Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
TR349Y - Programa de axudas para a contratación de remudistas
1. A través da incentivación do contrato de remuda, este programa ten a finalidade de favorecer a substitución nos cadros de persoal das empresas, das persoas traballadoras próximas á xubilación por persoas mozas menores de 30 anos desempregadas ou cun contrato formativo na mesma empresa, ou menores de 35 anos cun contrato de duración determinada na mesma empresa ou persoas desempregadas maiores de 45 anos, garantindo a non destrución de postos de traballo, unha vez que as persoas traballadoras que os ocupaban rematen a súa vida activa.
Así, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria para o ano 2020 dos incentivos aos contratos de remuda.
2. Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas pola realización dun contrato de remuda a tempo completo de duración indefinida ou ben de duración determinada sempre que neste último suposto conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización (código de procedemento TR349Y).
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas que teñan a condición de peme, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que realicen contratos de remuda para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
- As entidades beneficiarias deberán ter unha taxa de estabilidade mínima dun 70 % no mes anterior ao da realización do contrato de remuda.
Neste cálculo non se computarán as persoas traballadoras fixas cuxo contrato de traballo se extinga por causas obxectivas ou por despido disciplinario que non sexan declarados improcedentes ou cuxas baixas se produzan por dimisión da persoa traballadora ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou gran invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución durante o período de proba. No caso de que no mes anterior á contratación pola que se solicita a subvención coincida con períodos de inactividade de persoas traballadoras fixas-descontinuas, estas computaranse como persoal fixo.
- A retribución anual mínima será de 14.000 euros da persoa traballadora remudista, no caso de que o contrato sexa a tempo completo e, en todo caso, cumprirase coas retribucións mínimas do convenio colectivo de referencia.
Cando se trate de contratacións cunha xornada a tempo parcial as contías dos incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou na súa falta da xornada ordinaria máxima legal.
- Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas, os centros especiais de emprego, as empresas de inserción, as entidades de formación, así como as entidades sen ánimo de lucro.
- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
a) Ser condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.
b) Solicitar a declaración de concurso, ser declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso agás que adquirise eficacia un convenio, estar suxeitas a intervención xudicial ou ser inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
c) Dar lugar, por causa da que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato subscrito coa Administración.
d) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que exerzan a representación legal doutras persoas xurídicas nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.
e) Non acharse ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social ou ter pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma nos termos regulamentariamente establecidos.
f) Ter a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado regulamentariamente como paraíso fiscal.
g) Non estar ao día de pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos regulamentariamente establecidos.
h) Ser sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou a Lei xeral tributaria.
i) Non poderán acceder á condición de entidade beneficiaria as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, publicas ou privadas sen personalidade, cando concorra algunha das prohibicións anteriores en calquera dos seus membros.
j) En ningún caso poderán obter a condición de entidade beneficiaria as asociacións incursas nas causas de prohibición previstas nos números 5 e 6 do artigo 4 da Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, nin as asociacións respecto das cales se suspendeu o procedemento administrativo de inscrición por atoparse indicios racionais de ilicitude penal, en aplicación do disposto no artigo 30.4 da Lei orgánica 1/2002, mentres non recaia resolución xudicial firme en cuxa virtude poida practicarse a inscrición no correspondente rexistro.
- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean sancionadas con carácter firme por infracción grave en materia profesional que poña en entredito a súa integridade, de disciplina de mercado, de falseamento da competencia, de integración laboral e de igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con discapacidade, ou de estranxeiría, de conformidade co establecido na normativa vixente; ou por infracción moi grave en materia ambiental de conformidade co establecido na normativa vixente, ou por infracción moi grave en materia laboral ou social, de acordo co disposto no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, así como pola infracción grave prevista no artigo 22.2 do citado texto, conforme o establecido no artigo 71.1.b) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos de sector público.
- Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria as persoas solicitantes que estean excluídas do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o establecido no artigo 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
Obrigas das entidades beneficiarias
Son obrigas das entidades beneficiarias destas axudas:
1. Para as contratacións de remuda de carácter indefinido son obrigas das entidades beneficiarias destas axudas:
a) Manter no seu cadro de persoal á persoa traballadora contratada durante un período de 2 anos contados desde a data de realización da contratación.
No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova persoa traballadora que deberá de reunir os requisitos para a formalización dun contrato de remuda segundo o establecido nesta orde de convocatoria pola que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.
b) Manter en cómputo anual o número de persoas traballadoras fixas do seu cadro de persoal, durante polo menos dous anos, que se contarán desde o mes de realización da contratación.
c) Unha vez finalizado o período dos vente e catro meses do cumprimento destas obrigas, corresponderá á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa. Para iso, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, unha declaración da media do persoal traballador fixo no conxunto dos centros de traballo en Galicia do período de 24 meses contados desde o mes seguinte ao da realización das contratacións subvencionadas.
Esta declaración deberá presentarse de cada un dos 2 anos seguintes ao mes en que se realizou a contratación subvencionada. A estas declaracións xuntarase o informe de vida laboral expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social das 24 mensualidades.
Ademais, o beneficiario está obrigado a presentar, nos tres meses seguintes ao remate deste prazo, as nóminas das 24 mensualidades correspondentes a cada persoa traballadora.
2. Para as contratacións temporais son obrigas das entidades beneficiarias destas axudas:
a) Manter no seu cadro de persoal a persoa traballadora contratada ata a conversión do seu contrato temporal en indefinido.
No suposto de extinción da relación laboral dalgunha persoa traballadora pola que se concedeu a subvención, a entidade beneficiaria está obrigada a cubrir a vacante cunha nova contratación realizada cunha persoa traballadora unha nova persoa traballadora que deberá de reunir os requisitos para a formalización dun contrato de remuda segundo o establecido nesta orde de convocatoria, pola que se poida conceder unha subvención por importe igual ou superior ao da persoa que cause baixa. Para cumprir esta obriga a empresa ten de prazo ata o último día do mes seguinte ao da baixa. Esta nova contratación deberá serlle comunicada ao órgano que concedeu a axuda e non dará lugar, en ningún caso, a unha nova subvención.
b) Unha vez finalizado o período do cumprimento desta obriga, a entidade beneficiaria está obrigada a presentar, nos tres meses seguintes, as nóminas correspondentes aos meses da contratación, así como a transformación do contrato temporal de remuda nun contrato indefinido.
c) No caso de que o contrato de relevo indefinido sexa consecuencia da transformación dun contrato temporal dunha persoa menor de 35 anos que xa estivese na empresa, cun contrato de duración determinada, esta deberá adoptar o compromiso de levar a cabo unha contratación cunha persoa desempregada e que teña as mesmas características do contrato que se transforma en canto á súa duración temporal e xornada que deberá de estar realizada antes de finalizar os tres meses seguintes á data que se transforma o contrato temporal en indefinido.
Corresponderalle á Secretaría Xeral de Emprego levar a cabo a función de control das subvencións concedidas, así como a avaliación e seguimento deste programa.
Para poder acceder aos incentivos establecidos nesta orde de convocatoria, as empresas deben de cumprir as seguintes condicións e requisitos:
1. Os contratos de remuda deberán cumprir as exixencias e formalidades establecidas no artigo 12.6 e 12.7 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido dos Estatuto dos traballadores e nas normas regulamentarias de desenvolvemento.
2. Para que os ditos contratos poidan ser obxecto de subvención deberán concertarse con carácter indefinido a xornada completa ou cunha duración determinada sempre que neste suposto conste o compromiso por parte da empresa de conversión a indefinido no momento da súa finalización.
3. Estes contratos para poder ser incentivados deberán realizarse con persoas traballadoras que no momento da súa contratación se encontren nas seguintes situacións:
- Persoa desempregada menor de 30 anos ou maior de 45 anos.
- Persoa menor de 30 anos que teña concertada na mesma empresa un contrato en prácticas ou para a formación (neste último caso ata 25 anos), ou que desenvolva nela un período de prácticas non laborais (Real decreto 1543/2011), sempre que conste o compromiso de conversión a indefinido no momento da súa finalización.
- Persoa menor de 35 anos con contrato de duración determinada concertado coa empresa, sempre que este contrato se transforme nun contrato indefinido e ademais exista compromiso por parte da empresa, da contratación dunha persoa traballadora adicional.
4. A entidade solicitante deberá de comunicar ás persoas representantes legais a intención de contratar mediante contrato de remuda, con indicación do posto de traballo e a duración do contrato, así como a transformación en indefinidos dos contratos de remuda de duración determinada, previamente a realizar a contratación incentivable.
5. As contratacións de remuda de carácter temporal deberán supoñer incremento do cadro global de persoal da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que supere a media aritmética dos tres meses anteriores á data de inicio da prestación laboral.
As contratacións de remuda de carácter indefinido, ademais do requisito exixido no parágrafo anterior deberán supoñer incremento do cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, de modo que superen a media aritmética dos tres meses anteriores á data de inicio da prestación laboral.
Para os efectos do establecido nos parágrafos anteriores, no cómputo de persoal fixo e neto, non se terán en conta as baixas que se producisen por propia vontade do traballador ou traballadora, ou por morte, xubilación, incapacidade permanente, total, absoluta ou grande invalidez legalmente recoñecidas ou por resolución no período de proba.
6. No caso de que o contrato de remuda indefinido sexa consecuencia da transformación dun contrato temporal dunha persoa menor de 35 anos que xa estivese na empresa, cun contrato de duración determinada, esta deberá adoptar o compromiso de levar a cabo unha contratación cunha persoa desempregada e que teña as mesmas características do contrato que se transforma en canto á súa duración temporal e xornada que deberá de estar realizado antes de finalizar os tres meses seguintes á data que se transforma o contrato temporal en indefinido.
7. As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á Oficina Pública de Emprego na forma regulamentariamente establecida.
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
EDIFICIO ADMINISTRATIVO SAN LÁZARO, S/N
Teléfono: 981544610/ 981957728/ 981957726/ 981957731/ 981544719
Email: contaallea.emprego@xunta.gal
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 118 do 17 de xuño de 2020).
Extracto da Orde do 4 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a contratación de persoas traballadoras remudistas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 118 do 17 de xuño de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
18/06/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.
- As solicitudes de axudas polos contratos de remuda subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data da publicación desta orde, deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- As axudas previstas polas contratacións de remuda subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
- O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos-chave365).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I-A) a seguinte documentación:
a) Poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome de persoa ou entidade solicitante, de ser o caso.
b) Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación indefinida inicial ou temporal (desagregado mes a mes), máis o do correspondente ao do mes en que se realiza a dita contratación.
c) Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención en que se inclúan os custos salariais totais de vinte e catro mensualidades, de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo I-D) e a nómina do mes de contratación.
d) Declaración do cadro de persoal neto e fixo de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao inicio da contratación indefinida inicial (anexo I-B).
De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 21.5 da convocatoria.
e) Declaración do cadro de persoal neto de todos os centros de traballo da empresa en Galicia nos tres meses anteriores ao inicio da contratación temporal (anexo I-C).
De ser o caso, TA2 de baixa das persoas traballadoras contratadas que causaron baixa polas causas previstas no artigo 21.5 da convocatoria.
f) Comprobación de datos da persoa traballadora contratada (anexo I-E), debidamente cuberto e asinado.
g) Compromiso de transformación do contrato temporal en indefinido no caso dos contratos de remuda incentivados de carácter temporal, segundo o establecido no artigo 21.3 e 21.6.
h) Compromiso de contratación inicial segundo o establecido no artigo 21.6.
i) Comunicación aos representantes legais segundo o establecido no artigo 21.4.
j) Memoria onde queden explicadas as funcións do posto relacionadas coa adaptación tecnolóxica da empresa segundo o artigo 22.2, de ser o caso.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.
b) NIF da entidade solicitante, de ser o caso.
c) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.
d) Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da persoa traballadora contratada.
e) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa traballadora contratada.
f) Contrato laboral da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.
g) Certificado, da persoa ou entidade solicitante, de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.
h) Certificado, da persoa ou entidade solicitante, de estar ao día das súas obrigas coa Administración Tributaria de Galicia.
i) Certificado, da persoa ou entidade solicitante, de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente no formulario de solicitude, como figura no anexo I-A e anexo I-E e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración expresa doutras axudas en réxime de minimis (Anexo I-F)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"