Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR357B
Liña III: Axudas para as certificacións de RSE.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos a pemes, incluídas persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo, para implantar sistemas de xestión de RSE, código de procedemento administrativo (TR357B), a igualdade laboral, código de procedemento administrativo (TR357C), así como para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral, código de procedemento administrativo (TR357D), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Liña III: Certificacións de RSE (TR357B). Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación), Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Globlal Compact (Pacto Mundial); ISO 19600, SGE 21, Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente), SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), Certificación Empresa saudable, asi mesmo Selo Horarios Racionais (SHR).
Contía da axuda
Será o pagamento do 80 % dos custos que leve consigo o proceso de certificación ou verificación cun máximo de 3.000 € por empresa .
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas, que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea, con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas, e deberán contar cun mínimo de 6 persoas traballadoras.
Tamén poderán presentar solicitude as empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia co mesmo número de persoas traballadoras que no punto anterior.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude.
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2020 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe non se terán en conta os contratos a tempo parcial.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais, Seguridade e Saúde Laboral
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957752
Fax: 981957751
Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2020 00:00 - 24/02/2020 23:59
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As entidades solicitantes deben atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social para os efectos de subvencións e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración Xeral da Comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
2. No caso de grupo de empresas, ou empresas vinculadas segundo a definición do artigo 18 Lei 27/2014, de 27 de noviembre, do imposto sobre sociedades, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.
3. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos empresariais que xa fosen beneficiarios destas axudas, polos mesmos conceptos, en anos anteriores.
4. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas solicitantes presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a corrección.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Orzamento detallado dos custes para a obtención da certificación ou verificación para a que se solicita a subvención.
b) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.
c) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa referida aos 30 días inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
g) Alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE), no caso de ser unha persoa autónoma.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado nos formularios de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo III)
Prazo de resolución: Non poderá exceder os 3 meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
-
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento TR357C, TR357D e TR357B) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).
-
Resolución do 18 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano