional, con domicilio social en calquera país estranxeiro.
3ª categoría: destinada a distinguir as actividades realizadas polas persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativas, con dúas modalidades:
a) Os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación e/ou cultura xacobea, e/ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago desenvolvidos por centros de investigación, universidades ou similares.
b) Os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo polos centros de ensinanza de educación non universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Nas categorías primeira, segunda e terceira establécense dous premios, e na categoría cuarta establecese un premio en cada unha das modalidades establecidas no parágrafo anterior.
Aos premios, que serán do importe que cada ano estableza a convocatoria, aplicaráselle a correspondente retención fiscal, e poderán outorgarse de maneira individual ou compartida, ou declararse desertos.
Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algunha das actuacións desenvolvidas polos participantes, que non terá dotación económica.
4. Os/as premiados/as recibirán un diploma e o importe do premio que lle será pagado mediante transferencia bancaria. No caso de que o premio sexa compartido, serao a partes iguais entre os/as galardoados/as.
5. O procedemento para a concesión dos premios será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.
6. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior deste artigo, as candidaturas serán examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios contidos no título preliminar, capítulo II, sección 3ª da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e da sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
Poderán participar nesta convocatoria segundo as categorías que se establecen no Artigo 1 do Anexo I desta orde:
a) Na primeira categoría, os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais de Galicia que presenten unha memoria das actuacións desenvolvidas.
Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.
b) Na segunda categoría, as asociacións de amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, tanto de ámbito nacional como internacional, legalmente constituídas, e que teñan como obxectivo principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.
c) Na terceira categoría, as persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo calquera forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
d) Na cuarta categoría, modalidade a), as universidades, centros de investigación ou investigadores independentes.
e) Na cuarta categoría, modalidade b), os centros de ensinanza non universitaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas específicas dos beneficiarios dos premios económicos.
1. Antes de proceder ao pagamento dos premios, as entidades beneficiarias do premio económico deberán remitir, no prazo indicado no artigo 9.4 destas bases (dez días hábiles desde o día seguinte ao da notificación da resolución), a seguinte documentación:
a) Declaración da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación premiada, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión do premio.
b) Declaración responsable de non estaren incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10, números 2 e 3, da Lei de subvencións de Galicia. No caso das agrupacións de concellos, todos os concellos da agrupación deberán presentar cadansúa declaración.
c) Acreditación de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas no caso de denegar expresamente que se soliciten polo órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 4.2. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
No caso de tratarse das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o previsto no parágrafo anterior substituirase por declaración responsable.
Estas declaracións están incluídas no anexo IV.
2. A documentación das candidaturas premiadas ao abeiro desta convocatoria quedará en poder da Axencia Turismo de Galicia, para o seu arquivamento. Esta reservará para si o dereito de edición, uso e explotación das actuacións premiadas, en todo caso de xeito gratuíto, para a súa difusión e coñecemento público. A compensación económica polos dereitos de autor que puideren corresponder considerarase incluída na dotación do premio.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que se dean algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Os concellos, así como as agrupacións e resto de entidades locais da alínea a) do punto 1 deste artigo deberán cumprir o requisito de ter remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberao acreditar cada un dos concellos integrantes da agrupación.
- Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
- Non poderán presentar solicitudes os premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores a esta.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546367/ 981547404
Fax: 981546371
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Axencia Turismo de Galicia
Resolución do 26 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 68 do 8 de abril de 2019).
Extracto da Resolución do 26 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 68 do 8 de abril de 2019).
Resolución do 11 de novembro de 2019 pola que se publica o resultado da edición 2019 dos Premios Camiño de Santiago nas súas distintas modalidades (DOG nº 220 do 19 de novembro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
09/04/2019 00:00 - 08/05/2019 23:59
O prazo de presentación de candidaturas será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado que figura ao final destas bases como anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para: as administracións públicas e as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores, con sede social en España. No caso daquelas que teñan a súa sede social no estranxeiro, aplicarase o previsto no punto 6 deste artigo.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Se algunha das persoas interesadas obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Excepcionalmente, no caso de entidades estranxeiras que non dispoñan de mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, poderán presentar as solicitudes presencialmente, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, tendo en conta que as entidades destinatarias destas subvencións, no caso das categorías segunda e cuarta, poden estar situadas en múltiples países con niveis de desenvolvemento tecnolóxico moi diferentes, constituídas de acordo coa lexislación aplicable en cada un e con características legais, técnicas e funcionais distintas non asimilables á situación vixente en Galicia, que imposibilitan ou impiden a presentación electrónica de solicitudes. O medio de presentación elixido manterase para calquera tipo de relación coa Axencia Turismo de Galicia ata que remate o procedemento.
- As solicitudes deberán axustarse ao modelo normalizado que se inclúe no anexo II desta resolución, e irán acompañadas da seguinte documentación:
- a) No caso de asociacións de amigos do Camiño de Santiago ou persoas xurídicas, escritura de válida constitución, na cal figure como o seu obxecto social a promoción e posta en valor do Camiño de Santiago.
- b) Unha memoria das actuacións ou iniciativas que se realizaron, nas cales se detallarán as actividades de conformidade cos criterios de valoración establecidos no artigo 8 destas bases, co maior grao de concreción posible, de xeito que se facilite a súa valoración.
- c) Resumo da actuación: anexo II-A, B, C ou D, segundo a categoría do premio que se solicita e de conformidade cos criterios de valoración establecidos no artigo 8 destas bases, que en ningún caso substituirá a memoria da alínea b).
- c) No caso de concellos, agrupacións de concellos ou outras entidades locais, certificación da secretaría do concello, da mancomunidade, consorcio, área metropolitana ou das secretarías de cada un dos concellos integrados na agrupación, segundo o caso, acreditando que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
- d) No caso de agrupación de concellos, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que deberá incluír, en todo caso, a designación do/da alcalde/sa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
- e) No caso doutras entidades, a súa acta de creación ou constitución ou certificación que acredite a súa condición.
- O defecto na solicitude seralles notificado aos interesados e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións. No requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se darán por desistidos da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse consonte o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
- Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria achegaranse ao xurado encargado da súa valoración, de acordo co establecido nestas bases.
- Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- NIF da entidade solicitante.
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- NIF da entidade representante.
- DNI ou NIE da persoa representante.
- Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Certificación de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
- Certificación de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Anexo II-D
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase posterior a solicitude
- Aceptación ou Renuncia (Anexo III)
- Declaracións (Anexo IV)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"