Guía de procedementos e servizos

TR820O

Axudas destinadas ás persoas traballadoras do sector do espectáculo.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/04/2021 00:00 - 14/05/2021 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar as axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras do sector do espectáculo con motivo da paralización da súa actividade a causa das medidas adoptadas ocasionadas pola COVID-19, así como a fixación dos criterios e requisitos para a súa concesión para o ano 2021.

2. O procedemento regulado nesta orde ten o código de procedemento TR820O.

Normativa reguladora.

As solicitudes, a tramitación e a concesión das subvencións axustaranse ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro; na Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021; na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; na Lei 39/2015, do 1 de novembro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e ao disposto nesta orde de bases.

As persoas traballadoras.

Obrigas das persoas beneficiarias.

Son obrigas das persoas beneficiarias destas axudas as seguintes:

1. Acreditar con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que se atopa ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

3. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou ingresos que se percibisen para a mesma finalidade.

4. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957752/ 981544785

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

15/04/2021 00:00 - 14/05/2021 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguinte requisitos:

a) Que estivesen contratadas por conta allea en empresas cuxa actividade económica se encadre nos códigos 5920, 7021, 7721, 7739, 8552, 9001, 9002, 9003 e 9004, da Clasificación nacional de actividades económicas en centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia cumprindo a seguinte condición:

– Acreditar durante o ano 2019 un mínimo de 50 días nas empresas cos códigos CNAE sinalados e que este tempo, ademais, constitúa como mínimo o 75 % das xornadas totais traballadas nese ano.

No suposto de contratos a tempo parcial, estes computaranse proporcionalmente á súa xornada de traballo.

b) Acreditar que durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020 estivese contratado por conta allea un máximo de 7 días.

2. Non poderán ser beneficiarias as persoas nas que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes de axuda serán formalizadas directamente pola persoa traballadora ou por persoa representante debidamente acreditada.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación recollida no artigo 10, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se entenderá que desiste da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Informe de vida laboral da persoa solicitante emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social polo período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2019 e a data de publicación desta orde.

b) Certificados de empresa dos períodos traballados acreditados no artigo 3.1.a) que reflictan expresamente os códigos CNAE de actividade das citadas empresas.

c) No caso de non ser posible dispor dos certificados de empresa previstos no punto b), os contratos de traballo coas empresas con códigos de actividade nº 90, «Actividades de creación, artísticas e espectáculos» ou actividade con código núm. 93, «Actividades deportivas, recreativas e de lecer».

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, deberá presentarse unha copia dixitalizada dos documentos indicados nos puntos anteriores.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma prevista no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. As persoas interesadas poderán actuar por medio de representantes para os efectos de presentación da solicitude, a acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo I da presente orde.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa física solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría da Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

De acordo co artigo 5 desta orde, comprobarase, ademais, se se percibiron outras axudas ou rendas de carácter público durante o período previsto no artigo 4 desta orde:

f) Consulta do histórico das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas (RPSP), Incapacidade Temporal, Maternidade e Paternidade.

g) Consulta da percepción de prestación de desemprego.

h) Consulta da percepción da renda de integración social de Galicia na data concreta.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar eses documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 69 do 14 de abril de 2021).

    • Extracto da Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 69 do 14 de abril de 2021).

    • Resolución do 7 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 29 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 53 do 17 de marzo de 2022).

Outros procedementos relacionados

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701C

Inicio de actividade, cese de actividade e modificación da actividade de formación do persoal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outra práctica de decoración persoal que implique a perforación da pel, mucosa ou tecidos, e aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA701D

Inicio de cursos para o personal encargado da realización de operacións de mantemento hixiénico-sanitario de: instalacións susceptibles de propagar a lexionelose, prácticas de tatuaxe, micropigmentación, piercing e outras prácticas de decoración persoal que impliquen a perforación da pel, mucosas ou tecidos, e manexo de aparellos de bronceado artificial mediante radiacións ultravioleta

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SA850A

Solicitude de acreditación de actividades no sistema acreditador da formación continuada das profesións sanitarias a través de Saga.

Aberto todo o ano