Guía de procedementos e servizos

TR341T

Programa da segunda oportunidade.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 31/07/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Axudas.

1. As axudas consistirán en:

a) Bono apoio: concederase unha axuda de 3.000 € ás persoas que estivesen máis de 6 meses seguidos inscritas como demandantes de emprego nas oficinas do Servizo Público de Emprego antes da data de solicitude ou da data de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional para persoas que se deron de alta no 2018 antes da entrada en vigor da orde.

b) Bono formación: a persoa beneficiaria recibirá unha axuda de ata 2.000 € para realizar un mínimo de 60 horas de formación nas seguintes materias: formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio que se vai emprender e así se xustifique. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.

Este período subvencionable será dun mes como máximo desde que se desen de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e para altas anteriores á entrada en vigor desta orde a xustificación deberá facerse no prazo de dous meses como máximo desde a entrada en vigor da orde.

O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable, que será desde o 1 de xaneiro de 2018 ata a finalización do período de xustificación, e deberá ser efectivamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación.

A axuda máxima total será de 5.000 €.

2. A Rede de Mentoring do Igape poderá colaborar coas persoas beneficiarias desta axuda na mellor definición do seu novo emprendemento, en función dos seus criterios organizativos.

Serán persoas beneficiarias das axudas deste programa as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional no período do 1 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018, cesasen con anterioridade na súa actividade causando baixa na Seguridade Social ou na mutualidade correspondente e no imposto de actividades económicas (IAE) por causas económicas e cumpran os seguintes requisitos na data da solicitude ou data de inicio de actividade segundo o modelo 036 ou 037 para as persoas que xa se desen de alta antes da solicitude.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Subdirección Xeral de Emprego

Servizo de Emprego Autónomo

Ed adm San Lazaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545625

Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Av Salvador de Madariaga 9-1º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881582

Email: axudasautonomos.traballo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294912 / 982294910

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Av Habana 79 Ourense

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386401

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rua Concepcion Arenal 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817678 / 986817767

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Prazo de presentación: PECHADO

31/07/2018 00:00 - 01/10/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A presentación da solicitude supón un compromiso de emprendemento e de formación de polo menos 60 horas.

a) Que o cesamento da actividade se producise con seis meses de antelación polo menos.

b) Que teña cotizado ininterrompidamente polo menos durante 18 meses nos últimos 5 anos ou de xeito alterno 36 meses nos últimos 10 anos no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

c) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego polo menos 6 meses seguidos. Carecer de ocupación efectiva e non ter contrato laboral en vigor segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

d) Darse de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional desde o 1 de xaneiro de 2018 ata o 30 de setembro de 2018.

e) Realizar unha formación de, como mínimo, 60 horas sobre formación xerencial, xestión comercial ou financeira, marketing dixital ou sobre materias que teñan relación directa co negocio que se vai emprender e así se xustifique.

f) Que as persoas desempregadas teñan o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolvan a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.

  • As solicitudes deberanse presentar nos modelos normalizados que figuran como anexos numéricos desta orde e deberán ir acompañadas da documentación que se relaciona:

    • a) Declaración responsable de que o cesamento na actividade como persoa traballadora autónoma ou mutualista foi por motivos económicos.

    • b) Modelo anexo II xunto coas facturas pro forma ou orzamentos dos cursos que se van realizar, no caso de estar efectivamente pagadas, facturas e xustificante bancario do seu pagamento.

    • c) Se xa se deu de alta no momento da presentación, modelo de alta no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria (modelo 036 ou 037).

    • d) Cando se actúe mediante representación, poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da persoa representada.

    • e) Certificado de baixa como mutualista e certificado do tempo que pasou na situación de mutualista, se é o caso.

    • f) Se xa se deu de alta no momento da presentación, certificado de alta como mutualista, de ser o caso.

  • Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deles.

  • Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou representante.

  • b) Vida laboral da persoa solicitante.

  • c) Informe de períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego.

  • d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

  • e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia.

  • f) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • g) Domicilio fiscal.

2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta orde de subvencións son as persoas autónomas que xa teñen a obriga de relacionarse por medios electrónicos coa Seguridade Social (artigo 2.2.b) da Orde ESS/484/2013, do 26 de marzo, modificada por Orde ESS/214/2018, do 26 de marzo), exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen, polo que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo tanto, as solicitudes deberanse presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na cal fose realizada a emenda.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 144 do 30 de xullo de 2018).

    • Extracto da Orde do 17 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa da segunda oportunidade das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 144 do 30 de xullo de 2018).

Outros procedementos relacionados

PE621F

Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR330A

Recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340A

Cualificación iniciativas de emprego.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

TR340D

Cualificación de iniciativa de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano