Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR356C - Axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras. Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2019, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Establécese o seguinte programa de axudas:
- Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (procedemento TR356C).
Liñas de axuda .
1. Ao abeiro do programa de axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social, as empresas de inserción laboral poderán acceder ás seguintes liñas de axuda:
a) Asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
b) Inicio e posta en marcha da actividade.
c) Creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
d) Contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
e) Contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
f) Formación para as persoas en proceso de inserción.
g) Mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras a) e e) deste artigo. Se a subvención a solicitan as entidades promotoras, non poderán solicitala a empresa ou as empresas de inserción laboral que promovan.
Axudas para a asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL
1. Esta axuda está destinada a financiar:
1º. Ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral, os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción laboral.
2º. Ás empresas de inserción laboral, os custos dirixidos á mellora, reorientación e diversificación da actividade empresarial.
No caso de creación de empresas, a data de alta no imposto de actividades económicas debe estar comprendida no prazo subvencionable establecido na convocatoria.
2. Son gastos subvencionables:
a) Os estudos de mercado, estudos de viabilidade técnica, económica e financeira e labores de asesoramento e consultoría que teñan por obxecto a constitución dunha empresa de inserción laboral, a apertura de novos mercados e a reorientación ou diversificación da actividade empresarial.
b) As auditorías contables non obrigatorias que analicen a viabilidade económica e a boa xestión da empresa.
c) As auditorías sociais que permitan á empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación cos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
d) Os custos derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.
3. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
4. Os servizos de asistencia técnica deberán ser prestados por empresas especializadas que reúnan garantías de solvencia profesional.
Axudas para o inicio e posta en marcha da actividade .
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os gastos correntes derivados da posta en marcha da actividade dunha empresa de inserción.
Esta axuda poderase conceder por unha soa vez ao inicio da actividade empresarial ou cando exista unha reorientación e diversificación da actividade inicial que implique apertura de novos centros de traballo.
2. Enténdese que unha empresa inicia a súa actividade empresarial desde a data de alta no imposto de actividades económicas, ou ben desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Facenda.
Para que sexa subvencionable a diversificación da actividade requírese que, na data de solicitude de subvención, a apertura do novo centro de traballo fose comunicada ao Rexistro de Empresas de Inserción da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Son conceptos subvencionables:
a) Compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos.
b) Gastos de arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos.
c) Gastos de seguro do local e publicidade e subministracións (gastos de luz, auga, etc.).
d) Gastos de constitución tales como gastos de notario e rexistro, altas e taxas necesarias para satisfacer o inicio da actividade.
4. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
Axudas para a creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción .
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar a creación de novos postos de traballo de persoas en risco ou situación de exclusión social en función do investimento realizado en inmobilizado sempre que estea relacionado coas actividades desenvolvidas pola empresa de inserción.
Poderán subvencionarse as empresas de inserción laboral, tanto no proceso de creación da EIL coma en calquera momento posterior en que consideren necesario ampliar o cadro de persoal de persoas en inserción.
2. Computaranse como novos postos aqueles cuxa contratación se inicie no período subvencionable sinalado na convocatoria e que supoñan un incremento neto no cadro de persoal de persoas en inserción respecto do último expediente de axudas subvencionado.
3. Considerarase subvencionable o investimento consistente na adquisición de:
a) Locais de uso exclusivo para o exercicio da actividade da empresa de inserción.
b) Vehículos comerciais ou industriais necesarios e de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais por representantes ou axentes comerciais, os empregados na venda a domicilio, na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores e os empregados en servizos de vixilancia.
c) Maquinaria e útiles.
d) Equipamentos para procesos de información.
e) Mobiliario e equipamentos de oficina.
f) Activos inmateriais vinculados a novas tecnoloxías da información e ás comunicacións.
g) Dereitos e patentes.
En ningún caso se terán en conta para a acreditación do inmobilizado os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non concedan á entidade solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.
4. Non será subvencionable o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.
5. Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida para os contratos menores na normativa reguladora da contratación pública en vigor no momento da solicitude, a EIL estará obrigada a solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á realización da obra ou á entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberase xustificar expresamente a elección cando esta non recaia na oferta economicamente máis vantaxosa.
Axudas para a contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción .
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os custos da contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción que sexan necesarias para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira das empresas de inserción laboral.
Esta axuda estará condicionada á xustificación pola empresa de inserción laboral de que coas contratacións obxecto de subvención se suplan carencias para o desenvolvemento da actividade empresarial e o seu bo fin.
2. A xornada mínima subvencionable será do 50 % da establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legalmente establecida.
Cando a persoa subvencionada estea en situación de incapacidade temporal, a subvención referirase exclusivamente aos días en que o pagamento sexa, obrigatoriamente, por conta da empresa, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.
Non serán subvencionables as indemnizacións e axudas de custo.
3. Poderá concederse esta subvención a aquelas empresas de inserción laboral que fosen beneficiarias desta liña de axudas anteriormente, sempre que o total das mensualidades subvencionadas a todas as persoas técnicas ou xerentes non supere en conxunto as 36 mensualidades.
4. A persoa contratada para levar a xerencia da empresa deberá desenvolver as seguintes actuacións:
a) Planificar, organizar, xestionar e supervisar as diferentes áreas e departamentos de actuación da empresa en todas as súas áreas funcionais (márketing, vendas, produción, persoal, etc.).
b) Planificar a estratexia de captación de clientes, coordinar os aspectos da súa atención e avaliar a satisfacción.
c) Deseñar e presentar proxectos para obter recursos económicos externos para a EIL.
d) Supervisar as funcións asignadas ao persoal do centro de traballo e coordinar o seguimento de obxectivos, facilitando a participación de todo o persoal adscrito á organización, tendo en conta os itinerarios de formación e ocupación das persoas en proceso de inserción.
e) Planificar, xestionar e supervisar o estado e o correcto funcionamento das instalacións e equipamentos dos centros de traballo.
f) Xestionar e supervisar o plan de prevención de riscos laborais.
5. A misión das persoas técnicas de produción será tutelar a actividade produtiva, proporcionar o adestramento laboral na ocupación ou ocupacións en que desempeñen a súa actividade as persoas en proceso de inserción e, no caso das empresas de inserción que non conten cunha figura de xerencia específica, xestionar a comercialización da produción.
Axudas para a contratación persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción .
1. Esta liña de axudas ten por obxecto subvencionar parcialmente os custos da contratación de persoal técnico coa finalidade de desenvolver accións de orientación e acompañamento ás persoas traballadoras en proceso de inserción e facilitarlles a súa plena integración laboral en empresas normalizadas.
2. Cando a persoa subvencionada estea en situación de incapacidade temporal, o importe da subvención referirase exclusivamente aos días en que o pagamento sexa, obrigatoriamente, por conta da empresa, de conformidade co que dispoña a normativa da Seguridade Social.
Non serán subvencionables as indemnizacións e axudas de custo.
3. O persoal técnico contratado deberá cumprir algunha das seguintes condicións:
a) Posuír a titulación de técnico superior en integración social.
b) Posuír unha titulación universitaria oficial de grao adecuada ás funcións que vai desenvolver. Consideraranse titulacións universitarias adecuadas aquelas que acrediten coñecementos no ámbito educativo, asistencial, pedagóxico, psicosocial, terapéutico e sociolaboral.
c) Acreditar unha experiencia de dous anos en programas de orientación e acompañamento de persoas desfavorecidas desde a perspectiva laboral e social.
4. A persoa técnica en orientación deberá realizar, como mínimo, as seguintes funcións:
a) Orientación laboral e elaboración de plans persoais de emprego e formación dirixidos á consecución de postos de traballo adecuados ás capacidades e aptitudes dos traballadores en procesos de inserción.
b) Prospección de empresas co obxecto de difundir entre elas as posibilidades de integración laboral das persoas traballadoras en proceso de inserción, así como de estimular a súa contratación informando acerca das vantaxes económicas e sociais que iso supón.
c) Asesoramento e apoio na análise de postos de traballo e no proceso de adecuación da persoa en proceso de inserción aos devanditos postos.
d) Mediación laboral mediante a presentación á empresa contratante daquelas persoas traballadoras en procesos de inserción que presenten habilidades e capacidades adecuadas para o posto de traballo que se vaia desempeñar.
e) Seguimento das incorporacións laborais nunha empresa ordinaria daquelas persoas traballadoras procedentes da empresa de inserción.
Axudas para a formación das persoas en proceso de inserción .
1. Esta liña de axudas ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada co itinerario de inserción laboral das persoas en inserción para mellorar os coñecementos sobre as funcións propias da súa profesión, así como aquela formación que, sen ter relación cos estudos ou a actividade laboral previa, a complementen e melloren a empregabilidade das ditas persoas.
2. A formación será impartida por entidades alleas á empresa de inserción laboral.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral inscritas como tales no Rexistro Administrativo das Empresas de Inserción Laboral de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 156/2007, do 19 de xullo, que regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral e que teñan o centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
2. Tamén poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que na data de presentación da solicitude da axuda teñan solicitado a súa cualificación como empresa de inserción laboral, de conformidade co Decreto 156/2007, do 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a cualificación das empresas de inserción laboral, se crea o seu rexistro administrativo e se establecen as medidas para o fomento da inserción sociolaboral, e a Orde do 6 de maio de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro administrativo. Non obstante, non se poderá pagar a axuda mentres non obteñan a dita cualificación.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
- A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 anteriores para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544682 / 981957732
Fax: 981544678
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019).
Extracto da Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. Programa II: axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social (DOG nº 78 do 24 de abril de 2019).
Orde do 26 de novembro de 2019 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 231 do 4 de decembro de 2019).
Resolución do 29 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 24 de abril) (DOG nº 88 do 11 de maio de 2021).
Prazo de presentación: PECHADO
25/04/2019 00:00 - 30/09/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2019.
No programa II deberá presentarse unha solicitude por cada tipo de axuda.
- As solicitudes presentaranse por separado para cada un dos programas desta orde, obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I e II) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada tipo de axuda, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
1. Ás solicitudes xuntaranse os documentos sinalados no punto 5 deste artigo e nos artigos 26, 31, 35, 39, 43, 47, 51 ou 55 desta orde, segundo o programa e liña de axudas de que se trate.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
5. As entidades e empresas beneficiarias presentarán xunto coa solicitude a seguinte documentación xeral:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
b) Memoria descritiva da entidade solicitante en que se recollan as actividades de inserción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos económicos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes.
c) Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral referido ao mes en que se presenta a solicitude de subvención, segundo o modelo do anexo III, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención, se é o caso. No caso de contratacións para o apoio xerencial, á produción ou a orientación e acompañamento á inserción, deberase indicar expresamente e cubrir a epígrafe dos custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral, correspondentes ao período polo cal se solicita subvención.
d) Anexo IV asinado polas persoas traballadoras contratadas ata a data da solicitude que son obxecto de subvención e/ou polas destinatarias finais da subvención.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Imposto de actividades económicas, data de alta da actividade.
d) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificación de que a entidade solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
g) DNI ou NIE das persoas traballadoras obxecto da subvención e/ou destinatarias finais da subvención.
h) Informe da vida laboral das persoas traballadoras polas cales se solicita a subvención e das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias finais da subvención.
i) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas cales se solicita a subvención ás cales lles sexa de aplicación esta circunstancia.
j) Contratos de traballo das persoas polas cales se solicita a subvención e das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias da subvención.
k) Certificado acreditativo da discapacidade das persoas polas cales se solicita a subvención, nos casos en que sexa expedido pola Xunta de Galicia, cando na solicitude se faga constar que lle é de aplicación a dita circunstancia.
l) Certificado de empadroamento das persoas polas cales se solicita a subvención, cando na solicitude se faga constar que lle é de aplicación a circunstancia de persoa emigrante retornada.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo «nos formularios correspondentes», segundo corresponda, e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de xestión, control e verificación das axuda
Axudas para a asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria descritiva dos servizos para os que se solicita a axuda e xustificación da súa necesidade.
b) Orzamento detallado de todos os gastos para os que se solicita a axuda, co IVE desagregado.
c) Identificación da persoa, entidade ou empresa que vai prestar o servizo e xustificación da súa solvencia técnica.
d) No suposto da creación dunha empresa de inserción, actividade que vai desenvolver e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais.
e) No caso dos estudos de mercado ou viabilidade, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo e un índice do contido do estudo.
Axudas para o inicio e posta en marcha da actividade .
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Relación detallada e individualizada dos gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade, co IVE desagregado.
b) Facturas, facturas pro forma ou orzamentos dos gastos incluídos na relación a que se refire o punto anterior.
c) No caso de reorientación ou diversificación da actividade inicial, memoria explicativa da súa necesidade por apertura de novo centro.
Axudas para a creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción .
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria explicativa da relación entre a adquisición do ben coa actividade da empresa e xustificación da necesidade da dita adquisición.
b) Detalle do plan de investimentos en inmobilizado, que inclúa unha relación detallada e individualizada dos gastos necesarios e o calendario para a súa execución.
c) Facturas, facturas pro forma ou orzamentos incluídos na relación a que se refire o punto anterior.
d) De ser o caso, as 3 ofertas mencionadas no artigo 37.5 e a xustificación da súa elección.
Axudas para a contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción .
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas técnicas para garantir a viabilidade técnica, económica ou financeira da empresa, na cal consten o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar.
b) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
c) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
d) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, documentos xustificativos do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.
e) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
f) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido do Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
g) Certificado de discapacidade da persoa traballadora pola que se solicita subvención (para os casos de discapacidade recoñecida fóra de Galicia).
Axudas para a contratación persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción .
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción, na cal consten o número e os perfís profesionais, as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van dedicar.
b) Currículo do persoal técnico contratado ata a data de presentación da solicitude, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.
c) Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
d) Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de liquidación de cotizacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
e) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, documentos xustificativos do seu nacemento en Galicia ou, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite este nacemento e o vínculo con aquela.
f) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de emigrantes retornadas, certificado de emigrante retornado expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España.
g) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teñan a condición de trans, documentación xustificativa de ter obtido do Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.
h) Certificado de discapacidade da persoa traballadora pola que se solicita subvención (para os casos de discapacidade recoñecida fóra de Galicia).
Axudas para a formación das persoas en proceso de inserción .
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada e xustificación da súa necesidade para a inserción laboral das persoas en situación ou risco de exclusión social.
b) Certificación emitida pola entidade formadora en que consten, entre outros, os seguintes aspectos:
– Nome da actividade formativa.
– Lugar e datas de realización.
– Módulos que se impartirán e distribución temporal (número de horas).
– Prazo de inscrición.
– Número de prazas.
c) Solicitude de inscrición ou matrícula na actividade formativa, se procede.
d) Facturas, facturas pro forma ou orzamentos das actividades formativas.
Axudas para a mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou risco de exclusión social.
Documentación complementaria específica.
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 10.5, xunto coa solicitude para esta liña de axuda presentarase a seguinte documentación específica:
a) Declaración da empresa contratante ou sociedade cooperativa, de que a incorporación da persoa traballadora ao mercado laboral ordinario se realizou por mediación da empresa de inserción laboral, ou ben declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego se realizou mediante o asesoramento, apoio e acompañamento da empresa de inserción laboral.
b) Nóminas ou anticipos societarios aboados á persoa traballadora ou ben xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde a alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"