Guía de procedementos e servizos

TR845A

Exención de auditoría de prevención de riscos laboráis.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento
Constatar que as notificacións de exención de auditoría das empresas reúnen os requisitos sobre a concorrencia de condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención da empresa, de conformidade co establecido no artigo 29.3 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
Empresas de ata 50 traballadores

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

Edificios Admvos. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545629/ 981547241

Fax: 981544659

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1.- Que se trate dunha empresa que teña ata 50 traballadores.

2.- Que as actividades desenvolvidas pola empresa non estean incluídas no Anexo I do Real Decreto 39/1997.

3.- Que desenvolvan as actividades preventivas só con recursos propios

4.- Que a eficacia do sistema preventivo resulte evidente sen necesidade de recorrer á auditoría polo limitado número de traballadores e a escasa complexidade das actividades preventivas.

5.- Que se cubra e se remita á Secretaría Xeral de Emprego a correspondente notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á realización dunha auditoria , segundo o modelo establecido na Orde do 6 de novembro de 2013 , publicada no Diario Oficial de Galicia número 217 do 13 de novembro de 2013.

  • 1. Anexo II de exención de auditoría de prevención de riscos laborais, de conformidade co establecido na Orde do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2013).

  • 2. Copia do documento co Plan de prevención, avaliación de riscos e, no seu caso, planificación da actividade preventiva da empresa, co lugar, data e o nome coa sinatura do responsable da actividade preventiva. ( artigo 23 de Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais e artigo 2.4 do RD 337/2010 do Regulamento dos servizos de prevención).

  • 3. Un dos seguintes documentos, segundo a modalidade preventiva adoptada pola empresa: ( artigo 10 do RD 39/71997, do Regulamento dos servizos de prevención).

    • Declaración do empresario dicindo que asume persoalmente a prevención e que cumpre cos requisitos establecidos nos artigos 10 e 11 do Real Decreto 39/1997.

    • O documento de designación dun ou varios traballadores/as para ocuparse da actividade preventiva, indicando o nome e a súa aceptación (artigo 30 da Lei 31/1995 e artigos 12 e 13 do do Regulamento dos servizos de prevención).

    • A Acta de constitución do Servizo de Prevención Mancomunado e a adhesión da empresa a este (artigo 21.5 do Regulamento dos servizos de prevención).

  • 4. Documento que acredite a persoa, ben da empresa ou ben externa, que levará a cabo as actividades de formación e información tendo en conta que son funcións reservadas a tecnicos do nivel intermedio ou superior en Prevención de Riscos Laborais. En caso de ser externa, achegar concerto co servizo de prevención alleo ao que pertence (artigos 36 e 37 do RD 39/1997, do Regulamento dos servizos de prevención).

  • 5. Concerto co servizo de prevención alleo que levará a cabo as actividades de vixilancia da saúde dos traballadores, tendo en conta as funcións reservadas aos devanditos servizos de prevención (artigo 20 do RD 39/1997).

  • 6. Certificado de formación específica en materia de prevención de riscos laborais, expedido pola entidade formativa acreditada correspondente ao nome da persoa que desenvolve a actividade preventiva na súa empresa, no que consten o título do curso realizado, as datas da súa realización, o número de horas cursadas e a denominación das unidades formativas impartidas, con indicación do número de horas de cada unidade e a cualificación final obtida, coa data de expedición e o nome coa sinatura do tecnico superior en prevención de riscos laborais que o impartiu, tanto no anverso como no reverso do certificado, de conformidade co establecido no artigo 35, no Anexo IV e no artigo 37.1 c) do Regulamento dos servizos de prevención. No caso de presentar fotocopia do orixinal, deberá vir debidamente compulsada na súa totalidade.

  • 7. Copia compulsada que acredite a personalidade física ou xurídica de quen pretenda realizar a notificación da exención da auditoria ( incluído no apartado de representante no Modelo de notificación)

  • 8. Se o solicitante actúa como representante da persoa ou empresa deberá achegar ademais copia compulsada de poderes de representación: ( autorización para realizar trámites ante a Administración en representación do titular da empresa).

  • O modelo de notificación deberá presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario de comunicación normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación dos formularios será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    A documentación que a persoa solicitante desexe achegar poderá presentala electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2º da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3º do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas

    entidades dela dependentes.

    No caso de non presentarse de forma telemática, poderase optar por presentar a notificación e demais documentación que consideren axeitada en soporte papel, por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 6 de novembro de 2013 pola que se aproban e se dá publicidade aos modelos oficiais de solicitude de autorización de persoas e entidades para desenvolver actividades de auditoría dos sistemas de prevención e de notificación sobre a concorrencia das condicións que non fan necesario recorrer á auditoría do sistema de prevención, que se presentarán na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 217 do 13 de novembro de 2013).

  • Ámbito Estatal
    • Artigo 29 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 27 do 31 de xaneiro de 1997).

    • Real Decreto 337/2010, do 19 de marzo, polo que se modifican o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 71 do 23 de marzo de 2010).

    • Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 235 do 28 de setembro de 2010).

    • Corrección de erros da Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 256 do 22 de outubro de 2010).

    • Corrección de erros da Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, no referido á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas (BOE nº 279 do 18 de novembro de 2010).

    • Real Decreto 899/2015, do 9 de outubro, polo que se modifica o Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención (BOE nº 243, do 10 de outubro de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

SI429A

Programa EMEGA.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/07/2025 00:00 - 14/08/2025 23:59

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340E

Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/04/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59