Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR356C
Axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras. Programa V: Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Ao amparo deste programa de axudas, as empresas de inserción (EI) poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Asemade, as entidades promotoras de empresas de inserción poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e). Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non a poderán solicitar a empresa ou as empresas de inserción que promovan.
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción inscritas como tales no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 178/2022, do 15 de setembro, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción de Galicia e o seu rexistro administrativo, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545701/ 981544682
Email: integracion.laboral.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
30/05/2025 00:00 - 30/09/2025 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o oitavo día hábil ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2025.
2. No caso de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes esgotásese o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitues e publicará tal circunstancia no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería.
As entidades promotoras de empresas de inserción e as empresas de inserción participantes nesta subvención deberán:
1. Estar inscritas no Rexistro Administrativo de Empresas de Inserción de Galicia.
2. Non concorrer en ningunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Non estar excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
As axudas previstas no programa V serán compatibles con calquera outra axuda da Unión Europea, doutras administracións públicas ou entes públicos ou privados. O importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, públicos ou privados, supere o custo da actividade subvencionada e o límite previsto no artigo 21 desta orde.
Solicitudes
1. As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas regulados nesta orde. As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada tipo de axuda, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados que se publicarán con cada convocatoria de axudas como anexos I, II, III, IV-A, IV-B, XI e XII (segundo o tipo de axuda de que se trate) e que estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán anexar coa solicitude a documentación complementaria sinalada para cada un dos programas de axudas definidos nestas bases reguladoras.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou devanditos documentos, que serán solicitados de forma electrónica a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse de forma electrónica.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a enmiende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento esíxao ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaian a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación dos mesmos de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo os formatos admitidos poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria especifica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 63, xunto coa solicitude, presentarase a documentación específica que corresponda segundo a liña de axuda solicitada:
Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EI (ver artigo 78).
Inicio e posta en marcha da actividade (ver artigo 82).
Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción (ver artigo 86).
Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EI (ver artigo 90).
Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción (ver artigo 94).
Formación para as persoas en proceso de inserción (ver artigo 98).
Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social (ver artigo 102).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Imposto de actividades económicas, data de alta da actividade da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao corrente nas súas obrigacións coa Seguridade Social a entidade solicitante.
e) Certificación de estar ao corrente nas súas obrigacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante.
f) Certificación de estar ao corrente nas súas obrigacións coa Axencia Estatal Tributaria a entidade solicitante.
g) DNI ou NIE das persoas traballadoras obxecto da subvención e/o destinatarias finais da subvención.
h) Informe da vida laboral das persoas traballadoras polas cales se solicita a subvención e das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias finais da subvención.
i) Contratos de traballo das persoas polas cales se solicita a subvención e das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias da subvención.
j) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas que se solicita a subvención, cando lles sexa de aplicación esta circunstancia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar devanditos documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axudas.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban facer tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados de forma electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Comprobación de datos das persoas traballadoras obxecto da subvención e das persoas destinatarias finais. Xustificación (Anexo XIII)
- Solicitude de pagamento (Anexo XVI-A)
- Detalle do pagamento solicitado (Anexo XVI-B)
- Información á persoa traballadora da subvención do seu contrato laboral (Anexo XIV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2025).
-
Extracto da Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 95 do 20 de maio de 2025).
-
Corrección de erros. Orde do 16 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e do programa de incentivos ás empresas de inserción e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 115 do 18 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública
Aberto todo o ano