Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR852A - Axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais.
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 da concesión de subvencións, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, mediante o réxime de concorrencia competitiva, co fin de levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia (código de procedemento TR852A).
Liñas e actividades subvencionables
Liña 1: formación e actividades de asesoramento e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais de carácter intersectorial.
As axudas desta liña están destinadas á realización de accións formativas e ás actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral das entidades que resulten beneficiarias.
Liña 2: formación e outras actividades de fomento en materia de prevención de riscos laborais de carácter sectorial.
As axudas desta liña están destinadas a cursos de formación sectoriais e á realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como a estudos de carácter tamén sectorial.
1. Liña 1: poderán ser beneficiarias desta liña:
As asociacións empresariais e as organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
Esta liña ten un orzamento de 800.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507.
2. Liña 2: poderán ser beneficiarias desta liña:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais ou intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva o de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
d) As asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.
Esta liña ten un orzamento de 690.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507.
Entidades non beneficiarias
a) Aquelas entidades en que concorra algunha das circunstancias a que se refire o artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Accións non subvencionables
1. Cursos que conten cun número de alumnos e alumnas menor a 8.
2. Na liña 2, os cursos de nivel básico previstos no artigo 35 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
3. Accións formativas que supoñan o cumprimento de obrigas legais en materia preventiva das persoas integrantes das entidades solicitantes e, en particular o cumprimento do artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
4. Os cursos, cunha duración inferior a 8 horas, que versen sobre as seguintes materias: traballos en espazos confinados, traballos en altura, traballos verticais, plataformas elevadoras móbiles de persoal, montaxe e desmontaxe de estadas, operacións de manexo seguro de carretillas elevadoras e de guindastre autocargante.
5. No caso dos estudos, non serán subvencionables aqueles que non sexan innovadores e que consistan exclusivamente en traducións, adaptacións ou adecuacións de publicacións en calquera formato, así como os subvencionados en anos anteriores ou os que xa estean realizados por outras entidades cuxos resultados estean publicados e accesibles ao público por calquera medio.
Execución da formación
A entidades solicitantes poderán executar a formación e as xornadas obxecto da axuda en modalidade presencial, teleformación, aula virtual (que seguirá tendo a consideración de formación presencial) ou modalidade mixta.
Considérase aula virtual a contorna de aprendizaxe en que a persoa titora-formadora e o alumnado interactúan, de forma concorrente e en tempo real, a través dun sistema de comunicación telemático de carácter síncrono que permita levar a cabo un proceso de intercambio de coñecementos co fin de posibilitar unha aprendizaxe das persoas que participan na aula.
Requisitos de asistencia aos cursos
1. Exixirase un mínimo de 15 persoas asistentes aos cursos de formación, sectorial e intersectorial.
2. En casos excepcionais, debidamente motivados e cunha comunicación á Secretaría Xeral de Emprego, poderanse levar a cabo estas accións cun menor número de asistentes, en todo caso, non menor a oito. Esta comunicación será solicitada pola entidade beneficiaria a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Durante a execución dos cursos non se permitirá a ausencia de cada alumno ou alumna a máis dun 20 % do tempo total de duración desta. No caso de que a acción se desenvolvese por módulos, non se permitirán ausencias de máis dun 10 % en ningún dos módulos.
4. Nas accións formativas impartidas na modalidade de teleformación a porcentaxe necesaria de realización periódica que debe realizar o alumnado para que se considere que cumpra os requisitos de asistencia é dun 80 % dos controis periódicos de seguimento da súa aprendizaxe, con independencia das horas de conexión.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957759 / 981544615
Fax: 981957751
Email: seguridade-saude-laboral@xunta.gal
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020 (código de procedemento TR852A) (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2020).
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020 (código de procedemento TR852A) (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2020).
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Orde do 3 de xuño de 2020 pola que se modifican as condicións de execución das accións previstas nas bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020 (DOG nº 112 do 10 de xuño de 2020).
Resolución do 17 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2020 (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
17/01/2020 00:00 - 17/02/2020 23:59
O prazo para a presentación da documentación complementaria, que se detalla no punto 1 do artigo 3 da presente orde, que deberán presentar as entidades que presentaron as solicitudes recibidas, será de 10 días contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Presentarase obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia como documentación complementaria no número de expediente asignado.
