Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

TU200A - Axudas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Presencial

Modelo de solicitude
Descargar solicitude: entre para descargar un formulario de solicitude que pode cubrir e imprimir antes de entregalo, de forma presencial, en calquera das oficinas de rexistro e información da Xunta de Galicia.

Datos da solicitude

Prazo de presentación: 23/07/2016 - 22/08/2016.

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • Os interesados achegarán xunto co formulario normalizado, anexo II (TU200A), a seguinte documentación:
  • Para alumnos/as que inicien estudos no CSHG e soliciten bolsa de matrícula:
    • a) Copia do DNI/NIE da persoa solicitante e do resto de membros da unidade familiar maiores de 14 anos, só no caso de que non se autorice a súa consulta nos anexos II e III, respectivamente.
    • b) Anexo III.
    • c) Certificación, que inclúa a nota media, dos estudos da persoa solicitante, que permitan o acceso á universidade ou tarxeta PAAU para os que se matriculen en diploma superior, ou do bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores para os que se matriculen en certificado.
    • d) Certificado municipal de empadroamento da persoa solicitante, só no caso de que non se autorice a súa consulta no anexo II.
    • e) Certificado municipal de convivencia.
    • f) Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) da persoa solicitante maior de 18 anos, do ano 2015, só no caso de que se denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia dos ingresos.
    • g) Certificacións de ingresos (IRPF/datos fiscais) do resto dos membros da unidade familiar maiores de 18 anos, do ano 2015, só no caso de que non se autorice a súa consulta no anexo III.
    • h) Certificacións catastrais literais da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • i) Certificacións catastrais literais do resto dos membros da unidade familiar, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
    • j) Copia do libro de familia.
    • k) Declaración responsable do solicitante en que se detallarán os ingresos e gastos anuais da unidade familiar.

      Se procede, para os casos que sexa necesario, incluír:

      a) Xustificante de orfandade absoluta da persoa solicitante.

      b) Documentación acreditativa da independencia familiar e económica.

      c) Xustificante da condición e grao de discapacidade dos outros membros da unidade familiar, só no caso de que non se autorice a súa consulta no anexo III ou sexa expedido por outra comunidade autónoma.

      d) Título oficial de familia numerosa (Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección das familias numerosas), só no caso de que non se autorice a súa consulta ou sexa expedido por outra comunidade autónoma.

      e) Xustificante de estudos universitarios da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade familiar menores de 25 anos e residentes fóra do domicilio familiar, durante o curso 2014/15, só no caso de que non se autorice a súa consulta (anexos II e III).

      f) Xustificación de viuvez, estado de solteiro, separación ou divorcio do pai ou a nai da persoa solicitante.
  • Para alumnos/as que inicien estudos no CSHG e soliciten bolsa de excelencia:
    • a) Copia do DNI/NIE do/a solicitante e dos membros da familia maiores de 14 anos, só no caso de que non se autorice a súa consulta.
    • b) Certificación dos estudos que permitan o acceso á universidade, ou tarxeta da PAAU, que inclúa a nota media para os que se matriculen en diploma superior.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
    https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

    Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

DIRECCIÓN DE PROFESIONALIZACIÓN

Estrada Santiago ? Noia km3
15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 981542519 / 981542559 Fax: 981542590
Email: informacion.cshg@xunta.es.
Información web: http://turismo.xunta.es / http://www.cshg.es

Estas bases teñen por obxecto o establecemento das bolsas de matrícula e de excelencia, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), para o curso 2016/17.

Clases e contías das bolsas.

1. As modalidades de bolsa, que se concederán en réxime de concorrencia competitiva, alcanzarán unicamente unha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

2. Segundo a contía, as bolsas distribúense da seguinte forma:

Bolsas tipo I: cobren aproximadamente o 80 % da matrícula en réxime externo.

Bolsas tipo II: cobren aproximadamente o 50 % da matrícula en réxime externo.

3. Conforme os requisitos académicos e económicos, se é o caso, as bolsas divídense en 2 grupos:

A. Bolsas de matrícula.

a) Seis (6) bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

b) Doce (12) bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.

c) Tres (3) bolsas tipo II para o 1º curso de certificado de Elaboración e Xestión en Cociña.

B. Bolsas de excelencia.

Dúas (2) bolsas tipo I para o 1º curso diploma superior en Xestión Hoteleira.

Beneficiarios:

Os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG).

O alumnado que resulte beneficiario destas bolsas comprométese ao cumprimento do establecido nesta convocatoria e na súa resolución, así como a cumprir as seguintes obrigas:
a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que estea matriculado e non anular a matrícula.
b) Cumprir os requisitos e condicións establecidos para a concesión e goce da bolsa.
c) Cooperar coa Administración nas actuacións de comprobación que sexa necesario verificar, se procede, do cumprimento e a efectividade das condicións determinantes da concesión da bolsa.
d) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude ou na declaración responsable e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Axencia Turismo de Galicia.
e) Informar o órgano concedente da obtención doutras axudas ou bolsas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
f) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das bolsas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
g) Comunicar por escrito a renuncia á bolsa no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.

Requisitos:

Requisitos xerais.

Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:

1. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores se encontren traballando en España. De conformidade co disposto na Lei 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, na redacción dada pola Lei orgánica 8/2000, do 22 de decembro, os estudantes estranxeiros non comunitarios deberán acreditar a súa condición de residentes. Quedará excluído de concorrer a estas bolsas quen se encontre en situación de estancia.

2. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior.

3. Matricularse por primeira vez no curso para o que se pide a bolsa.

4. Non ter en vigor unha bolsa ou exención do CSHG.

5. Optar só por un tipo de bolsa (matrícula ou excelencia).

Requisitos específicos segundo o tipo de bolsas.

1. Para ter dereito ás bolsas de matrícula serán necesarios os seguintes requisitos:
a) Para as bolsas de 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira, acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 5 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
b) Para as bolsas de certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, acreditar ter superado o bacharelato (ou equivalente), ciclo formativo superior ou outras ensinanzas superiores, antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.
c) En ambos os dous casos, a renda familiar non debe superar os límites de renda establecidos nesta resolución.

2. Para ter dereito ás bolsas de excelencia desta resolución será necesario acreditar unha cualificación na proba de acceso á universidade (PAAU) ou noutras ensinanzas que lle permitan o acceso, con exclusión da cualificación da fase específica, igual ou superior a 8 puntos antes de que remate o prazo de solicitude destas bolsas.

AUTONÓMICA

Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2016/17 (DOG nº 139 do 22 de xullo de 2016).

Anexos asociados

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional