Guía de procedementos e servizos

TR807L

Axudas destinadas ao financiamento de plans de formación compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva (Liña 2).

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2025 - Prazo aberto: 27/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Financiamento de plans de formación, compostos por actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva, promovidos polas organizacións sindicais ou empresariais sectoriales.

Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións que se regulan nesta convocatoria:

En relación coas subvencións destinadas ao financiamento de actividades formativas dirixidas á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas coa negociación colectiva no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (liña 2):

As organizacións sindicais e empresariais que participan no dito ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as fundacións ou outras entidades constituídas por aquelas para a consecución daqueles fins.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Relacións Laborais

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547242

Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: ABERTO

27/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Para este efecto, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no Diario Oficial de Galicia.

3. Se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

4. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. Para efectos destas subvencións, considéranse de ámbito autonómico as organizacións sindicais e asociacións empresariais que estean lexitimadas para a negociación colectiva sectorial nun ámbito xeográfico e funcional específico que non exceda os límites da Comunidade de Galicia, de acordo co establecido nos números 2 e 3 do artigo 87 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

2. No caso de que a entidade solicitante sexa unha fundación ou outra entidade vinculada cunha organización sindical ou empresarial, substituirá esta última para todos os efectos previstos nesta orde.

3. Nos supostos recollidos no número 1, non poderán ser beneficiarias as organizacións que se encontren integradas nunha entidade de ámbito federal ou confederal, cando a federación ou a confederación da cal formen parte sexa tamén beneficiaria destas subvencións.

4. Cando a entidade beneficiaria sexa unha asociación empresarial, os seus membros asociados que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamentan a concesión da subvención en nome e por conta daquela terán igualmente a consideración de beneficiarios.

5. Non poderán obter a condición de entidades beneficiarias das subvencións as entidades e organizacións en quen concorra algunha das circunstancias a que se refire o artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. Non poderán ter a condición de entidades beneficiarias as administracións públicas, as sociedades públicas ou as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Solicitudes.

1. Cada solicitude presentada deberá conter un único plan de formación.

2. Unha entidade solicitante poderá presentar como máximo, no conxunto da convocatoria, un plan por cada liña. No caso de que presente máis dunha solicitude por liña, solo se terá en conta aquela que se presentase en primeiro lugar.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), conforme o anexo II.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes se entenderán cumpridos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representatividade da organización sindical solicitante no correspondente ámbito territorial, sectorial e intersectorial, segundo corresponda.

b) No caso de organizacións empresariais ou fundacións ou outras entidades constituídas por estas, certificado en que conste o número de empresas con que conta.

c) Orzamento total solicitado por actividades formativas (anexo III).

d) Plan de formación (anexo IV), que conterá a seguinte información:

1º. Formulación xeral da proposta.

2º. Actividades formativas solicitadas, xustificación da súa conveniencia e adecuación da proposta.

3º. Deseño e contidos do plan de formación.

4º. Obxectivos das actividades formativas.

5º. Resultados esperados do plan de formación.

6º. Metodoloxía de desenvolvemento do plan de formación.

7º. Por cada actividade formativa deberán detallarse o número de persoas participantes, o número de horas de formación, a modalidade de impartición, o número de sesións ou edicións que se van impartir por cada unha e o custo da actividade.

e) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de se tratar dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social.

f) Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar en nome da entidade solicitante.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electrónicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4 No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. De conformidade co establecido no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, terán tamén a condición de entidades beneficiarias os membros asociados da entidade beneficiaria que se comprometan a executar a totalidade ou parte da actividade que fundamenta a concesión da subvención en nome e por conta desta. Neste caso, xunto coa solicitude deberán achegar adicionalmente:

a) Nomeamento dunha persoa representante ou apoderada única da asociación ou agrupación, con poderes suficientes para cumprir cos deberes das entidades beneficiarias.

b) Copia do instrumento de formalización da asociación ou agrupación.

c) Certificado expedido por quen teña estas facultades na organización, de acordo cos seus estatutos, no cal se acredite a condición de membro asociado integrante da asociación.

d) Copia do compromiso de execución formalizado polas entidades asociadas ou agrupadas, subscrito pola representación legal destas, no cal se concreten as partes do proxecto que realizará cada entidade.

e) Compromiso de responsabilidade solidaria dos seus membros e de non disolución mentres non transcorran os prazos de prescrición legalmente previstos.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificados de estar ao día no pagamento á Axencia Estatal da Administración Tributaria, á Tesouraría Xeral da Seguridade Social e á Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presente os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e coa negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (códigos de procedemento TR807K e TR807L) (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2025).

    • Extracto da Orde do 12 de marzo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación dirixidos á capacitación para o desenvolvemento das funcións relacionadas co diálogo social e coa negociación colectiva, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 (códigos de procedemento TR807K e TR807L) (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

DE500A

Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE500B

Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701H

Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

MR701I

Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

Tramitar en liña

Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59