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG. Se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes e, se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), conforme o anexo I.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
3. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
4. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
6. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes entenderanse cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
1. Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar en nome da entidade solicitante.
2. Designación dunha única persoa responsable e de contacto co órgano instrutor, para o seguimento e control dos aspectos técnicos de todas as accións incluídas na solicitude, que se identificará no anexo I polo seu nome, teléfono e correo electrónico.
Documentación para as solicitudes de cursos, xornadas e estudos das liñas 1 e 2
1. Acción solicitada, segundo o anexo II. No caso de que un mesmo proxecto implique distintas accións, cubrirase un anexo por cada acción. No encabezamento de cada unha delas deberá constar:
a) A liña de axudas a que se opta.
b) Na denominación da acción proposta terase que definir o contido da acción evitando títulos xenéricos ou de carácter publicitario ou comercial.
2. Presentarase unha memoria que deberá conter a actividade que a solicitante quere desenvolver, sinalando de forma independente e separada as accións que se van levar a cabo e co contido mínimo que a seguir se indica.
Se unha acción formativa se desenvolvese en varias edicións ou sesións, na mesma ou distintas localidades, presentarase unha única memoria, pero indicarase o número de edicións ou sesións que se van realizar e a localidade onde se desenvolverá cada unha delas.
Cada memoria exporá de forma numerada e separada o contido dos seguintes elementos:
1º. Denominación da organización ou entidade solicitante.
2º. A denominación da acción proposta acorde co seu contido.
3º. Descrición da acción formativa solicitada, indicando o seu obxectivo, a necesidade no sector en que se vai impartir e sinalando a finalidade perseguida na prevención de riscos laborais.
4º. Planificación temporal da acción ou accións solicitadas.
5º. Número de sesións ou edicións que se van impartir por cada acción solicitada, con indicación do municipio onde se vai impartir cada unha delas.
6º. Se se trata dun curso ou xornada, deberá indicarse ademais dos elementos indicados nos números anteriores:
a) O programa docente que se vai impartir, indicando de forma separada os seus módulos.
b) As horas de formación teórica e práctica, cando proceda, de cada módulo.
c) A titulación da persoa docente que debe impartir cada módulo.
d) O importe de cada unha das accións formativas.
e) A entidade solicitante deberá sinalar por orde de prioridade as accións formativas, o que terá en conta a Comisión de Valoración.
7º. Se se trata dun estudo, deberase indicar o seu carácter innovador así como o seu encaixe nos obxectivos da Estratexia galega de seguridade e saúde no traballo 2017-2020.
Documentación complementaria para as solicitudes de cursos, xornadas e estudos das liñas 1 e 2
1) No caso de que as entidades solicitantes leven a cabo a formación obxecto de axuda en modalidade de teleformación ou aula virtual, deberán presentar como documentación complementaria:
a) Declaración responsable de que a entidade facilitará a todo o alumnado da acción formativa os suficientes medios técnicos e didácticos, con enumeración de cales son estes medios que, ademais, como mínimo, se deberán referir á habilitación e posta á disposición dun número de teléfono e dun enderezo de correo electrónico que recolla e resolva as dúbidas, incidencias ou problemas de uso e manexo. Previamente á realización da actividade formativa, o/a alumno/a achegará declaración sobre que dispón de medios técnicos suficientes para a súa realización, propios ou facilitados pola entidade, para participar adecuadamente na acción formativa. Esta declaración deberá achegala a entidade coa documentación final xustificativa do curso.
b) Unha memoria explicativa en que se refiran os motivos de realizar a formación presencial en modalidade de teleformación ou aula virtual e as accións formativas modificadas, co seu correspondente código identificativo. Ademais, na dita memoria deberá facerse mención:
a. Ás partes da especialidade ou módulos formativos afectados, e ao número de horas previstas, para a modalidade de teleformación ou mediante aula virtual.
b. Ao calendario proposto.
c. Á metodoloxía de traballo.
