Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR363A - Subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas.
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas das persoas novas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que realizan prácticas non laborais nestas empresas (procedemento TR363A).
2. As subvencións previstas nesta orde tramitaranse de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A quen vai dirixido?
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con persoas novas para a realización de prácticas non laborais.
Obrigas das entidades beneficiarias.
1. Antes do comezo das prácticas, a entidade beneficiaria da subvención ten que poñer en coñecemento da Inspección de Traballo e Seguridade Social-Inspeccións provinciais (unidades especializadas de Seguridade Social):
– Unha relación das persoas que vaian realizar as prácticas non laborais.
– Datos do/dos centro/s de traballo da empresa onde se van realizar as prácticas:
• Denominación.
• Enderezo.
• Localidade.
– Datas e horarios de realización das prácticas.
2. Proporcionar ás persoas novas que realizan prácticas non laborais a formación que acompañará estas conforme o programa de prácticas establecido no artigo 4.4 do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, e presentado ao Servizo Público de Emprego de Galicia.
3. Desenvolver as prácticas nos termos previstos no acordo subscrito coa persoa nova.
Se as prácticas se van desenvolver en máis dun centro de traballo isto ten que vir reflectido no programa de prácticas. Neste caso a entidade deberá enviar a planificación detallada das funcións que vai desenvolver a persoa en prácticas en cada un dos centros con cinco días de antelación, co obxecto de facilitar o seu control e seguimento.
4. Aboar mensualmente as bolsas mediante transferencia bancaria.
5. Cumprir coas obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Cumprir coas obrigas que lle corresponden como empresario/a de acordo co establecido no artigo 5.1 do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación.
7. Comunicar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a obtención de subvencións ou axudas para o mesmo proxecto e finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público.
8. Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas ou polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como someterse a todas as actuacións de comprobación e control previstas no artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ás relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión o seguimento do Fondo Social Europeo, que incluirán os correspondentes controis sobre o terreo, e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, á Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.
9. Remitir á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral e á Inspección de Traballo e Seguridade Social unha comunicación motivada das baixas ou acordos de modificación ou redución de xornada das persoas novas que realicen as prácticas, no prazo de cinco días desde que se produzan.
Cando a persoa nova cause baixa non poderá ser obxecto de substitución, para os efectos desta subvención.
10. Comunicar á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente a realización das prácticas reguladas pola presente orde, no prazo de cinco días desde que se produza.
No caso de referirse a un cambio no horario ou no lugar de realización das prácticas, a comunicación deberá ser previa á materialización dese cambio. No caso de non facer tal comunicación, o feito de que a persoa que realiza as prácticas non se encontre no lugar de realización das prácticas durante o horario autorizado terá a consideración de ausencia.
11. Manter os partes de asistencia diaria asinados pola persoa nova e pola persoa responsable da súa titoría no centro en que se desenvolvan as prácticas. A falta deste control ou o feito de non estar dispoñible no caso dunha inspección poderá se considerado como unha ausencia no caso de que non se poida acreditar a asistencia por outros medios.
No caso de ausencias estas deberán estar xustificadas e, no caso de non xustificación, non se aboará a subvención correspondente a eses días, no caso que se se teña dereito a ela. A xustificación da ausencia debe facerse por correo electrónico ao enderezo sx.promocionlaboral@xunta.gal nas tres horas seguintes a que se produza esta. De non facerse así, considerarase non xustificada. A constatación de que se producisen tres ausencias non xustificadas penalizarase coa perda da subvención.
Requisitos
1. As empresas ou grupos empresariais, en colaboración cos servizos públicos de emprego e no marco da responsabilidade social empresarial, poderán subscribir acordos con persoas novas, con ningunha ou moi escasa experiencia laboral, co obxecto de realizar prácticas de carácter non laboral nos seus centros de traballo, co fin de contribuír a mellorar a súa empregabilidade e ofrecerlles un primeiro contacto coa realidade laboral a través do achegamento a ela, ao tempo que contribúen a completar a formación acadada pola persoa nova. O acordo deberá conter a información mínima indicada no Real decreto 1543/2011 ademais do importe neto da bolsa. Poderá utilizar o modelo que pode descargar desde a páxina http://emprego.ceei.xunta.gal/practicas-non-laborais
Poderán acollerse a esta subvención as empresas ou grupos empresariais que asinasen acordos con posterioridade ao 15 de novembro de 2016 e ata a data límite de presentación de solicitudes desta convocatoria. As prácticas deberán iniciarse como máximo no prazo dun mes desde a sinatura do acordo coa persoa nova. No acordo deberá estar definida a data de inicio das prácticas. O incumprimento deste requisito terá como consecuencia a perda do dereito ao cobramento da subvención nos termos previstos no artigo 61 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. As prácticas non laborais realizaranse en centros de traballo localizados na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. As prácticas non laborais nas empresas non suporán, en ningún caso, a existencia de relación laboral entre a empresa e a persoa nova.
4. As prácticas non laborais nas empresas terán unha duración de entre seis e nove meses; e a xornada laboral será, como mínimo, de catro horas diarias e non poderán superar as corenta horas semanais.
5. As prácticas desenvolveranse en centros de traballo da empresa ou do grupo empresarial, baixo a dirección e supervisión dunha persoa que as titorice. Á finalización das prácticas non laborais, as empresas deberán entregar ás persoas que as realicen un certificado en que conste, polo menos, a práctica realizada, os contidos formativos inherentes a ela, a súa duración e o período de realización.
6. As empresas ou grupos empresariais en que se desenvolvan as prácticas aboarán ás persoas novas participantes unha bolsa de apoio cuxa contía neta será, como mínimo:
• 1,2 veces o IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas teñan unha duración de catro horas diarias.
• 1,5 veces o IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas duren máis de catro horas diarias.
7. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, das persoas estudantes universitarias, que se rexerán pola súa normativa específica.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Formación e Colocación
Subdirección Xeral de Formación para o Emprego
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545640
Fax: 981544604
Órgano responsable
Servizo de Planificación da Formación para o Emprego
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 14 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (DOG nº 186 do, 29 de setembro de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
30/09/2017 - 30/10/2017
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia
Documentación para a presentación
- Xunto coa solicitude haberá que presentar a seguinte documentación complementaria:
- a) Programa de prácticas.
- b) Acordo asinado para a realización de prácticas.
- c) Declaración responsable da persoa nova, do cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4.1.
- d) Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude en nome e representación da entidade.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) Verificación da identidade (DNI/NIE) da persoa representante.
- b) Verificación da identidade (NIF) da entidade solicitante.
- c) Estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
- d) Estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
- e) Estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluídos o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
As imaxes electrónicas aplicarán os formatos establecidos para ficheiros de imaxe na Norma Técnica de Interoperabilidade do Catálogo de Estándares; o nivel de resolución mínimo para imaxes electrónicas será de 200 píxeles por pulgada, tanto para as imaxes obtidas en branco e negro como en cor ou escada de grises; a imaxe electrónica será fiel ao documento orixe (respectará a xeometría do documento orixe en tamaños e proporcións, non conterá caracteres ou gráficos que non figurasen no documento de orixe e a súa xeración realizarase por un medio fotoeléctrico).
As imaxes electrónicas que acheguen as entidades interesadas ao procedemento administrativo terán eficacia, exclusivamente, no ámbito da actividade das administracións públicas.
As imaxes electrónicas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Na sede electrónica publicaranse os formatos admitidos para a presentación de documentación.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou a persoa que a represente deberá indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, de se dispor del.
- No suposto de que a solicitude non cumpra os requisitos sinalados na convocatoria ou a documentación presentada conteña erros ou sexa insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa solicitude, logo de resolución que así o declare.
- Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:
- 1º. Que en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas:
– Non se solicitou nin se concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención.
– Si se solicitaron e/ou concederon outras axudas para este mesmo proxecto e conceptos para os que se solicita esta subvención, deberán relacionarse.
- 2º. Que, en relación con outras axudas de minimis:
– Non se solicitou nin se concedeu ningunha axuda de minimis.
– Si se solicitaron e/ou concederon outras axudas de minimis, deberán relacionarse.
- 3º. Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se xuntan son certos.
- 4º. Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- 5º. Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- 6º. Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
- 7º. Que coñece as estipulacións da presente orde, que cumpre cos requisitos sinalados nela, que se compromete a destinar o importe da axuda ao obxecto da subvención indicada e que reúne capacidade administrativa/financeira para cumprir as condicións de aprobación da axuda.
As empresas que iniciaron prácticas non laborais antes da resolución da axuda deberán garantir que cumpriron a normativa de aplicación da operación.
- 8º. Que cumpre cos requisitos necesarios para o recoñecemento do dereito á/ás subvención/s que solicita, e dispón da documentación que acredita tal cumprimento e que porá á disposición da Administración cando lle sexa requirida, ademais de que se compromete a manter os ditos requisitos durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito.
- 9º. Que non ten a condición de empresa en crise, segundo a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión.
- 10º. Que se deixa de cumprir o sinalado nos anteriores puntos, e especialmente no punto 8, recoñece a obriga de comunicalo ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.
Como podo?
+Como podo? Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo? Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 100 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 100 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Dous meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo? Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo? Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo? Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"