Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR350A - Programa emprega muller de incentivos á contratación por conta allea e a formación de mulleres desempregadas.
Obxecto
1. Coa finalidade de facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á súa convocatoria para o 2019 dos incentivos á súa contratación por conta allea.
2. Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea e a formación (procedemento TR350A).
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención á contratación indefinida inicial, á contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses, á transformación de contratos temporais en indefinidos que deberán de ser a tempo completo, e no caso de contratos indefinidos a tempo parcial nos cales será subvencionable o incremento de xornada que deberá acadar a xornada a tempo completo ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación
A contratación indefinida inicial está cofinanciada nun 80 % polo PO FSE Galicia 2014-2020. No obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral; prioridade de investimento 8.1: «O acceso ao emprego por parte das persoas demandantes de emprego e das persoas inactivas, incluídos os desempregados e desempregadas de longa duración e as persoas afastadas do mercado laboral, así como as iniciativas de emprego locais e o fomento da mobilidade laboral. Facilitar o acceso ao emprego dos desempregados e persoas inactivas, incluíndo as persoas paradas de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas locais de emprego e apoio á mobilidade laboral»; obxectivo específico 8.1.3: aumentar a contratación de carácter estable das persoas desempregadas e/ou demandantes de emprego, incluíndo as de longa duración e aquelas de máis idade, e liña de actuación 128. Programa de incentivos á contratación por conta allea de carácter estable para diferentes colectivos con maiores dificultades de acceso ao mercado laboral.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás mulleres contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo, agás nos casos de incremento da xornada e transformación.
A quen vai dirixido?
1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, na súa falta, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril). Para o cómputo do número de persoas traballadoras da empresa teranse en conta as regras previstas na disposición adicional primeira do devandito real decreto.
2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, os centros especiais de emprego, as empresas de inserción, as entidades de formación, así como as entidades sen ánimo de lucro.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso agás que adquirira eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non se dite resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
4. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46.bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Requisitos
Programa de bono de contratación. Liña de axudas para incentivar a contratación por conta allea .
Requisitos.
A contratación realizada coa muller desempregada pola que se solicita a subvención ten que cumprir os seguintes requisitos:
1. No caso da contratación indefinida inicial, cofinanciada polo PO FSE Galicia 2014-2020, ou a transformación de contrato temporal en indefinido:
a) A xornada da contratación indefinida inicial por conta allea deberá ser, para os efectos de ser subvencionada ao abeiro desta orde de convocatoria, a tempo completo.
b) Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.
Como consecuencia da transformación do contrato temporal en indefinido ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa, no ámbito territorial de Galicia, repecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da transformación pola que se solicita subvención.
Para o cálculo do incremento do cadro de persoal fixo e neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución do contrato de traballo durante o período de proba.
No caso de que nos tres meses anteriores á contratación ou transformación do contrato temporal en indefinido pola que se solicita a subvención haxa períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
2. No caso da contratación temporal cunha duración inicial mínima de 12 meses:
a) Todas as modalidades contractuais de carácter temporal que se realicen con mulleres desempregadas serán a tempo completo.
b) Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 12 meses.
c) Como consecuencia da contratación temporal que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes da contratación.
Para o cálculo do incremento do cadro de persoal neto non se computarán as persoas traballadoras cuxas baixas se producisen por propia vontade da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba.
No caso de que nos tres meses anteriores á contratación pola que se solicita a subvención haxa períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
3. No caso da transformación do contrato temporal en indefinido:
a) No caso de transformacións de contratos temporais, a xornada do novo contrato indefinido será a tempo completo (excepto as transformacións de contratos temporais en indefinidos na súa modalidade de fixo-descontinuo, que poderá ter unha duración inferior á xornada a tempo completo en cómputo anual).
b) Se a transformación se produce con anterioridade ao remate da duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo na mesma contía o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.
O cálculo da contía que se minorará da subvención que lle correspondería á transformación farase do seguinte xeito:
i. Divídese a subvención concedida polo contrato temporal entre o número de meses de duración deste contrato.
ii. Calcúlase o número de meses que resta para o cumprimento do contrato temporal, a partir da data da transformación do contrato temporal en indefinido.
iii. E multiplícase o importe obtido na primeira operación (i) polo número de meses que restan por cumprir do contrato temporal. A contía resultante descontarase do importe total da subvención que corresponde á transformación, tendo en conta que o mes en que se leve a cabo a transformación do contrato en indefinido non será computado para efectos da compensación, sexa cal sexa o día do dito mes en que aquela se realice.
c) Non se incentivará a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais celebradas sen ruptura de continuidade.
4. No caso do incremento da xornada laboral do contrato de traballo:
a) A modalidade contractual inicial deberá ser de carácter indefinido a tempo parcial.
b) O incremento subvencionable deberá supoñer o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.
5. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida.
Programa de bonos de formación. Programa de financiamento de accións formativas no centro de traballo .
1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:
a) A muller traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.
b) En canto á duración da acción formativa será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo a que asista integramente a muller traballadora que participa neste programa.
c) Exclúese deste tipo de axuda a formación nas modalidades de teleformación e a distancia.
d) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2019.
e) Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2018 e a data de publicación desta orde a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.
2. Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Coruña
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881583 / 881881586
Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Lugo
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294260 / 982294319
Email: emprego.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Ourense
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Ourense
Avda. Habana, 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386823 / 988386825
Email: xefaturaindustria.cei.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Xefatura Territorial Da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social de Vigo
R/ Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817077 / 986817768
Email: axudasacontratacion.traballo.vigo@xunta.gal
Órgano responsable
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 79 do 25 de abril de 2019).
Extracto da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 79 do 25 de abril de 2019).
Corrección de erros. Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 104 do 4 de xuño de 2019).
Resolución do 6 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o esgotamento de crédito orzamentario da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento TR350A) (Diario Oficial de Galicia número 79, do 25 de abril) (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2020).
Orde do 12 de maio de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de abril de 2019, pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. (DOG nº 97 do 26 de maio de 2021).
Resolución do 25 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se proceda á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 212 do 4 de novembro de 2021).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
26/04/2019 00:00 - 30/09/2019 23:59
1. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación. 2. As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais dunha duración inicial mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizados entre o 1 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao da publicación e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes. 3. As solicitudes de axudas subvencionables polas contratacións indefinidas iniciais, as contratacións temporais cunha duración inicial mínima de 12 meses, as transformacións de contratos temporais en indefinidos e o incremento da xornada laboral realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal, a transformación do contrato temporal en indefinido e o incremento da xornada laboral, pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. 4. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
Documentación para a presentación
- As solicitudes deberán presentarse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos-chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .
- A s persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da persoa solicitante, de ser o caso.
b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación inicial, a transformación do contrato temporal en indefinido ou incremento da xornada laboral (desagregado mes a mes), máis o do correspondente ao do mes en que se realiza a dita contratación, transformación ou incremento.
c) Declaración do cadro de persoal neto e fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao inicio da relación laboral da traballadora contratada (anexo I-B).
De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 21 da orde de convocatoria.
d) Declaración do cadro de persoal neto de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao inicio da contratación temporal por unha duración mínima inicial de doce meses (anexo I-C).
De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 21 da convocatoria.
e) Relación nominal das traballadoras polas que se solicita subvención en que se inclúan os custos salariais totais de vinte e catro mensualidades para as contratacións indefinidas iniciais e os custos totais de doce mensualidades no caso das contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses, de cada traballadora pola que se solicita subvención (anexo I-D) e a nómina do mes de contratación.
f) Autorización para a comprobación de datos da persoa traballadora contratada (anexo I-E).
g) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da traballadora contratada e, ademais, no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornada.
h) Certificado de emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornada.
- Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria deberá presentarse de forma electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de forma presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da entidade solicitante, de ser o caso.
c) DNI ou NIE da muller traballadora contratada.
d) Certificado, da persoa ou entidade solicitante, de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado, da persoa ou entidade solicitante, de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificado, da persoa ou entidade solicitante, de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Certificado de empadroamento da muller traballadora contratada no caso de solicitar o incremento de emigrante retornada.
h) Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da muller traballadora contratada.
i) Informe da vida laboral da muller traballadora contratada.
j) Contrato laboral da muller traballadora.
- No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no cadro indicado no formulario de solicitude, como figura no anexo I-A e no anexo I-D, e achegar os documentos correspondentes.
- Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- No suposto de que a subvención estea cofinanciada polo PO FSE Galicia 2014-2020, autorízase a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos para consultar a información da Administración pública competente relativa ao cumprimento do mantemento do emprego e da taxa de estabilidade de persoas traballadoras fixas da empresa.
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Anexos asociados
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I-A)
- Relación nominal de mulleres traballadoras polas que se solicita subvención e a nómina do mes de contratacións (Anexo I-D)
- Declaración do cadro de persoal neto e fixo e TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa (Anexo I-B)
- Comprobación de datos da muller traballadora contratada (Anexo I-E)
- Declaración do cadro de persoal neto e TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa (Anexo I-C)
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Anexos asociados
- Fase de Xustificación
- FSE indicadores comúns execución entidades sobre participantes
- FSE indicadores comúns de resultado longo plazo sobre participantes
- Información ás mulleres traballadoras (Anexo I-F)
- FSE indicadores comúns de resultado inmediato sobre participantes
- Declaración expresa doutras axudas en réxime de minimis (Anexo I-G)
- Cartel FSE
- FSE indicadores comúns execución entidades sobre entidades
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"