2) No caso de entidades que queiran levar a cabo a formación e/ou xornadas en modalidade de teleformación, deberán acreditar, ademais, que dispoñen dunha plataforma que deberá conter, como mínimo, os seguintes requisitos:
a) Infraestrutura tecnolóxica mínima que permita a xestión dun numero mínimo de 100 alumnos/as cunha velocidade de resposta adecuada e un funcionamento de 24 horas e 7 días á semana.
b) Capacidade de xestionar cursos de modo independente e xerar un número mínimo de cursos.
c) Software: compatibilidade co estándar SCORM e paquetes de contidos LMS.
d) O servidor da plataforma de teleformación debe cumprir con todos os requisitos establecidos sobre protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
e) Compatibilidade tecnolóxica e posibilidades de integración con calquera sistema operativo, base de datos, navegador da internet dos máis usuais ou servidor web.
f) Servizo de soporte ao alumnado.
g) Visualización que se adapte ao tipo de pantalla que se utilice, así como a distintos dispositivos.
h) Facilidade de utilización de código de terceiros; a plataforma debe permitir integrar ou incrustar elementos externos como vídeos ou presentacións no contido.
3) No caso das entidades que soliciten a utilización de aula virtual para a impartición total ou parcial da acción formativa tamén deberán presentar:
a) Acreditación técnica e documental de que a formación se estrutura e se organiza de forma que se garanta, en todo momento, que exista conectividade sincronizada entre a persoa formadora e o alumnado participante, así como bidireccionalidade nas comunicacións.
b) Acreditación técnica e documental de existencia dun rexistro de conexións xerado pola aplicación da aula virtual en que se identifiquen, para cada acción formativa desenvolvida a través deste medio, as persoas participantes na aula, así como as súas datas e tempos de conexión, así como contar cun mecanismo que posibilite a conexión durante o tempo de impartición da aula por parte dos órganos de control, para os efectos das actuacións de seguimento e control previstas nesta orde.
4) No caso de entidades solicitantes que decidan retomar na modalidade de teleformación ou aula virtual o programa das accións formativas, de información ou de sensibilización de carácter presencial iniciadas e que no seu momento foran suspendidas como consecuencia da entrada en vigor do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de marzo de 2020, e da declaración do estado de alarma do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, deberán presentar:
Documentación que acredite que todas e cada unha das persoas alumnas das accións formativas foron debidamente informadas das variacións que existen ao pasar da modalidade presencial á modalidade de teleformación ou mediante aula virtual, ofrecéndolles unha opción alternativa no caso de que non dispoñan de medios para poder levar a cabo a formación en liña.
Sen a documentación que acredite que todo o alumnado da acción formativa recibiu a comunicación mencionada non se poderá autorizar a solicitude.
Documentación para as solicitudes do gabinete técnico da liña 1
1. Acción solicitada, segundo o anexo II.
2. Se se trata dun gabinete técnico de seguridade e saúde laboral que prestará asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais, deberá achegarse:
a) Unha memoria explicativa das funcións que vai desenvolver o gabinete.
b) Unha relación das persoas que van conformar o gabinete e as funcións que vai desenvolver cada unha delas. As persoas integrantes dese gabinete deberán ter unha titulación mínima de técnico intermedio en prevención de riscos laborais e polo menos unha persoa con titulación de técnico superior en prevención de riscos laborais.
Documentación económica liñas 1 e 2
1. Na solicitude deberase recoller o conxunto de todas as accións solicitadas, individualizar por cada unha delas no anexo II e especificar o seu custo. Indicarase se a entidade colabora no financiamento e, se é o caso, a cantidade que achegue. De colaborar no financiamento do custo total, para o caso de que se concedan importes inferiores, debe manterse, polo menos, a porcentaxe de cofinanciamento inicial.
2. Orzamento total do solicitado por accións (anexo III).
3. De conformidade co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa que en nome e representación da entidade solicita a concesión da subvención.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para o mesmo proxecto e xustificación da cantidade que achega a entidade para financiar a acción (Anexo V) (Liñas 1 e 2)
- Certificación das accións realizadas, o importe que se xustifica e a relación de facturas e gastos de persoal (Anexo IV)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"