Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TU401A - Declaración de festa de interese turístico de Galicia.
Obxecto
Este decreto ten por obxecto regular os requisitos e os efectos da declaración de festas de interese turístico de Galicia, así como o procedemento, vixencia e a perda da condición de festa de interese turístico de Galicia.
De acordo co previsto no artigo 93.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a Administración da Xunta de Galicia poderá declarar festas de interese turístico de Galicia aquelas manifestacións que supoñan unha valorización da cultura e das tradicións populares e que teñan unha especial importancia como atractivo turístico.
A quen vai dirixido?
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
a) Antigüidade: as manifestacións ou acontecementos de carácter festivo a que se refiran as peticións deberán ter no momento da solicitude unha antigüidade mínima de vinte anos. As súas celebracións efectuaranse periodicamente e en datas facilmente determinables.
A antigüidade mínima poderá ser dispensada cando unha valoración conxunta dos requisitos e criterios recollidos na presente regulamentación así o aconsellen, pero en ningún caso poderá ter unha antigüidade menor de quince anos.
b) Singularidade: as festas de que se trate deberán conter aspectos orixinais e de calidade que as singularicen respecto a outras similares que poidan ter lugar noutras localidades. Valorarase especialmente que sexa un reflexo da idiosincrasia da zona e poboación local e que, desde o respecto á tradición e costumes que a fan única, presente innovacións nas edicións sucesivas que contribúan a enxalzar máis o evento.
c) Arraigamento: elementos esenciais da celebración serán o arraigamento popular no ámbito territorial correspondente e o carácter participativo da poboación local, excluíndose aquelas festas orixinadas por simples intereses particulares ou comerciais.
d) A realización polas entidades organizadoras de accións promocionais suficientes para a atracción de correntes turísticas. Entenderanse por accións promocionais suficientes aquelas accións que permitan dar a coñecer ao maior número de persoas posibles a celebración do evento, xa sexa mediante a súa divulgación en medios audiovisuais de carácter xeneralista, como a participación en feiras, eventos turísticos e actos similares. En calquera caso, estas accións serán como mínimo 10 nas 5 últimas edicións.
e) Valor cultural: as celebracións dos eventos de que se trate xirarán, en todo caso, arredor das manifestacións de interese e carácter cultural como son, entre outras, as artísticas, relixiosas, deportivas ou gastronómicas.
f) Continuidade no tempo. Entre a celebración dunha festa e outra non poderán transcorrer máis de catro anos, a non ser que sexa una festa cunha cadencia fixa que supere este prazo. En calquera caso, na solicitude deberá constar a periodicidade da celebración.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547404/ 981546364
Fax: 981546371
Email: xerencia.turismo@xunta.es
Órgano responsable
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
Normativa
Ámbito Autonómico
Decreto 4/2015, do 8 de xaneiro, polo que se regula a declaración de festas de interese turístico de Galicia (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2015).
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- A solicitude (Anexo I deste Decreto) deberá vir acompañada da seguinte documentación:
- a) Memoria explicativa, que xustifique o cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 3, que deberá expresar, en todo caso:
- 1º. Para xustificar o requisito da antigüidade, a data ou epoca de orixe da festa e a historia resumida da súa institución e desenvolvemento.
- 2º. Para xustificar o requisito da singularidade da festa con respecto a outras que se celebren noutras localidades, esta deberá ser demostrada describindo aqueles aspectos que a diferencian e fan única, destacando os elementos materiais e inmateriais en que se basea a celebración. Así mesmo, describirá as accións realizadas nas últimas 5 edicións en que se constate a súa evolución, as melloras introducidas e os actos ou actividades realizadas para a súa mellor promoción e celebración.
- a) Memoria explicativa, que xustifique o cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 3, que deberá expresar, en todo caso:
- 3º. Para xustificar o requisito do arraigamento, describirase a asistencia e participación da poboación local na festa ao longo das distintas edicións celebradas con descrición do modo en que se produce a dita participación.
- 4º. Para xustificar o requisito das acción promocionais suficientes, descrición dos soportes de difusión de actividades de promoción nos distintos medios así como a documentación sobre a participación en feiras eventos e actos similares nas últimas 5 edicións.
- 5º. Para xustificar o requisito do valor cultural, un especialista na materia ou historiador emitirá un informe que así o acredite.
- 6º. Para xustificar o requisito de continuidade no tempo, a data de celebración actual e de cada unha das edicións anteriores documentalmente comprobable.
- A memoria explicativa recollerá, así mesmo, a xustificación dos criterios que se terán en conta para efectuar a valoración da festa:
- 1º. Unha descrición detallada dos actos que compoñen a festa na actualidade, prestando especial atención aos aspectos esteticos e de accesibilidade que permiten unha posta en escena atractiva e participativa tanto no que se refire á poboación local como aos/ás potenciais visitantes e turistas.
- 2º. A afluencia de visitantes, debendo incluír un informe que recolla, polo menos, as últimas 5 edicións de celebración da festa, con indicación das fontes e criterios utilizados para realizar a estimación.
- 3º. A existencia na localidade e área de influencia de infraestruturas e equipamentos suficientes para a celebración da festa e a recepción de visitantes.
- 4º. Os orzamentos destinados á celebración do evento nas últimas 5 edicións.
- b) Fotografías, carteis, programas, folletos, libros, referencias bibliográficas, material audiovisual e, en xeral, canta información gráfica se considere oportuna para apoiar a petición.
- c) Acordo do pleno do concello ou concellos nos cales se celebre a festa ou acontecemento ou do órgano municipal que teña asignada esta atribución onde conste expresamente a solicitude de declaración. Se a solicitude a fai unha entidade pública ou privada deberá achegarse o acordo de solicitude adoptado polo órgano competente. Neste caso, xuntarase á solicitude un informe, preceptivo pero non vinculante, do órgano competente do concello ou concellos, manifestando explicitamente a súa valoración e argumentando os motivos desta.
- A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento. - A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"