Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia
Pode que o seu navegador non estea empregando o plugin de Adobe PDF. Ten a opción de configuralo seguindo as instrucións que lle achegamos ou continuar igualmente coa presentación. << Cancelar e configurar Adobe PDF
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
En caso de utilizar un certificado electrónico, lembre que debe ter instalado a aplicación de escritorio Autofirma.

- Se non a ten instalada siga as instruccións desta ligazón
- Se xa ten instalada a aplicación ou utilizará Chave365, faga clic no botón Continuar.
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.

Disculpe as molestias que poida ocasionarle.

TR341R - Axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma.

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
Iniciar presentación electrónica na sede: entre para cumprimentar e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.


Datos da solicitude

Prazo de presentación: 28/10/2017 - 30/11/2017.

1. As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán de presentarse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. 2. As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde terán o prazo dun mes desde a data da contratación subvencionada. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio administrativo: Negativo

  • A solicitude deberase presentar no modelo que figura como anexo I a esta orde, xunto coa seguinte documentación:
    • No suposto de actuar mediante representante, copia da documentación fidedigna que acredite a dita representación.
    • Informe de vida laboral do código de conta de cotización correspondente ao mes en que se realiza a contratación da persoa traballadora pola que se solicita subvención e ao contrato de interinidade anterior.
    • Relación nominal de traballadores e recibo de liquidación de cotización da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, xunto co seu pagamento bancario dos meses xa pagados no momento da presentación, referente á persoa contratada obxecto da subvención.
  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI, NIE ou NIF da persoa solicitante.
  • b) DNI ou NIE da persoa representante.
  • c) Vida laboral da persoa traballadora autónoma.
  • d) Presentación do contrato de interinidade e do contrato que se vai subvencionar no Servizo Público de Emprego.
  • e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.
  • f) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • g) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • En relación á presentación de solicitudes, as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son as persoas autónomas que exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento en calquera actividade comercial que realicen. Polo que se considera que a presentación electrónica suporá un importante aforro de tempo e recursos materiais na súa tramitación, tanto para a persoa solicitante como para a propia Administración. Polo tanto, as solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
  • Se algunha das persoas ou entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
  • Para garantir que as persoas que carecen de medios para relacionarse telematicamente coa Administración, e de acordo co previsto no artigo 13.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poidan presentar no rexistro electrónico a solicitude referente a este procedemento, a persoa solicitante poderá contar, entre outros, coa asistencia efectiva da rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Presentación de documentación de gran tamaño ou en formatos non admitidos pola sede electrónica

Se ten algunha dúbida técnica pode poñerse en contacto co servizo de atención cidadá no teléfono 012 ou enviando un correo a 012@xunta.gal

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SECRETARÍA XERAL DE EMPREGO

SUBDIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO

SERVIZO DE EMPREGO AUTÓNOMO
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981545625 Fax: 981544678
Email: autonomos.emprego@xunta.gal

Convocar para o ano 2017 as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que, unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade, amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa.  

Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

O importe da subvención para compensar a dita contratación será do 100 % da cota empresarial da Seguridade Social, incluídas as de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que tivesen realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e, no prazo dos quince días seguintes á súa finalización, realicen outro contrato coa mesma persoa, que, segundo o anexo I, teña o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste), na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios.

Requisitos:

1. Para ter dereito á subvención, previamente, a persoa traballadora autónoma tivo que estar de baixa por maternidade ou paternidade e ter contratada unha persoa desempregada co contrato de interinidade por maternidade ou paternidade.

2. No prazo dos quince días naturais seguintes ao da finalización do contrato de interinidade débese realizar coa mesma persoa un contrato de calquera modalidade.

3. Estar ao día nas obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, coa Seguridade Social.

4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Cumprir as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

6. A persoa beneficiaria estará obrigada a comunicar, de xeito inmediato, calquera variación ou extinción das condicións que lle deron dereito a percibir estas axudas.

AUTONÓMICA

Orde do 17 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 205 do 27 de outubro de 2017).

Anexos asociados

Aberto o prazo de presentación! (28/10/2017 - 30/11/2017)

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede
 
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional