Guía de procedementos e servizos

TR801B

Recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Sobre o procedemento

Solicitude de recoñecemento ou baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social nun centro especial de emprego xa existente.

Centros especiais de emprego preexistentes, ou persoas que os representen.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957746/ 981957747

Email: economiasocial.emprego@xunta.gal

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes

As solicitudes e comunicacións presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado que consta no anexo I (código de procedemento TR801B), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude ou comunicación aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes ou comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

Xunto coa solicitude do anexo I, no caso de solicitar o recoñecemento da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Certificación literal dos estatutos vixentes da persoa xurídica solicitante expedida polo rexistro onde figure inscrita a entidade, así como das entidades que participen indirectamente, de ser o caso. Os estatutos deberán reflectir como finalidade principal a integración de persoas con discapacidade en CEE.

b) Memoria explicativa do destino previsto para os posibles beneficios xerados pola actividade do centro.

c) Certificación relativa aos centros de traballo para os cales se solicita a cualificación, especificando a súa localización, actividade e relación nominal do cadro de persoal do centro, indicando se se trata de persoas traballadoras con discapacidade.

d) Resolucións motivadas do correspondente equipo de valoración e orientación (EVO) que determine a capacidade da persoa traballadora para desenvolver as funcións do posto que ocupa.

e) Informe de traballadores en alta (ITA) no código conta de cotización correspondente.

f) Se é o caso, certificación de data actual expedida polo rexistro competente acreditativo da inscrición vixente e copia dos estatutos vixentes depositados nese rexistro, da entidade promotora, que deberá ser titular da maior parte do capital social da sociedade mercantil titular do centro (caso de asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, os estatutos vixentes da entidade promotora deben recoller a irrepartibilidade do seu patrimonio, agás a favor de entidades do mesmo carácter).

g) Xustificante de pagamento (exemplar para a Administración) do importe da taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da primeira inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.

Xunto coa solicitude do anexo I, no caso de solicitar a baixa da condición de carencia de ánimo de lucro e/ou iniciativa social, deberá achegarse a seguinte documentación:

a) Xustificante de pagamento (exemplar para a Administración) do importe da taxa por servizos administrativos en concepto de modificación da primeira inscrición en rexistros oficiais (código 300200), agás que o pagamento se realice directamente a través da sede electrónica.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude ou comunicación, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude ou o número de expediente, se se dispón del.

- No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación dos procedementos previstos nesta orde, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) NIF da entidade comunicante.

d) Imposto de actividades económicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude ou comunicación deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG nº 138 do 19 de xullo de 2005).

    • Corrección de erros.-Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento (DOG nº 147 do 2 de agosto de 2005).

    • Orde do 3 de novembro de 2025 pola que se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos do órgano competente do Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia (DOG nº 220 do 13 de novembro de 2025).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 2273/1985, do 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos Centros Especiais de Emprego (BO» núm. 294, de 9 de decembro de 1985).

    • Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social (BOE nº 289, do 3 de decembro de 2013).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 26/01/2026 09:00 - 30/09/2026 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR701L

Axudas Leader PEPAC 2023-2027

Tramitar en liña

Prazo aberto: 03/02/2026 00:00 - 06/04/2026 23:59