Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR332A
Subvencións a entidades colaboradoras para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego de Galicia.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais
1. As subvencións reguladas na presente orde terán por obxecto o financiamento de programas de emprego dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de programas integrados de emprego (procedemento TR332A) con intermediación laboral, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante un período de 12 meses.
2. Enténdese por programas integrados de emprego con intermediación laboral aqueles proxectos que desenvolvan con carácter obrigatorio as seguintes accións:
a) Información, orientación e asesoramento.
b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
d) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
e) Fomento da capacidade emprendedora.
f) Prospección empresarial.
g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego, distinta á prevista na letra b).
O total de horas formativas que se deberá ofertar ás persoas demandantes que formen parte do programa deberá ser como mínimo de 300 horas. Os datos relativos a esta formación e á mencionada na letra b) deberán ser facilitados ao servizo xestor das axudas ben pola entidade beneficiaria ben polas entidades que impartan a formación segundo o procedemento que se estableza nas instrucións que se publicarán na web institucional.
i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico-práctico das accións formativas.
j) Obradoiros sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures), así como outros que informen as persoas usuarias das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.
De non desenvolver algunha das accións anteriores, deberá xustificarse de xeito motivado.
Poderán ser beneficiarias das subvencións para o desenvolvemento dos programas regulados nesta orde:
a) Os concellos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello, cuxa titularidade corresponda integramente a este, sempre que por si sos ou asociados teñan unha media de paro rexistrado no ano 2017 superior a 500 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
b) As entidades con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro.
c) Das entidades mencionadas nos parágrafos anteriores, non poderán ser beneficiarias das axudas establecidas nesta orde as que teñan a condición de axencia de colocación e perciban axudas dos servizos públicos de emprego (estatal e/ou autonómico) destinadas á inserción laboral no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Subdirección Xeral do Servicio Público de Emprego de Galicia
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547224
Fax: 981545765
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Coruña
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9 1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881575
Fax: 881881576
false
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70 baixo
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294261
Fax: 982294282
false
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Ourense
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Ourense
Avda. da Habana, nº 79- 7ª
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386828 / 988386810
Fax: 988386829
false
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)
Servizo de Formación e Cualificación para O Emprego de Vigo
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2ª
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817024
Fax: 986817010
false
Prazo de presentación: PECHADO
22/06/2018 00:00 - 23/07/2018 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- Para os efectos de lograr unha mellor e máis ampla distribución do importe da convocatoria, unha mesma entidade non poderá presentar máis dunha solicitude.
- Todas as entidades que non fosen beneficiarias nos últimos 5 anos de programas integrados de emprego ou lanzadeiras de emprego de Galicia concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de lanzadeiras de emprego de Galicia durante os anos 2016-2017 deberán acreditar experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
- Non poderán ser entidades beneficiarias aquelas en que concorra algunha das causas expresadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo I a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Forma parte da solicitude a declaración responsable que se contén nela e que fai constar os aspectos seguintes:
Cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, incluído o de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
Conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.
A declaración do emprego da lingua galega na realización da totalidade das accións do Programa integrado para o emprego, no caso de marcar este punto no anexo I da solicitude.
A veracidade da documentación presentada xunto coa solicitude. A entidade solicitante terá a obriga de presentar ante a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral a documentación acreditativa dos aspectos a que se refire a declaración responsable se se lle solicitase.
Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:
a) Memoria explicativa do proxecto, no modelo que se publica como anexo II, que constará dun máximo de 50 páxinas e que deberá facer referencia, de xeito obrigatorio, aos seguintes aspectos:
No suposto de que se trate dun programa tipo A) dirixido, exclusivamente, a mulleres (artigo 3), deberá aparecer reflectido na primeira liña da memoria especificando textualmente: «PROGRAMA INTEGRADO TIPO A DIRIXIDO EXCLUSIVAMENTE A MULLERES».
Descrición do proxecto, que inclúa unha enumeración detallada de cada unha das accións que o compoñen.
Cronograma completo do proxecto indicando a data de inicio e fin prevista de cada unha das accións propostas.
Actividades, sectores e ámbito territorial en que se pretende actuar. Para o caso de que o programa inclúa a atención de colectivos procedentes de expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo, deberán detallarse a/as empresas afectadas e a forma de selección e perfil do colectivo que se vai atender.
Relación actual de medios materiais e recursos humanos propios de que dispón a entidade solicitante en que se especifiquen as condicións daqueles, con indicación dos que se van afectar para levar a cabo as accións propostas.
Cando os medios materiais destinados ao proxecto non sexan propiedade da entidade promotora, deberá acreditarse, no momento de formalizar a solicitude, a súa disposición de uso.
Un documento co resumo detallado de todos os aspectos da memoria que afectan as persoas demandantes: lista das accións que teñen previsto levar a cabo, aspectos innovadores do programa, existencia de medidas de conciliación se as houber, obrigatoriedade da realización de cuestionarios de satisfacción de todas as accións, etc. Este resumo coincidirá co exposto na memoria explicativa e incluirá os datos de contacto tanto da entidade coma do Servizo de Programas Mixtos e deberá ir asinado polo responsable do programa.
Experiencia da entidade solicitante en actuacións de acompañamento da inserción laboral e mellora da ocupabilidade das persoas demandantes de emprego (só deberá especificarse no caso de que a entidade solicitante non sexa beneficiaria nos últimos 5 anos de programas integrados de emprego ou lanzadeiras de emprego de Galicia concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xullo de 2016).
Documentación acreditativa de adhesión ao convenio Doing Business Galicia.
b) Copia da escritura de constitución e dos estatutos da entidade solicitante, onde conste que dispón de personalidade xurídica e carece de fins lucrativos. Quedan exceptuadas da presentación destes documentos as entidades locais recollidas no artigo 4, agás que concorran en agrupación de concellos constituída a través dun convenio de colaboración, suposto en que deberán achegar copia do devandito convenio.
c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.
d) Para o caso de agrupacións de concellos baixo calquera modalidade: copia do convenio de colaboración, memoria explicativa da realización conxunta do proxecto con indicación das achegas económicas e doutra índole dos concellos agrupados, o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, así como o nomeamento da persoa representante ou apoderado/a único/a da agrupación, de acordo co exixido no artigo 8.3 in fine da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica a persoa solicitante ou representante supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizadas electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante.
b) Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) DNI/NIE, certificación de residencia e vida laboral das persoas demandantes participantes no programa integrado.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Memoria (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Ficha de control (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018).
-
Extracto da Orde do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 118 do 21 de xuño de 2018).
-
Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño) (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Remisión da declaración responsable para o inicio da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Remisión da documentación necesaria para o recoñecemento oficial da formación de persoal adestrador en período transitorio (Orde ECD/158/2014)
Aberto todo o ano
Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59
Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).
Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59