Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR880C
Concurso eduemprende idea dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Promover a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Estar matriculado durante o curso 2025/26 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única co poder suficiente para cumprir coas obrigas que como beneficiaria lle corresponden á agrupación.
3. As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias, de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprendemento
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981-544647 / 545679
Email: sxemprendemento.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
07/02/2026 00:00 - 15/05/2026 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 15 de maio de 2026.
Requisitos xerais dos materiais e recursos dixitais
1. Requisitos de forma:
a) Os traballos serán orixinais e inéditos.
b) Os materiais non incluirán publicidade de empresas, produtos nin servizos comerciais.
2. Requisitos técnicos:
a) Os materiais e recursos dixitais terán que visualizarse correctamente nas últimas versións dos navegadores máis comúns. Deben funcionar sen necesidade de instalar ningún complemento específico nun navegador.
b) Os materiais estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización cun navegador estándar sobre distintos sistemas operativos, libres e propietarios, e poderán ser executados en local.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Dado o nivel educativo en que se atopan as persoas candidatas e a posibilidade de utilizar os recursos de que dispón o centro de ensino a que pertencen, queda acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, polo que a única vía de presentación da solicitude da axuda será a electrónica.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que se realizou a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II: ficha de persoas participantes (unha por cada participante).
b) Anexo III: proxecto empresarial.
c) Vídeo de presentación do proxecto, tipo Elevator Pitch, cunha duración máxima de 2 minutos. No caso de non poder achegar o vídeo polo tamaño do arquivo, poderá achegarse un documento no cal se recolla un enderezo web onde poder ver ou descargar o vídeo.
2. A documentación complementaria deberá presentarse por vía electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realizou a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa participante.
c) DNI ou NIE da persoa representante da persoa solicitante, só no caso de actuar por medio de representante.
d) DNI ou NIE da persoa representante da persoa participante, só no caso de actuar por medio de representante.
e) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
g) Certificado de que a persoa solicitante e a persoa participante están ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Administración Tributaria de Galicia (Atriga).
h) Concesión de subvencións e axudas.
i) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou na ficha de persoas solicitantes (anexo II), segundo o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2026 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos(DOG nº 25 do 06 de febreiro de 2026).
-
Extracto da Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2026 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (DOG nº 25 do 06 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de comunicación das políticas comunitarias, na oficina da FGE en Bruxelas, bolsa Galicia Europa
Prazo pechado: 13/01/2026 00:00 - 12/02/2026 23:59
Axudas ao emprendemento
Prazo pechado: 31/01/2026 00:00 - 02/03/2026 23:59
Emprendemento PLUS.
Prazo pechado: 18/07/2023 00:00 - 17/08/2023 23:59