Guía de procedementos e servizos

TR342C

Programa de incentivos á contratacion por conta allea e á formación.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 29/01/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán as axudas que favorezan a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 sobre o mercado de traballo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).

Este programa ten, pola súa vez, dúas liñas: unha de incentivos á contratación por conta allea e outra de incentivos ás accións formativas no centro de traballo:

– Liña de incentivos á contratación por conta allea.

Inclúe catro tipos de axudas compatibles entre si, sempre que a persoa traballadora pola que se solicitan os incentivos non sexa a mesma:

1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

4. Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial só no caso das persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.

– Liña de incentivos ás accións formativas no cento de traballo (opcional).

Está dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde de convocatoria, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Ámbito de aplicación e accións subvencionables

Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación:

1. Ás contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixo-descontinuo, realizadas desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.

2. Ás contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, con persoas desempregadas mozas, persoas desempregadas de longa duración, mulleres desempregadas e persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, segundo o establecido no artigo 5 desta orde de convocatoria.

Quedan excluídos os contratos para a formación e aprendizaxe.

3. Ás transformacións de contratos temporais en indefinidos, incluídos os fixos-descontinuos, que se formalicen desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022, ambas datas inclusive, realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria.

Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos temporais formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e aprendizaxe), de remuda ou de sustitución por anticipación da idade de xubilación.

4. Aos incrementos de xornada das contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, sempre que se acade o 100 % da xornada ordinaria ou a establecida no convenio colectivo de aplicación.

1. As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

2. Os centros especiais de emprego.

3. As empresas do mercado ordinario de traballo.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881584/ 881881577

Email: axudascontratacionallea.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982 294 688 / 982 294 288

Email: emprego.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Avda. Habana, 79

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386823/ 988386825

Email: emprego.igualdade.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817077/ 986817768

Email: axudasacontratacion.traballo.vigo@xunta.gal

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

29/01/2022 00:00 - 30/09/2022 23:59

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2022, respectando, en todo caso, o establecido no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que dispón que o prazo de presentación de solicitudes en ningún caso será inferior a un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A contratación pola que se solicita subvención, para poder ser incentivada, ten que cumprir os seguintes requisitos:

1. As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos, de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser cunha xornada a tempo completo.

As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixos-descontinuos, de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

2. As contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ter unha duración inicial mínima de doce meses.

As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ter unha duración inicial mínima de tres meses.

Respecto da xornada, as contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser a tempo completo.

As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

Quedan excluídos os contratos para a formación e a aprendizaxe.

3. Nas transformacións de contratos temporais en indefinidos (incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos) realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, o contrato temporal obxecto de transformación deberá estar vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria.

Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e a aprendizaxe), de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación.

Respecto da xornada, nas transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos os contratos (o temporal que se transforma e o indefinido) deberán ser a tempo completo.

As transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

Nas transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos contratos (o temporal que se transforma e o indefinido fixo-descontinuo) deberán ser a tempo completo.

As transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido fixo-descontinuo sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

Incentivarase a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que non transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais subscitas sen ruptura de continuidade.

No suposto de que a transformación se produza con anterioridade á duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo, na mesma contía, o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.

4. Os incrementos de xornada, nas contratacións indefinidas iniciais a tempo parcial realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, serán subvencionables ata acadar o 100 % da xornada ordinaria ou da establecida no convenio colectivo de aplicación.

Forma e lugar de presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Deberán de presentarse por separado para cada un dos programas desta orde nos modelos normalizados de solicitude que figuran como anexos (anexo I e anexo I-A) xunto coa documentación e o prazo establecido para cada tipo de programa.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

2. As solicitudes e os anexos deste programa están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. Para a presentación de solicitudes as persoas ou entidades beneficiarias poderán contar co asesoramento dos axentes de emprego e desenvolvemento local da rede coordinada pola Consellería de Emprego e Igualdade.

Documentación complementaria

1. As solicitudes deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo numérico desta orde e deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito, só no caso que non estea inscrito, no Rexistro xera de apoderamentos de Galicia.

b) Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo II).

c) Documentación acreditativa da exclusión social, discapacidade ou dependencia recoñecida fóra de Galicia, da persoa traballadora contratada.

d) Autorización para a comprobación de datos da persoa traballadora contratada (anexo III).

e) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

f) Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

g) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teña a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente polo persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán acadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa traballadora contratada.

d) Certificado de inscrición no Servizo Público de Emprego da persoa traballadora contratada.

e) Informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social da persoa traballadora contratada.

f) Contrato laboral da persoa traballadora pola que se solicita a subvención.

g) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Administración Tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Certificado de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

j) Consulta concesións pola regra de minimis.

k) Consulta concesións de subvencións e axudas.

l) Consulta inhabilitación para obter subvencións.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade ou dependencia recoñecida pola Xunta de Galicia da persoa traballadora contratada.

b) Consulta de datos de residencia con data de última variación padroal da persoa traballadora contratada.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta Cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, programa I de incentivos á contratación por conta allea e á formación (DOG nº 19 do 28 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 16 de febreiro de 2023, da Secretaria Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (Diario Oficial de Galicia número 19, do 28 de xaneiro de 2022) (DOG nº 39 do 24 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

IG402A

Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00

IN612A

Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN612B

Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR462A

Homologación de cursos pola Academia Galega de Seguridade Pública

Tramitar en liña

Aberto todo o ano