Guía de procedementos e servizos

TR341M

Programa de axudas ao mantemento do custo salarial nos Centros Especiais de Emprego.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 05/10/2017 00:00 - 06/11/2017 23:59

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual das subvencións a CEE, establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co fin de garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade, a través do seguinte programa:

- Programa III: programa de axudas ao mantemento do custo salarial regulado no capítulo IV.

O obxecto deste programa é axudar os CEE a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), e sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nos capítulos II a IV desta orde.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios os CEE en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios os CEE solicitantes que estean excluídos do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego, conforme o disposto nos artigos 46 e 46 bis do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

4. A xustificación por parte dos CEE solicitantes de non estar incursos nas prohibicións contidas nos números 2 e 3 anteriores para obteren a condición de beneficiarios realizarase mediante declaración responsable no anexo de solicitude de cada tipo de axuda.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Economía Social

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544716 / 981957727

Fax: 981544678

Email: secretaria-xeral.emprego@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social da Coruña

Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º,

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881594 / 881881595

Fax: 981881581

Email: stes.ctb.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Lugo

Ronda da Muralla nº 70 baixo

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294385

Fax: 982294258

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Ourense

Avda. da Habana, nº 79 - 6º

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386196 / 988386839

Fax: 988386838

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817008 / 986817016

Fax: 986817010

Servizo de Fomento do Emprego en Economía Social

Prazo de presentación: PECHADO

05/10/2017 00:00 - 06/11/2017 23:59

a) O prazo de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

b) Presentarase unha única solicitude por cada centro de traballo por todas as mensualidades subvencionables para a concesión da axuda.

Pola complexidade da solicitude desta axuda aconséllase que, con carácter previo á tramitación da solicitude na sede electrónica, se use a aplicación informática de axuda facilitada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria na súa páxina web, na epígrafe de Axudas e subvencións ou no seguinte enlace directo: https://www.xunta.es:444/axudastr/inicio.do, unicamente para cubrir os anexos (IX e X) que acompañan a solicitude, convertelos en formato pdf e anexalos no momento da presentación da solicitude a través da sede electrónica.

c) Mensualmente presentaranse as solicitudes de pagamentos á conta acompañadas da documentación que xustifique o seu pagamento segundo o artigo 49 das bases reguladoras.

Para a solicitude dos pagamentos á conta deberá utilizarse o aplicativo indicado na letra b) deste punto a través da páxina https://www.xunta.es:444/axudastr/inicio.do.

Estas solicitudes de pagamentos mensuais presentaranse no prazo máximo de 40 días contados desde o último día do mes de referencia.

Non se subvencionará a contratación de novos traballadores ou traballadoras con discapacidade cando os postos de traballo que ocupen quedasen vacantes como consecuencia dun despedimento declarado ou recoñecido improcedente dunha persoa traballadora con discapacidade pola que se concedeu a subvención ao abeiro desta orde.

  • Solicitude segundo o Anexo VIII, acompañada da seguinte documentación:

    • Certificación da relación do cadro de persoal con discapacidade do centro especial de emprego de alta na Seguridade Social ordenada alfabeticamente por apelidos, en función dos cales se vai realizar o cálculo da resolución de concesión; así como o importe da subvención que se solicita (segundo o modelo do anexo IX).

    • Documentación do cadro de persoal de novas persoas traballadoras con discapacidade contratadas: contratos de traballo, altas e variacións de datos na Seguridade Social.

    • Documentos bancarios de transferencia validados pola entidade financeira que acrediten o pagamento dos salarios, das persoas traballadoras con discapacidade incluídas na certificación do cadro de persoal do anexo IX.

    • Relación Nominal das persoas Traballadoras polas que se solicita subvención,  incluídas na cotización á Seguridade Social (RNT) a 1 de xullo do ano da convocatoria.

    • Para os centros que non percibiran esta subvención do custo salarial na última convocatoria, así como para o caso de centros que inician a súa actividade por seren de nova creación, e para os centros que pola apertura dun novo centro noutra provincia se lles concedese a ampliación da súa cualificación, deberán presentar a documentación relacionada nas letras b), c), d) e e) referida á data da solicitude e que recolla as altas, baixas ou variacións do cadro de persoal con discapacidade desde o primeiro mes polo que se solicita a subvención, xunto cos recibos de salarios e informe de datos para a cotización das persoas traballadoras polas que se solicita a subvención (IDC).

    • Consentimento para a comprobación de datos das persoas polas que se solicita a subvención (Anexo XVI).

    • Declaración responsable da idoneidade do posto (XVII).

    • No caso de actuar por medio de representante, poder suficiente da persoa representante e asinante da solicitude para actuar en nome da persoa ou entidade solicitante.

    • Certificados de discapacidade das persoas traballadoras polas cales se solicita subvención, cando o certificado fose expedido por unha administración distinta á da Comunidade Autónoma de Galicia (artigo 5.1).

  • Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos devanditos documentos.

    • DNI ou NIE da persoa solicitante.

    • DNI ou NIE da persoa representante.

    • NIF do CEE solicitante.

    • Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Seguridade Social.

    • Certificación de estar ao día coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Certificación de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2017).

    • Corrección de erros. Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 210 do 6 de novembro de 2017).

    • Orde do 20 de decembro de 2017 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas nos capítulos II e IV da Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 242 do 22 de decembro de 2017).

Outros procedementos relacionados

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS402B

Novo ingreso/renovación de praza en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 31/10/2025 23:59

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano