Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU500A
Subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
A Axencia Turismo de Galicia considera que as festas que polas súas características e singularidades teñen un recoñecemento e prestixio a nivel autonómico son un recurso que hai que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística. Ademais, engaden importantes accións de difusión turística que constitúen un extraordinario incentivo para as economías locais.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os requisitos establecidos nestas bases, os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia en que se celebren durante o ano 2024 festas declaradas de interese turístico de Galicia incluídas no obxecto desta convocatoria.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias destas subvencións as agrupacións que, non tendo personalidade xurídica, estean integradas por municipios en que se celebren festas declaradas de interese turístico de Galicia e que reúnan os requisitos establecidos no parágrafo anterior, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste caso, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán, igualmente, a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación. Esta agrupación non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da citada lei.
2. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do concello.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540261/ 981546360
Email: fomento.turismo@xunta.gal
http://www.turismo.gal/canle-profesional/promocion-do-sector/axudas-e-subvencions
Prazo de presentación: PECHADO
14/03/2024 00:00 - 15/04/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Forma e lugar de presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) No caso de presentarse a solicitude por unha agrupación de concellos de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o instrumento xurídico que regule a agrupación, o cal deberá incluír, en todo caso, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se aplicará por cada un deles e a designación dun representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación, que será o receptor da asignación económica. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.
b) Certificación do/da secretario/a da entidade local en que consten os seguintes aspectos:
– Acordo de solicitar a subvención e de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista, segundo a documentación achegada coa solicitude.
– Que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas.
O acordo deberá estar adoptado e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
c) No caso das agrupacións de concellos, achegarase unha certificación emitida pola Secretaría do concello representante, na cal se faga constar con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:
– Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención e de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista, segundo a documentación achegada coa solicitude. O dito acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
– O nomeamento do/da alcalde/sa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.
– Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.
Os acordos ou certificacións deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.
d) Memoria explicativa das actividades que se vaian desenvolver na correspondente edición da festa.
e) Orzamento desagregado por conceptos do investimento que se vai realizar.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Sen prexuízo do disposto no número 1, a Axencia de Turismo de Galicia poderá requirir á entidade solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
6. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
7. Ademais, no modelo de declaración que se incorpora no anexo II farase constar:
a) O conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Que non esta incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que se compromete a cumprir as obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 17 das bases reguladoras.
g) Que está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Facenda autonómica e coa Facenda estatal e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda con ningunha outra Administración pública.
8. Para os efectos das declaracións contidas na solicitude, no caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que as integran. Estas declaracións deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano instrutor.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar ao día no pagamento das súas obrigas coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
– Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Subvencións e axudas.
No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, consonte o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a entidade solicitante ou a beneficiaria ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase a solicitante ou beneficiaria para que regularice a situación e presente, por si mesma, o correspondente certificado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Solicitude de cobro da subvencion (Anexo IV)
- Modelo de renuncia (Anexo III)
- Declaracions (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, a promoción e a difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 52 do 13 de marzo de 2024).
-
Extracto da Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, a promoción e a difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 52 do 13 de marzo de 2024).
-
Resolución do 25 de maio de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 4 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos para o apoio, promoción e difusión das festas declaradas de interese turístico de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 107 do 4 de xuño de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para espectáculos públicos e actividades recreativas.
Aberto todo o ano
Declaración de municipio turístico.
Aberto todo o ano
Declaración de festa de interese turístico de Galicia.
Aberto todo o ano
Cesión do uso de instalacións xuvenís da administración galega para a realización de programas de lecer educativo e de tempo libre.
Prazo pechado: 02/05/2025 00:00 - 12/05/2025 23:59