Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

TU502A - Premios Camiño de Santiago.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 24/01/2017 - 23/02/2017.

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • As solicitudes deberán axustarse ao modelo normalizado que se inclúe no anexo II desta resolución, e irán acompañada da seguinte documentación:
    • a) No caso de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago ou persoas xurídicas, escritura de válida constitución.
    • b) Unha memoria das actuacións ou iniciativas que se realizaron, nas cales se detallarán as actividades de conformidade cos criterios de valoración establecidos no artigo 8 destas bases, co maior grao de concreción posible, de xeito que se facilite a súa valoración.
    • c) Resumo do proxecto: anexo II-A, B, C ou D, segundo a categoría do premio que se solicita e de conformidade cos criterios de valoración establecidos no artigo 8 destas bases, que en ningún caso substituirá a memoria da alínea b).
    • c) No caso de concellos, agrupacións de concellos ou outras entidades locais, certificación da secretaría do concello, da mancomunidade, consorcio, área metropolitana ou das secretarías de cada un dos concellos integrados na agrupación, segundo o caso, acreditando que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
    • d) No caso de agrupación de concellos, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que deberá incluír, en todo caso, a designación do/da alcalde/sa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
    • e) No caso de persoas físicas, copia do DNI do solicitante no caso de que non se autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    • f) No caso doutras entidades a súa acta de creación ou constitución ou certificación que acredite a súa condición
  • O defecto na solicitude será notificado aos interesados e daráselles un prazo de dez días para emendaren os erros ou omisións. No requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse consonte o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

    Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
  • Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria achegaranse ao xurado encargado da súa valoración, de acordo co establecido nestas bases.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

    A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, e as persoas representantes dunha das anteriores.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requeriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que for realizada a emenda.

    Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
  • No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supera os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamen poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

Axencia Turismo de Galicia

DIRECCIÓN DE COMPETITIVIDADE

ÁREA DE FOMENTO E DESENVOLVEMENTO EMPRESARIAL
Estrada Santiago ? Noia km3
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981546360 Fax: 981546371
Email: axudas.turismo@xunta.es
Información web: http://turismo.xunta.es

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios do Camiño de Santiago como un recoñecemento institucional e social das iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como aquelas outras que supoñan novos servizos ou a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, as accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, promoción e difusión, así como a posta en valor do Camiño de Santiago, da cultura xacobea e do seu patrimonio.

En todo caso, as actuacións ou accións premiadas deberán desenvolverse no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os premios do Camiño de Santiago constarán das seguintes categorías:

1ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polos concellos, as agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais, áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos cales discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.

2ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago.

3ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).

4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, con dúas modalidades:
a) Os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación e/ou cultura xacobea, e/ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago desenvolvidos por centros de investigación, universidades ou similares.
b) Os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo polos centros de ensino de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Nas categorías primeira, segunda e terceira establécense dous premios, e na categoría cuarta establécese un premio en cada unha das modalidades establecidas no parágrafo anterior.

Aos premios, que serán do importe que cada ano estableza a convocatoria, aplicaráselles a correspondente retención fiscal e poderán outorgarse de maneira individual ou compartida ou declararse desertos.

Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algúns dos proxectos ou iniciativas participantes, que non terá dotación económica.

4. Os/as premiados/as recibirán un diploma e o importe do premio que lles será pagado mediante transferencia bancaria. No caso de que o premio sexa compartido, serao a partes iguais entre os/as galardoados/as.

5. O procedemento para a concesión dos premios será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.

6. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior deste artigo, as candidaturas serán examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios contidos no título preliminar, capítulo II, sección 3ª da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e da sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Beneficiarios:

a) Na primeira categoria os concellos, agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, consorcios locais galegos e áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais de Galicia que presenten un proxecto.
Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.
b) Na segunda categoria as asociacións de amigos do Camiño de Santiago legalmente constituídas.
c) Na terceira categoría as persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo calquera forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme).
d) Na cuarta categoría, modalidade a), as universidades, centros de investigación ou investigadores independentes.
e) Na cuarta categoría, modalidade b), os centros de ensino de educación primaria e secundaria de Galicia.

Obrigas específicas dos beneficiarios dos premios económicos.

1. Antes de proceder ao pagamento dos premios, as entidades beneficiarias do premio económico deberán remitir, no mesmo prazo indicado no artigo 9.4 destas bases, a seguinte documentación:
a) Declaración da obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien o proxecto premiado, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión do premio.
b) Declaración responsable de non estaren incursas en ningún dos supostos previstos no artigo 10, números 2 e 3, da Lei de subvencións de Galicia. No caso das agrupacións de concellos, todos os concellos da agrupación deberán presentar cadansúa declaración.
c) Acreditación de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Para tales efectos, o solicitante deberá achegar certificación de estar ao día nas citadas obrigas no caso de denegar expresamente que as solicite o órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 5.1. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dean como resultado que o solicitante ou o beneficiario ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante ou beneficiario para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.
No caso de tratarse das entidades que se recollen no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o previsto no parágrafo anterior substituirase por declaración responsable.
Estas declaracións están incluídas no anexo IV.

2. A documentación das candidaturas premiadas ao abeiro desta convocatoria quedará en poder de Turismo de Galicia, para o seu arquivamento, reservando esta para si o dereito de edición, uso e explotación dos proxectos premiados. A compensación económica polos dereitos de autor que puideren corresponder considerarase incluída na dotación do premio.

Requisitos:

-Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- Os concellos, así como as agrupacións e o resto das entidades locais da alínea a) do punto 1 deste artigo, deberán cumprir o requisito de ter remitido ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación e a falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos, este requisito deberao acreditar cada un dos concellos integrantes da agrupación.
- Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.
- Non poderán presentar solicitudes os premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores a esta.

AUTONÓMICA

Corrección de erros. Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2017).

AUTONÓMICA

Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Camiño de Santiago e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 15 do 23 de xaneiro de 2017).

Prazo de presentación pechado (24/01/2017 - 23/02/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Tramitación presencial

 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional