Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR361A - Subvencións ao abeiro do Real Decreto 196/2010, do 26 de Febreiro: axuda especial.
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria pública no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia do procedemento de concesión directa da subvención especial previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo, modificado polo Real decreto 1783/2011, do 16 de decembro.
As persoas traballadoras afectadas polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, ou 25/2001, do 31 de xullo.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias, ademais das obrigas establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes:
a) Permanecer inscritas como desempregadas nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia e seguir estando dispoñibles para aceptar unha colocación que resulte axeitada á súa capacidade laboral e condicións socioprofesionais e para participar en actuacións dirixidas a favorecer a súa inserción laboral. O rexeitamento inxustificado de accións de inserción laboral suporá a perda do dereito á subvención.
b) Facilitar toda a información e documentación que lles sexa requirida en calquera fase do procedemento polos órganos de tramitación ou control da Administración, tanto para os efectos de acreditar o cumprimento dos requisitos para o recoñecemento do dereito como para manter o dereito á súa percepción.
c) Comunicarlle ao Servizo Público de Emprego de Galicia calquera variación que se produza respecto das circunstancias tidas en conta no momento da concesión, así como en relación aos requisitos exixidos para manter o dereito á percepción da subvención especial e contía adicional ou dos compromisos e obrigas asumidos pola persoa beneficiaria.
d) Comunicarlle ao Servizo Público de Emprego de Galicia o inicio de calquera traballo, ou ben o pase á situación de pensionista por xubilación ou por incapacidade permanente nos graos de incapacidade permanente absoluta para todo tipo de traballo ou grande invalidez, co fin de interromper o pagamento da subvención.
e) Comunicar a solicitude ou concesión de calquera outro tipo de axuda para a mesma finalidade que se subvenciona.
f) Cumprir as obrigas impostas pola lexislación específica aplicable.
a) Ter 52 ou máis anos.
b) Estar desempregado, non ocupado e inscrito como demandante de emprego nas oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia.
c) Non ter dereito ao gozo da prestación por desemprego de nivel contributivo ou, en caso de ter dereito a esta, tela esgotada.
d) Para percibir a contía adicional, ter subscrito o convenio especial coa Seguridade Social que se regula no artigo 5 bis do citado Real decreto 196/2010.
Serán persoas beneficiarias as persoas traballadoras que, cumprindo os requisitos do número 1 do artigo 3 e os demais establecidos nesta orde, permanezan en situación de desemprego desde a extinción dos seus contratos polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo. Así mesmo, poderanse beneficiar das ditas subvencións as persoas traballadoras que, con posterioridade aos citados expedientes de regulación de emprego, realicen traballos por conta allea ou por conta propia e se produza a extinción do traballo por conta allea ou o cesamento da actividade por conta propia con anterioridade ao 28 de febreiro de 2010 ou con posterioridade á dita data, e quedasen en situación de desemprego. Se a causa da finalización da actividade por conta propia ou allea fose por vontade da persoa traballadora aplicarase, de ser o caso, o previsto no parágrafo seguinte.
Non se terá dereito á subvención no suposto de que a persoa traballadora extinguise o seu contrato por conta allea ou cesase na súa actividade por conta propia, por vontade propia sen causa xustificada no prazo dos tres meses anteriores ao 28 de febreiro de 2010 ou con posterioridade á dita data.
Cando a persoa solicitante reúna os requisitos indicados no punto 1 do artigo 3 desta orde, agás a letra c), e estea a percibir a prestación contributiva por desemprego, o dereito ao gozo das axudas recollidas na presente orde comezará a partir do día seguinte á extinción da citada prestación.
Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria das subvencións previstas nesta orde aquelas nas cales concorran algunhas das circunstancias establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544639
Fax: 981545765
Email: sub.orientacion.ceei@xunta.gal
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación
Orde do 28 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión da subvención especial e da contía adicional previstas no Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG nº 96 do 22 de maio de 2017).
Resolución do 27 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2020, do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG. nº 234 do 10 de decembro de 2019).
Resolución do 23 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2022 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais, aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo (DOG nº 5 do 10 de xaneiro de 2022).
Resolución do 29 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se fai público o crédito destinado á concesión das axudas previstas para a anualidade 2023 do Real decreto 196/2010, do 26 de febreiro, polo que se establecen medidas para facilitar a reinserción laboral, así como o establecemento de axudas especiais aos traballadores afectados polos expedientes de regulación de emprego 76/2000, do 8 de marzo de 2001, e 25/2001, do 31 de xullo de 2001 (DOG nº 69 do 11 de abril de 2023).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
1. O prazo ordinario de presentación de solicitudes será de dous meses desde que se cumpran os requisitos establecidos nesta orde.
Cando a percepción da subvención especial e/ou contía adicional estean suspendidas conforme o disposto no artigo 7.1 desta orde, o prazo de dous meses para solicitar a súa renovación comezará a contar a partir do día seguinte ao da extinción do traballo por conta allea ou do cesamento de actividade por conta propia.
Cando a persoa solicitante estea a percibir a prestación contributiva por desemprego, o prazo de dous meses comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se produza a extinción da dita prestación.
No caso de que se presentase a solicitude fóra do prazo de dous meses establecido no artigo 15 desta orde, esta será admitida tendo en conta que o inicio do dereito á percepción da subvención especial e/ou contía adicional, ou a súa renovación, se producirá desde o día da presentación.
2. No caso concreto do recoñecemento inicial da subvención especial, a vixencia do dereito ao seu recoñecemento rematou o día 27 de febreiro de 2012. As persoas solicitantes que nesta data cumprían os requisitos, excepto o do artigo 3.1.c (estaban a percibir a prestación contributiva por desemprego), disporán do prazo de dous meses para solicitar a axuda contados a partir do día seguinte á extinción da citada prestación. Esta limitación non se aplica aos casos de suspensión e renovación nin á solicitude inicial da contía adicional.
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Para o caso de solicitar a axuda especial, ademais do anexo I debidamente cuberto:
- Copia da resolución do expediente de regulación de emprego onde conste a persoa traballadora.
- Certificado expedido polo Servizo Público de Emprego Estatal, relativo ao recoñecemento e extinción por esgotamento da prestación por desemprego de nivel contributivo. No caso de non ter dereito á dita prestación, certificado neste sentido expedido polo mesmo Servizo Público de Emprego Estatal.
- Documentación acreditativa da capacidade do representante legal da persoa solicitante para actuar no seu nome e na súa representación.
- Para o caso de solicitar a axuda especial, ademais do anexo I debidamente cuberto:
- Comunicación empresarial en que conste a extinción do traballo por conta allea ou acreditación do cesamento da actividade por conta propia por causas alleas á vontade da persoa solicitante no caso de extinción do traballo por conta allea ou cesamento da actividade por conta propia.
-
As solicitudes da subvención especial e/ou contía adicional, tanto para o recoñecemento inicial do dereito como para a súa renovación, deberanse presentar preferiblemente por vía electrónica, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas a presentar electronicamente as solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"