Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR341M
Programa de axudas ao mantemento do custo salarial nos Centros Especiais de Emprego.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións aos centros especiais de emprego (CEE) establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:
- Programa III: programa de axudas ao financiamento parcial do custo salarial das persoas con discapacidade nos CEE, regulado no capítulo IV.
O obxecto deste programa é axudar aos CEE a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade que desempeñen postos de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde. Igualmente, os centros de traballo para os que se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito decreto.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias aquelas entidades que na data de presentación da solicitude de axudas, teñan solicitado a súa cualificación como centro especial de emprego ou ampliación de novos centros de traballo. Consideraranse accións ou gastos subvencionables os realizados desde a data da solicitude de cualificación dentro do período que se estableza na convocatoria. En todo caso, para o seu pagamento será necesario acreditar a dita cualificación e a inscrición da entidade no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Para ser beneficiario, o CEE deberá acreditar o cumprimento da porcentaxe mínima do 70 % de persoas con discapacidade contratadas respecto do total do cadro de persoal. Nesta porcentaxe non se inclúe o persoal sen discapacidade dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social. Entenderase por servizos de axuste persoal e social os de rehabilitación, terapéuticos, de integración social, culturais e deportivos que procuren ao traballador ou traballadora con discapacidade do centro especial de emprego unha maior rehabilitación persoal e mellor adaptación da súa relación social.
Os CEE sen personalidade xurídica propia para seren beneficiarios terán que ter unha xestión diferenciada da súa entidade titular polo que deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios os CEE solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.
4. A xustificación por parte dos CEE solicitantes de non estaren incursos nas prohibicións contidas nos números 2 e 3 anteriores para obteren a condición de beneficiarios realizarase mediante declaración responsable no anexo de solicitude de cada tipo de axuda.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º,
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881-881594
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo
Ronda da Muralla nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982-294260
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense
Avda. da Habana, nº 79
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988-386819 / 988-386812
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986-817751 / 986-817564
Prazo de presentación: PECHADO
04/09/2018 00:00 - 03/10/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes para cada un dos programas previstos nesta orde establecerase en cada convocatoria de axudas e será como mínimo dun mes.
O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.
Non se subvencionará a contratación de novos traballadores ou traballadoras con discapacidade cando os postos de traballo que ocupen quedasen vacantes como consecuencia dun despedimento declarado ou recoñecido improcedente dunha persoa traballadora con discapacidade pola cal se concedeu a subvención ao abeiro desta orde.
Coa solicitude (anexo VIII) deberá presentarse a documentación que se relaciona:
a) Poder suficiente da persoa representante para actuar en nome da entidade.
b) Certificación da relación do cadro de persoal con discapacidade do centro especial de emprego de alta na Seguridade Social ordenada alfabeticamente por apelidos, en función dos cales se vai realizar o cálculo da resolución de concesión referida ao primeiro mes polo cal se solicita a subvención; así como o importe da subvención que se solicita (segundo o modelo do anexo IX).
c) Documentación das novas persoas traballadoras con discapacidade contratadas con respecto á convocatoria anterior a aquela en que se recibise subvención por este programa: contratos de traballo e informe de datos para a cotización IDC.
d) Relación nominal das persoas traballadoras con discapacidade do CEE, incluídas na cotización á Seguridade Social (RNT) o primeiro día do mes do período subvencionable.
e) Certificación de discapacidade das persoas traballadoras con discapacidade do CEE, no caso de que a discapacidade fose recoñecida fóra de Galicia.
f) Información sobre a comprobación de datos das persoas con discapacidade do CEE (anexo XI).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación dos procedementos regulados nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social a entidade solicitante.
e) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a entidade solicitante.
f) Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal Tributaria a entidade solicitante.
g) Informe da vida laboral das persoas con discapacidade do CEE e informe da vida laboral das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, de ser o caso.
h) Inscrición como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e ás cales lles sexa de aplicación esta circunstancia.
i) Certificado de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia, relativo ás persoas polas que se solicita a subvención e ás persoas con discapacidade destinatarias finais da subvención, de ser o caso.
j) DNI ou NIE das persoas con discapacidade do CEE e das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención, de ser o caso.
k) Certificado das prestacións que figuran no Rexistro de Prestacións Sociais Públicas das persoas con discapacidade do CEE cuxo certificado non sexa emitido pola Xunta de Galicia.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. A comprobación do cumprimento dos requisitos das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención efectuarase mediante a cesión de datos realizada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, polo Servizo Público de Emprego de Galicia e a Consellería de Política Social, de conformidade co previsto no artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; nos artigos 11.2 e 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal; no artigo 10.4.c) do Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, aprobado polo Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, e nos artigos 14.1.b) e 20.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Presentación solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados (anexos I, IV, VI ou VIII, segundo o tipo de axuda de que se trate) dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De acordo co disposto no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, de acompañamento dos orzamentos para o ano 2017, a xustificación da concorrencia das circunstancias indicadas no devandito artigo para establecer a obriga de relacionarse electronicamente coa Administración na presentación das persoas físicas vén motivada polo feito de que as entidades beneficiarias a que vai dirixida esta orde de subvencións son as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, as asociacións, as fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro e os centros especiais de emprego. Todas elas, incluídas as persoas autónomas, exercen unha actividade económica e dispoñen de ferramentas informáticas cun coñecemento básico do seu funcionamento, en calquera actividade comercial que realicen.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As solicitudes de subvención deberán presentarse xunto coa documentación complementaria sinalada nesta orde para cada programa, e dirixiranse ao órgano competente para resolver.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave, Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración expresa doutras axudas (Anexo XIII)
- Comprobación de datos das persoas traballadoras obxecto da subvención e das persoas destinatarias finais. Xustificación (Anexo XI)
- Declaración da persoa solicitante ou representante de ter informado á persoa traballadora da subvención do seu contrato (Anexo XII)
- Certificación mensual do cadro do persoal con discapacidade polas cales se solicita o pagamento da subvención do custo salarial (Anexo X)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 167 do 3 de setembro de 2018).
-
Extracto da Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019. Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (DOG nº 167 do 3 de setembro de 2018).
-
Orde do 18 de decembro de 2018 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 241 do 19 de decembro de 2018 ).
-
Resolución do 21 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 138 do 22 de xullo de 2019).
-
Orde do 15 de novembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2019).
-
Resolución do 15 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2019).
-
Orde do 26 de novembro de 2019 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas no programa III da Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 231 do 4 de decembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
Prazo aberto: 10/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Aberto todo o ano