Guía de procedementos e servizos

TR870A

Compensacións económicas ás organizacións sindicais e empresariais no marco da participación institucional.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Próxima apertura: 01/01/2026 00:00 - 31/03/2026 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

O presente decreto ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión das compensacións económicas para o fomento da participación institucional ás organizacións sindicais e empresariais intersectoriais máis representativas de Galicia, en desenvolvemento do artigo 6.2 da Lei 17/2008, do 29 de decembro, de participación institucional das organizacións sindicais e empresariais máis representativas de Galicia, e ás organizacións sindicais que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, de acordo co establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

1. De conformidade co artigo 2.1 da Lei 17/2008, do 29 de decembro, as entidades beneficiarias serán as organizacións sindicais e empresariais intersectoriais que acrediten a condición de máis representativas de Galicia consonte o disposto nos artigos 6.2.a) e 7.1 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e na disposición adicional sexta do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 3 de outubro.

2. Tamén serán beneficiarias as organizacións sindicais que estean presentes na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, segundo o establecido na disposición adicional décimo terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Ed. Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544615/981957759

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

As solicitudes correspondentes ás compensacións económicas de cada exercicio deberán presentarse antes do 31 de marzo de cada ano.

- No suposto das organizacións sindicais máis representativas, a condición de beneficiaria deberá ser acreditada, para a concesión das compensacións de cada exercicio orzamentario, mediante certificación dos resultados obtidos polas referidas organizacións, emitida polo Rexistro de Eleccións Sindicais, con referencia ao 31 de decembro do ano inmediatamente anterior, ou mediante certificación da referida Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas relativa ás organizacións que a compoñen.

- As entidades beneficiarias están suxeitas ás obrigas previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ao disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

- As entidades beneficiarias están obrigadas a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

  • Cada solicitude, que deberá de axustarse ao modelo previsto no anexo I deste decreto, deberá ir acompañada dun poder ou calquera outro medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da representación da persoa que actúa en nome da organización solicitante. A achega do poder non será exixible nos supostos previstos no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  • Tamén deberá achegarse xunto coa solicitude a seguinte documentación no caso de oposición expresa da persoa interesada á súa consulta pola Administración:

    • a) Copia do DNI ou NIE da persoa representante da organización solicitante, e do NIF da entidade solicitante.

    • b) Certificados de débedas expedidos pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia.

  • As solicitudes destas compensacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

  • A documentación complementaria tamén deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no último parágrafo do número 2. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar no seo do procedemento de concesión das compensacións económicas para o fomento da participación institucional deberán ser realizados por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 127/2018, do 4 de outubro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de compensacións económicas ás organizacións sindicais e empresariais no marco da participación institucional (DOG nº 199 do 18 de outubro de 2018).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59