Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR802O
Certame Cooperativismo no Ensino.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. O certame Cooperativismo no ensino ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
2. No desenvolvemento das actividades deberanse potenciar e propiciar os valores e principios que inspiran o cooperativismo, tales como: a solidariedade, o espírito democrático, a participación, a actuación colectiva ou a solución de conflitos de forma pactada.
Modalidades.
O alumnado dos centros educativos de Galicia poderá presentar os traballos nas seguintes modalidades:
a) Actividades artísticas tales como debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos dirixida ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
b) Actividades cooperativizadas dirixidas ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
c) Proxectos empresariais cooperativos dirixidos ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
- Modalidade de actividades artísticas dirixido ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial.
1. O alumnado dos centros de infantil, primaria e educación especial poderá presentar a este concurso os debuxos, pinturas, maquetas, fotografías ou vídeos, realizados por eles, en que que se reflicta a posta en práctica dos valores e principios cooperativos, segundo as seguintes categorías:
a) Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil.
b) Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
c) Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria.
d) Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria.
2. Os traballos presentados poderán optar aos seguintes premios:
a) Un premio ao mellor traballo de cada categoría.
b) Un accésit por cada categoría.
3. Condicións técnicas.
• Os traballos de debuxo, pintura e elaboración de maquetas presentaranse en formato e soporte libre, empregando as técnicas que o alumnado decida. Os traballos deberán estar correctamente identificados en letras maiúsculas cos datos de autoría: nome, apelidos, idade, curso, enderezo do centro escolar, así como a categoría en que participan e o título do traballo.
• Os traballos de fotografía presentaranse en formato dixital, arquivos JPG, RAW ou TIFF, en alta resolución para a súa posible publicación, de 2.000 píxeles como mínimo no seu lado máis reducido. A resolución recomendada é de 300 ppp. Ademais dos arquivos en formato dixital deberán enviarse copias en papel. Cada fotografía (copia impresa), así como o correspondente soporte coas copias dos arquivos, deberán levar unha inscrición no reverso que indique con letra lexible os datos de identificación da autoría: nome, apelidos, idade, curso, dirección do centro escolar, así como a categoría en que participan e título do traballo.
• No caso de vídeos, as producións presentaranse nun DVD estándar ou noutro soporte reproducible en calquera reprodutor convencional, poden conter menú de inicio. O formato será MPEG2 PAL, configurado como zona 2 ou como zona libre. A súa duración non poderá exceder os 10 minutos. O soporte non poderá conter máis dun traballo e deberá estar identificado cos datos da autoría: nome, apelidos, idade, curso, enderezo do centro escolar e a categoría en que participan, título da creación presentada, así como unha ficha técnica.
• Todos os textos, locucións e grafismos empregados nos traballos deberán utilizar o galego. Non se admitirá ningún traballo en soporte distinto dos anteriores ou que non respecte as condicións indicadas.
4. En cada traballo deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas.
- Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial.
1. O alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e de educación especial poderá presentar a este concurso as memorias de actividades realizadas cooperativamente por grupos de alumnos ou alumnas. As actividades poderán consistir, entre outras, en viaxes de ampliación de estudos, festivais de fin de curso, campionatos deportivos, xornais, páxinas web, programas de radio ou obras de teatro.
2. Os traballos presentados poderán optar aos seguintes premios:
a) Un premio ao mellor traballo.
b) Un accésit.
3. A memoria dos traballos realizados describirá o proceso de elaboración e realización da actividade de xeito que indique:
a) Título do traballo.
b) Definición dos obxectivos, aclarando as metas que se pretenden acadar e os beneficios de tipo cooperativo que se espera que reporte a actividade.
c) Asignación de tarefas. Débese dividir o traballo en partes e decidir que persoa ou persoas se encargan de cada unha delas. Para isto é importante ter en conta os intereses de cadaquén, as súas posibilidades, coñecementos, preferencias etc.
d) Tarefas desenvolvidas. Débese especificar que tipo de recursos se precisan para levar a cabo a actividade e cales deles se utilizan. Estes poden ser materiais de tipo documental, gráficos, sonoros, económicos etc. Tamén é necesario precisar a maneira de obtelos.
e) Dinámica das reunións. Para que o traballo estea coordinado hai que celebrar reunións periódicas para poñer en común o realizado, así como para establecer cales son as seguintes tarefas, os prazos, as persoas encargadas de realizalas e calquera decisión sobre a marcha do proxecto. Para este fin débense levantar actas das reunións en que se deixe constancia de todo isto.
f) Resultado final.
Esta memoria deberá estar redactada en galego e terá unha extensión máxima de 6 follas DIN A4 escritas por unha soa cara. Engadiranse, como anexos, o resultado final e os documentos precisos para xustificar a realización do proxecto, nas súas diferentes etapas, tales como fotografías da realización, documentos, materiais realizados e actas das reunións, debidamente identificados co nome do centro e o título do proxecto.
4. En cada traballo deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas.
- Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixida ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
1. O alumnado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e de ensinanzas de réxime especial, nos cales se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.
2. Os traballos presentados á modalidade de proxectos empresariais cooperativos poderán optar aos seguintes premios:
a) Premio ao mellor proxecto.
b) Un accésit ao proxecto finalista.
3. Os proxectos deberán desenvolver o proceso completo de posta en marcha dun proxecto empresarial, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.
Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e en formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados obrigatoriamente dunha ficha resumo segundo o modelo que pode obterse na parte de Cooperativismo e Economía Social na web http://emprego.ceei.xunta.gal/, así como dun currículo do grupo (nomes, apelidos, idades e estudos do alumnado).
4. Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas, que deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora, ou un director ou directora.
Os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial, presentando os traballos elaborados polo seu alumnado, segundo as modalidades e nos termos previstos nestas bases.
Obrigas dos beneficiarios, compatibilidade e reintegro.
1. As persoas e entidades beneficiarias quedan obrigados a someterse ás accións de control, comprobación e inspección que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, ás de control financeiro que correspondan, se é o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas, ou a outros órganos da Administración do Estado ou da Unión Europea, a achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Os premios serán compatibles con calquera subvención ou axuda para a mesma finalidade.
3. Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Promoción da Economía Social
Edificio Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999268
Fax: 981957748
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2019 00:00 - 30/04/2019 23:59
O prazo de presentación das solicitudes comeza ao día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2019. Non obstante, se o período de presentación resulte inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Non poderán participar as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, en quen concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. Así mesmo, en aplicación do previsto no número 3 do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, as persoas físicas, titulares dun centro educativo, dispoñen da capacidade económica e técnica que lles permita acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios para relacionarse coas administracións. Por tanto, as persoas físicas presentarán as súas solicitudes da mesma forma prevista no parágrafo anterior.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para este efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que asina como solicitante.
b) Traballos que se presentan ao certame segundo se indica:
• Modalidade de actividades artísticas: debuxos, pinturas, maquetas, fotografías e/ou vídeos, de conformidade co sinalado no artigo 5 desta orde.
• Modalidade de actividades cooperativizadas: memorias das actividades realizadas cooperativamente, segundo o sinalado no artigo 6 desta orde.
• Modalidade de proxectos empresariais cooperativos: proxectos, ficha resumo, e currículo do grupo, segundo o sinalado no artigo 7 desta orde.
2. Non será necesario achegar a documentación acreditativa de representación que xa fora presentada anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Non obstante, os traballos do alumnado na modalidade de actividades artísticas, debidamente identificados, deberán entregarse na Secretaría Xeral de Emprego (Consellería de Economía, Emprego e Industria, edificios administrativos de San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela). Poderase utilizar calquera tipo de envío sempre que garanta a entrega no lugar e prazo previsto na convocatoria.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administración Públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
Só para as modalidades de actividades artísticas e actividades cooperativizadas, a seguinte documentación:
c) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha das circunstancias imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Orde do 20 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 29 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios do certame Cooperativismo no ensino 2019, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano