Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR351H
Programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Convócanse para os anos 2020, 2021 e 2022, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a realización do programa de posta a punto para o emprego para persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga, reguladas por esta orde.
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Renda de Inclusión Social de Galicia (Risga) (código de procedemento administrativo TR351H).
Este programa ten como obxectivo levar a cabo unha intervención integral que dote as persoas participantes das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial para o acceso ao emprego, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.
Gastos subvencionables
1. A determinación dos gastos subvencionables realizarase conforme o establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada. En particular, comprenden os seguintes:
– os gastos de persoal, incluídas as axudas de custo e de desprazamento, referidos ás persoas integrantes do equipo técnico do programa, na porcentaxe correspondente á súa imputación a este;
– os custos da formación específica adaptada ás persoas participantes;
– os gastos de materiais e equipamento necesarios para a execución das actividades.
– as bolsas para axudas de custo e desprazamento das persoas participantes;
– o custo do informe sobre a conta xustificativa ao que se refire o artigo 22.2.b);
– os gastos administrativos e de xestión asociados á execución do programa. Como gastos administrativos e de xestión poderase imputar ata un máximo do 10% do orzamento total do programa, sen necesidade de xustificación documental.
Contía das axudas
Outorgarase unha axuda de 6.000,00 € por cada persoa participante no programa segundo o proxecto presentado coa solicitude. Para o pagamento da axuda, teranse en conta as persoas que completasen a súa participación no programa, segundo o sinalado no artigo 7.3.
Entidades sen ánimo de lucro.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Economía Social
Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545701/ 981544682
Prazo de presentación: PECHADO
25/01/2020 00:00 - 24/03/2020 23:59
12/05/2020 00:00 - 22/05/2020 23:59
Continúa o prazo de presentación de solicitudes ata o día 22-05-2020, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. Poden beneficiarse das subvencións recollidas nestas bases reguladoras as entidades sen ánimo de lucro que na data de publicación desta convocatoria cumpran as seguintes condicións:
– ter recollido como finalidade nos seus estatutos a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, ou estar de alta na área de inclusión do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
– ter desenvolvido, como mínimo durante tres anos, programas dirixidos especificamente á inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión, segundo o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
Teranse en conta os programas finalizados nos últimos cinco anos naturais anteriores ao da publicación da convocatoria, e só se computarán aqueles nos que se traballase cun mínimo de 10 persoas.
– estar ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.
2. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
b) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Non ter sido sancionadas mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións.
d) Non estar incursas nalgunha das prohibicións para obter a condición de beneficiaria sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e reunir os restantes requisitos previstos nesta.
A acreditación, por parte das entidades solicitantes, de que cumpren as condicións sinaladas nas letras a), c) e d) anteriores, realizarase mediante declaración responsable que se inclúe no anexo de solicitude.
3. As entidades que poden ser beneficiarias poderán concorrer ás axudas de xeito individual ou conxuntamente con outras que cumpran as condicións para poderen ser beneficiarias. Neste suposto, todas as entidades solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. Ningunha entidade poderá figurar en máis dunha solicitude. O incumprimento desta norma dará lugar a que unicamente se dea validez á solicitude presentada en primeiro lugar e que se proceda á inadmisión das restantes solicitudes onde figure a entidade incumpridora.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
3. As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación complementaria indicada no artigo seguinte e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Certificación do rexistro competente, referida á data de publicación da convocatoria, que acredite a inscrición da entidade solicitante, os datos identificativos dos seus estatutos vixentes, e que está ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.
b) Copia dos estatutos vixentes da entidade solicitante, nos que se recolla como finalidade a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos desfavorecidos ou en situación ou risco de exclusión social. Este documento non será necesario cando a entidade se atope en situación de alta na área de inclusión do RUEPSS.
c) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación coa que actúa a persoa que asina a solicitude.
d) Anexo III de certificación do cadro de persoal da entidade nos centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia nos últimos 12 meses.
e) No caso de solicitudes formuladas conxuntamente por varias entidades:
i. Declaración de datos de cada unha das entidades solicitantes adicionais segundo o anexo II.
ii. Documento de compromisos no que conste, como mínimo:
– o acordo de colaboración entre todas as entidades solicitantes para a execución do programa.
– os compromisos asumidos por cada unha delas para a execución das actividades.
– o orzamento asumido e o importe de subvención solicitado por cada unha delas.
– a designación da entidade que as representa, e á que se autoriza para presentar a solicitude en nome do resto.
iii. A documentación sinalada nas letras a), b), c) e d) do punto 1 deste artigo, referida a cada unha delas.
f) Proxecto para o que se solicita a subvención, segundo o modelo que consta na páxina web da Consellería de Economía Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/secretaria-xeral-de-emprego /
g) Se é o caso, acordos de colaboración con administracións públicas, empresas ou outras asociacións relativos ao traballo en rede que se levará a cabo para o desenvolvemento do programa.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas. salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. No caso de que algún dos documentos que vaia presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaños máximos admitidos da documentación complementaria para cada procedemento.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código do rexistro.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF das entidades solicitantes.
b) DNI ou NIE das persoas representantes.
c) NIF da entidade representante
d) Certificación de que as entidades solicitantes están ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificación de as entidades solicitantes están ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificación de que as entidades solicitantes están ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas
i) DNI ou NIE das persoas destinatarias finais desta subvención
j) Consulta de percepción da Risga por parte das persoas destinatarias finais desta subvención
k) Informe da vida laboral das persoas destinatarias finais desta subvención
l) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas destinatarias finais desta subvención.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado na solicitude ou no anexo V, segundo corresponda, e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos.
4. A comprobación será realizada polo órgano competente en cada unha das fases de concesión, xestión, control e verificación das axudas.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H) (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2020).
-
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
-
Orde do 28 de xullo de 2020 pola que se reaxusta a dotación orzamentaria por anualidades e se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022. (DOG núm. 158, do 7 de agosto de 2020)
-
Resolución do 8 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais
Aberto todo o ano
Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano