Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR356A - Incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2017, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.
Tipos de axuda.
1. As empresas de inserción laboral poderán acceder aos seguintes tipos de axuda:
a) Á contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
b) Á contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción necesarias para garantir a viabilidade da EIL.
c) Á contratación de persoas técnicas en orientación e acompañamento á inserción.
d) Á creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción.
e) Ao inicio e á posta en marcha da actividade.
f) Á asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL.
g) Á formación para as persoas en proceso de inserción.
h) Á mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario da persoa en situación ou en risco de exclusión social.
2. As entidades promotoras de empresas de inserción laboral poderán ser beneficiarias das axudas indicadas nas letras c) e f) deste artigo.
3. Se a subvención a solicitasen as entidades promotoras, non poderán solicitala a empresa ou as empresas de inserción laboral que promovan.
4. Co obxecto de que as axudas contidas nesta orde poidan chegar a todas as empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras, establécese para cada unha delas un límite inicial de concesión do 15 % do total do orzamento consignado na convocatoria, sen prexuízo de que, unha vez finalizado o prazo de solicitudes e resoltos todos os expedientes, se poida ratear o importe do remanente de crédito entre as empresas cuxas solicitudes superasen o límite inicial do 15 %. Igualmente, procederase á repartición proporcional no caso das ampliacións de crédito que se poidan realizar ao abeiro do artigo 2.5 desta orde.
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nela para os distintos tipos de axudas.
Son obrigas das entidades beneficiarias das axudas e subvencións:
a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
d) Comunicarlle ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e das obrigas asumidos polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Estar ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión e realizar a proposta de pagamento da subvención.
f) Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á entidade beneficiaria en cada caso, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.
Agás aquelas entidades beneficiarias que pola normativa vixente estean exentas da obriga de levar a cabo unha contabilidade, as entidades beneficiarias teñen a obriga de acreditar que levan unha contabilidade separada ou un código contable adecuado para os gastos obxecto da subvención.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas adecuadas de difusión para dar publicidade ao financiamento público das actuacións subvencionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
De acordo con esta obriga, a empresa de inserción laboral deberá anunciar que está sendo subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Público de Emprego Estatal no seu domicilio social e nos seus centros de traballo. Para isto, incorporarán un rótulo visible ao público, incluíndo o nome da empresa, a expresión «Empresa de inserción laboral» ou EIL e o logotipo da Xunta de Galicia. Os formatos que se deben utilizar serán proporcionados pola Secretaría Xeral de Emprego, no seguinte enlace: http://traballo.xunta.es/publicidade-de-empresas-de-insercion.
Igualmente, para cumprir esta obriga, a empresa de inserción laboral beneficiaria deberá presentar, para o pagamento da subvención concedida, a xustificación do cumprimento da obriga de informar as persoas traballadoras respecto da subvención do seu contrato, no modelo anexo IV desta orde.
i) Ter levado a cabo a organización preventiva, a auditoría, se procede, e o plan de prevención, de acordo co previsto na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e na normativa regulamentaria de desenvolvemento.
j) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
k) No caso das axudas dos artigos 26, 27 e 28, manter os postos de traballo durante o período subvencionado, con obriga de substitución da persoa traballadora no caso de cesamento da actividade laboral polo tempo que reste ata acadar o período subvencionado. A substitución realizarase no prazo máximo dun mes desde que se produza o cesamento da actividade laboral.
- Poderán solicitar e ser beneficiarias das axudas aquelas empresas que solicitasen, conforme o procedemento establecido para o efecto, a súa cualificación como empresa de inserción laboral. Non obstante, non se poderá proceder ao pagamento da axuda en canto non obteñan esa cualificación.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
- A xustificación por parte das entidades solicitantes de non estar incursas nas prohibicións contidas nos números 3 e 4 do artigo 3 desta orde para obteren a condición de beneficiarias realizarase mediante declaración responsable.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Edificios Administrativos San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544682 / 981957732
Fax: 981544678
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
Orde do 30 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 134 do 14 de xullo de 2017).
Corrección de erros. Orde do 30 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2017).
Resolución do 7 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 134, do 14 de xullo) (DOG nº 38 do 22 de febreiro de 2018).
Prazo de presentación: PECHADO
15/07/2017 00:00 - 04/09/2017 23:59
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación das solicitudes das axudas será ata o 4 de setembro de 2017.
-
As entidades e empresas beneficiarias presentarán xunto coa solicitude a seguinte documentación xeral:
-
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
-
b) Memoria descritiva da entidade solicitante en que se recollan as actividades de inserción realizadas durante o último ano natural e o cumprimento dos seus obxectivos económicos e de inserción. A memoria conterá a tipoloxía das accións realizadas, os recursos aplicados e as súas fontes.
-
c) Relación nominal da totalidade das persoas traballadoras do cadro de persoal da empresa de inserción laboral, segundo o modelo do anexo II, con indicación daquelas que se atopan en proceso de inserción e daquelas polas cales se solicita subvención. No caso de contratacións para o apoio xerencial, á produción ou á orientación e acompañamento á inserción, indicalo expresamente e cubrir a epígrafe dos custos laborais totais a cargo da empresa de inserción laboral, correspondentes ao período polo que se solicita a subvención.
-
-
d) Convenios de inserción laboral entre as empresas de inserción laboral, os servizos sociais e a persoa en proceso de inserción.
-
e) No caso de que todas as persoas da unidade familiar da persoa traballadora pola que se solicita subvención estean desempregadas:
-
Declaración da composición da unidade familiar (anexo V).
-
Anexo VI asinado polas persoas da unidade familiar que se opoñan á consulta de datos, xunto coa documentación xustificativa.
-
Libro de familia.
-
Certificado de empadroamento conxunto das persoas que compoñen a unidade familiar.
-
-
Ademais da documentación xeral indicada no artigo 9.5, para cada un dos tipos de axuda que se regulan nesta orde presentarase a seguinte documentación específica:
-
a) Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social:
-
Contratos de traballo das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención.
-
Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
-
Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de cotización de liquidacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
-
Descrición detallada dos postos de traballo que se van cubrir e as súas características técnicas.
-
-
b) Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas de produción:
-
Memoria explicativa da necesidade da contratación de xerentes ou persoas técnicas para o desenvolvemento da actividade empresarial, na cal conste o número e os perfís profesionais e os servizos que van prestar.
-
Contratos de traballo das persoas xerentes ou técnicas polas que se solicita subvención.
-
Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
-
Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de cotización de liquidacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
-
-
c) Subvención pola contratación de persoal técnico en orientación:
-
Memoria descritiva da necesidade da contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción, na cal conste o número e os perfís profesionais, as funcións que van realizar, así como o número de persoas traballadoras en proceso de inserción que van orientar e a porcentaxe da xornada de traballo que lle van dedicar.
-
Contratos de traballo do persoal técnico polo que se solicita subvención.
-
Currículum vítae do persoal técnico, xunto coa documentación que acredite a súa formación e experiencia profesional.
-
Recibos de salarios e documentos bancarios de transferencia acreditativos do pagamento das mensualidades xa aboadas na data da presentación da solicitude.
-
Relación nominal das persoas traballadoras (RNT) incluídas na cotización á Seguridade Social e recibo de cotización de liquidacións (RLC), así como os documentos bancarios de transferencia acreditativos do seu pagamento, das mensualidades xa ingresadas na data da presentación da solicitude.
-
-
d) Subvención para a creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción:
-
Contratos de traballo e das persoas traballadoras cuxos postos se crearon.
-
Memoria ampliada do proxecto e estudo económico-financeiro da súa viabilidade.
-
Detalle do plan de investimentos en inmobilizado e calendario para a súa execución, xunto coas facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras.
-
Se é o caso, as tres ofertas mencionadas no artigo 29.5 e a xustificación da súa elección.
-
-
e) Subvención para o inicio e a posta en marcha da actividade:
-
Orzamento dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade, con indicación daqueles aos cales se vai destinar a subvención.
-
Facturas e, no caso de estar efectivamente pagadas, o seu correspondente xustificante bancario de pagamento ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamentos expedidos polas persoas provedoras ou acredoras dos gastos necesarios para o inicio e a posta en marcha da actividade que se vaian ter en conta para o cálculo da contía da subvención.
-
No caso de reorientación ou diversificación da actividade inicial. Memoria explicativa da súa necesidade por apertura de novo centro.
-
-
f) Subvención pola asistencia técnica para a creación, mellora e diversificación da EIL:
-
Memoria da persoa, entidade ou empresa que realizará o servizo e que deberá incluír a modalidade de axuda solicitada, a xustificación da súa necesidade e o orzamento. No suposto da creación dunha empresa de inserción, deberá incluír a actividade que vai desenvolver a empresa de inserción laboral e unha previsión económico-financeira para os dous exercicios iniciais.
-
No caso das subvencións para a realización de estudos de mercado, proxecto de apertura de mercados ou de reorientación da actividade empresarial que se somete a estudo, deberá presentarse un índice do seu contido.
-
-
g) Subvención para a formación de persoas en inserción:
-
Memoria descritiva do curso/actividade de formación solicitada en que consten, entre outros, a xustificación da súa necesidade para a inserción laboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social.
-
Certificación da entidade formadora en que consten, entre outros, os seguintes aspectos:
-
-
1. Nome do curso/actividade.
2. Lugar e datas de realización.
3. Módulos que se impartirán e distribución temporal (número de horas).
4. Prazo de inscrición.
5. Número de prazas.
-
Solicitude de inscrición ou matrícula no curso/actividade, se procede.
-
No caso de estar realizando o curso, facturas e o seu correspondente xustificante bancario de pagamento; de non ser así, factura pro forma.
-
h) Subvención pola mediación laboral para a inserción no mercado laboral ordinario:
-
Contrato de traballo formalizado ou documentación acreditativa da alta da persoa traballadora en proceso de inserción en calquera réxime especial da Seguridade Social por conta propia, segundo o caso.
-
Se é o caso, declaración da empresa contratante, sociedade cooperativa ou laboral de que a incorporación da persoa traballadora ao mercado laboral ordinario se realizou por mediación da empresa de inserción laboral, xunto coas nóminas aboadas á persoa traballadora.
-
Se é o caso, declaración do traballador ou da traballadora autónoma de que a súa iniciativa de autoemprego se realizou mediante o asesoramento, apoio e acompañamento da empresa de inserción laboral, xunto cos xustificantes das cotizacións á Seguridade Social desde a alta no réxime especial da Seguridade Social por conta propia.
-
-
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento regulado nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) DNI ou NIE da persoa representante.
-
b) Certificación de estar ao día a entidade solicitante das súas obrigas coa Seguridade Social.
-
c) Certificación de estar ao día a entidade solicitante das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
d) Certificación de estar ao día a entidade solicitante das súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
-
e) NIF da entidade solicitante.
-
f) Informe da vida laboral das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención e informe da vida laboral das persoas en risco ou situación de exclusión social destinatarias finais da subvención.
-
g) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativa ás persoas polas que se solicita a subvención e ás que lles sexa de aplicación esta circunstancia.
-
h) Certificación de discapacidade relativa ás persoas polas que se solicita a subvención e ás que lles sexa de aplicación esta circunstancia.
2. Cando se faga constar no anexo V que pertence a unha familia en que todas as persoas que a compoñen están desempregadas, consultaranse ademais os seguintes datos:
-
a) Documento nacional de identidade das persoas da unidade familiar maiores de 16 anos.
-
b) Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social relativo ás persoas da unidade familiar maiores de 16 anos.
-
c) Certificado das prestacións e importes das persoas que integran a unidade familiar que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas.
-
d) Certificado de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, se é o caso.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a estas consultas, deberán indicalo expresamente no anexo VI e achegar os documentos que correspondan.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación sinalada nesta orde para cada tipo de axuda e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
-
Ás solicitudes xuntaranse os documentos sinalados no artigo 34 desta orde, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da Administración actuante; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
-
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
-
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
-
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
-
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvención para a contratación temporal polas entidades locais de persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga.
Primeira experiencia profesional mocidade.